Pleno de vitorias locais nos cuartos de final da Copa cadete

O Antas, o Polvorín, o Residencia e o Pontenova foron os clasificados para as semifinais

Os catro partidos de cuartos de final da Copa Deputación remataron con triunfos locais. O sábado abriron a xornada o Residencia e o Viveiro na Cheda e, tras meter dous goles na primera metade, os locais sentenciaron o partido metendo o 3-0 no minuto 66.

A mañá do domingo disputáronse o resto de partidos, comezando polo duelo entre o Pontenova e o Castro. O enfrontamento celebrado na Mina resolveuse pola mínima a favor do Spórting por un gol en propia meta.

Máis avultada foi a vitoria do Polvorín sobre o Ribadeo. Preto da media hora de partido os amarelos meteron dous goles e, aínda que os da Mariña se achegaron, o marcador foise ao descanso cun 3-1. Na segunda metade David fixo o cuarto para o Polvorín.

O Antas superou ao Corgo no Castro Seoane por 3-0. Alexandre adiantou ao equipo local antes do descanso e na segunda parte meteron Gael e Albert.  

Consulta a clasificación aquí

 ANTAS 3 - 0 CORGO

SD Antas: Lucas, Ignacio, Joaquín, Hugo, Xoel, Gael, Marcos, Diego, Efrén, Alexandre e Albert D. Tamén xogaron Antonio, Unai e Norberto.
CD Corgo: Fabián, Adrián, Sergio, Ethan, Juan, Pablo, Jose, Alex, Magín, Xoel e Carlos. Tamén xogaron Samuel, Juan L, Adrián D e Joel.
Goles: 1-0 (31'): Alexandre. 2-0 (48'): Gael. 3-0 (67'): Albert D.
Árbitro: Brais Piñeiro Lozano.

POLVORÍN 4 - 1 RIBADEO

EF Polvorín: Adán R, Pablo, David, Luca, Pablo P, Saúl, Jaime, Alex, Anxo, Bruno e Diego. Suplentes: Aldán, Javier, Manuel, Rubén e Hugo.
SD Ribadeo: Álvaro, Fabián, Arturo, Jose M, Pablo, Lucas, Álvaro B, Beltrán, Alexandro A, Lucas C e Jorge. Suplentes: André, Álvaro G, Hugo, Izan e David.
Goles: 1-0 (24'): David. 2-0 (27'): Alex. 2-1 (33'): Jose M. 3-1 (36'): Luca. 4-1 (70'): David.
Árbitro: David Ferreira Valin.

RESIDENCIA 3 - 0 VIVEIRO B

SD Residencia: Xurxo, Gabriel, Samuel, Jorge, Gael, Manuel, Lucas, Unay, Alejandro, Rodrigo e Roberto D. Tamén xogaron Cristian, Uriel, Pablo, Jonas G e Adrián.
SD Viveiro B: Andrés, Nicolás, Alejandro, Antón, Mateo, Christian, Lucas, Daniel, Luis C, Xoel e Pablo. Tamén xogaron Hugo, David, Manuel, Brais e Ángel.
Goles: 1-0 (28'): Manuel. 2-0 (34'): Manuel. 3-0 (66'): Uriel.
Árbitro: Brais Del Olmo Brasero.

PONTENOVA 1 - 0 CASTRO

Spórting Pontenova: Paulo, Ismael, Paulo M, Stefan, Álvaro, Mara, Rubén, Izan, Kevin, David e Óscar. Tamén xogaron Diego e Cristian.
CD Castro: Alex, Íker, Lucas, Iván, Marcos, Xabier, Juan D, Raúl, Jose, Álvaro e Xabier N. Tamén xogou Diego.
Goles: 1-0 (65'): Alex, en propia.
Árbitro: Alejandro Luna Méndez.

 

CADETE - COPA DEPUTACIÓN DE LUGO

Resultados Cuartos

Antas 3-0 Corgo
Polvorín 4-1 Ribadeo
Residencia 3-0 Viveiro B
Pontenova 1-0 Castro