A Copa Deputación quedará en Lugo e serán o Polvorín e o Residencia os dous equipos que loiten polo premio na final. O venres o Residencia conseguiu a praza na máxima cita tras impoñerse na Cheda ao Pontenova. Despois dunha primeira metade con seca nas áreas, Manuel conseguiu subir o 1-0 ao marcador no minuto 68 e así se pechou o resultado a favor dos locais. Os blanquiazuis veñen de conseguir praza na Galega e van con todo a polo dobrete.
A outra semifinal foi no Castro Seoane entre o Antas e o Polvorín. Nun partido no que se impuxeron as defensas, ambos os equipos chegaron ao minuto 80 sen goles no seu marcador. O enfrontamento chegou así a penaltis e foron os amarelos quen, grazas a súa efectividade, se acabaron clasificando. Pablo, Bruno, David e Diego marcaron os catro tantos que lles deron o pase ao Polvorín, pois o Antas só marcou tres (Alexandre, Gael e Albert).
ANTAS 0 - 0 POLVORÍN
EF Polvorín: Adán R, Pablo, David, Aldán, Luca, Pablo P, Saúl, Javier, Alex, Bruno e Diego. Tamén xogaron Adrián, Jaime, Manuel V e Hugo.
Goles: Sen goles.
Penaltis: 3-4.
Árbitro: Brais Del Olmo Brasero.
RESIDENCIA 1 - 0 PONTENOVA
Spórting Pontenova: Paulo, Ismael, Stefan, Álvaro, Mara, Carlos, Izan, Rubén, Kevin, David e Óscar. Tamén xogaron Diego, Alejandra e Cristian.
Goles: 1-0 (68'): Manuel.
Árbitro: Jose Luis Cabanas Parrado.
CADETE - COPA DEPUTACIÓN DE LUGO |
---|
Antas | 0-0 | Polvorín |
Residencia | 1-0 | Pontenova |