O Guitiriz proclamouse campión do Torneo Delegación gañando ao Antas por 1-2

Xogaron coma visitantes no Castro Seoane e malia comezar perdendo conseguiron remontar o partido con goles de Hugo e Asier

Torneo Delegación

O Guitiriz conseguiu levarse o ouro do Torneo Delegación despois de impoñerse ao Antas na final. O duelo celebrouse o pasado mércores no Castro Seoane, aproveitando a festividade das Letras Galegas. Os locais saíron mellor ao partido e antes dos dez minutos xa se adiantaran a través de Alexandre. O marcador en contra fixo que o Guitiriz reaccionase e Hugo conseguiu o gol do empate no minuto 22. Fóronse ao descanso co 1-1, pero na segunda metade Asier conseguiu darlle a vitoria ao Guitiriz co 1-2, que foi o definitivo.

Consulta a clasificación aquí

ANTAS 1 - 2 GUITIRIZ

SD Antas: Lucas, Ignacio, Antonio, Hugo, Xoel, Gael, Marcos, Diego, Unai, Alexandre e Albert D. Tamén xogaron Efren, Joaquín e Martín A.
Guitiriz SD: David, Daniel, Daniel M, Rubén, Sergio, Asier, Brais, Juan, Óscar, Anxo e Hugo. Tamén xogaron Martín, Estevo e Nicolás.
Goles: 1-0 (9'): Alexandre. 1-1 (22'): Hugo. 1-2 (65'): Asier.
Árbitro: Lidia Álvarez Argerey.

 

PRIMEIRA CADETE LUGO - TORNEO DELEGACIÓN

Final 

Antas 1-2 Guitiriz

 

Copa Deputación

Na fin de semana celebráronse a maioría os duelos da ronda previa da Copa Deputación. O Corgo xa quedara clasificado para os oitavos a semana pasada, pois adiantara o seu encontro contra o Residencia B. O seguintes equipos en pasar a eliminatoria foron o Polvorín, que se enfrontou o venres contra o Milagrosa B e o gañou por 2-1, e o Residencia, que eliminou ao Palas cunha goleada de 7-0. O Pontenova impúxose na Mina contra o Sagrado Corazón cun dobrete de Carlos Costa.

A mañá do domingo o Antas superou á Piringalla no Castro Seoane cun marcador de 2-1. Na Mariña o Ribadeo eliminou ao Ferroviaria despois de levarse un merecido triunfo no que conseguiron anotar cinco goles e deixar a súa portería a cero. O Viveiro B impúxose a domicilio contra o Casás cun dobrete de Xoel Rodríguez e un gol de Pablo Yanes. O único partido que se tivo que decidir a penaltis foi o encontro entre o Castro e a Sarriana. O cadro do Arturo Pereiro abriu o marcador na primeira parte, pero Xoel empatou para os brancos nos derradeiros minutos do encontro. Nos penaltis os locais conseguiron o pase a cuartos por 4-3.

Consulta a clasificación aquí

 POLVORÍN 2 - 1 MILAGROSA B

Ef Polvorin: Adan R, Pablo, David, Aldán, Luca, Pablo P, Saul, Javier, Anxo, Bruno e Diego. Tamén xogaron Alex, Jaime, Manuel, Manuel V e Hugo.
SCD Milagrosa B: Antonio, Juan, Aitor, Leo, Pablo, Efrén, Alejandro, Pablo F, Bruno, Ian e Taha. Tamén xogaron Jose, Manuel, Álvaro, Sebastiam A e Iago.
Goles: 1-0 (5'): Pablo P. 1-1 (14'): Ian. 2-1 (38'): Luca.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

 RESIDENCIA 7 - 0 PALAS

SD Residencia: Xurxo, Adrián, Gabriel, Samuel, Uriel, Gael, Lucas, Unay, Alejandro, Rodrigo e Roberto D. Suplentes: Cristian, Joel, Manuel, David e Ian.
Palas CD: Adrián, Anxo, Juan, Raúl, Hugo, David, Hugo M, Iago, Samuel, Alex e Antón. Suplentes: David S, Víctor, Sergio e Xoan.
Goles: 1-0 (3'): Unay. 2-0 (17'): Alejandro. 3-0 (21'): Uriel. 4-0 (31'): Lucas. 5-0 (58'): Gael. 6-0 (66'): Rodrigo. 7-0 (67'): Unay.
Árbitro: Jose Luis Fraga Torres.

PONTENOVA 2 - 0 SAGRADO CORAZÓN

Spórting Pontenova: Paulo, Ismael, Stefan, Álvaro, Mara, Carlos, Rubén, Izan, Paulo M, David e Oscar. Tamén xogaron Diego, Alejandra, Kevin e Cristian.
ADC Sagrado Corazón: Ángel, Rubén, Ulises, Unai, Hugo, Zakaria, Servando J, Mario, Hugo L, Pablo e Anthony D. Tamén xogaron Nicolás, Brais e Nizar.
Goles: 1-0 (33'): Carlos. 2-0 (79'): Carlos.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

RIBADEO 5 - 0 FERROVIARIA

SD Ribadeo: Álvaro, Andrés, Arturo, Jorge, Hugo, Álvaro B, Beltrán, Álvaro G, Izan, Lucas e David. Tamén xogaron Jose M, André, Marco, Alexandro A e Fabián.
AD Ferroviaria: Manuel A, Iago, Juan D, Lucas, Iván, Pablo, Javier, Xoel, Brian, Unai e Sergio. Tamén xogaron Soufian, Miguel, Nicolás, Oliver e Bryan.
Goles: 1-0 (17'): Hugo. 2-0 (28'): Izan. 3-0 (56'): Beltrán. 4-0 (63'): Fabián. 5-0 (68'): Arturo.
Árbitro: David Méndez Moreda.

CASTRO 1 - 1 SARRIANA

CD Castro: Alex, Íker, Lucas, Iván, Marcos, Xabier, Juan D, Raúl, Jose, Álvaro e Xabier N. Tamén xogou Diego.
SD Sarriana: Rubén, Unai, Óscar, Fiz, Luis, Adrián, Hugo, Juan, Antoni, Xoel e Manuel. Tamén xogaron Pablo, Wangyiran, Raúl, Boyan S e Zaid.
Goles: 1-0 (19'): Xabier N. 1-1 (80'): Xoel.
Árbitro: Jose Luis López Rodríguez.

CASÁS 0 - 3 VIVEIRO B

Club Polideportivo Casás: Pablo, Sergio, Pablo F, Yelko, Xoel, Ian, Daniel, Pablo A, David S, Tulio e Marco. Tamén xogaron Israel, Alex, Jacobo, David e Francisco.
SD Viveiro B: Nicolás, Nicolás, Alejandro, Manuel, Daniel, Luis C, Xoel, Pablo, David, Brais e Diego. Tamén xogaron Hugo, Lucas, Ángel e Bruno.
Goles: 0-1 (40'): Xoel. 0-2 (57'): Pablo. 0-3 (67'): Xoel.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandio.

 

PRIMEIRA CADETE  LUGO - COPA DEPUTACIÓN
              Oitavos 
Residencia B 0-1 Corgo
Antas 2-1 A Piringalla
Polvorín 2-1 Milagrosa B
Ribadeo 5-0 Ferroviaria
Residencia 7-0 Palas
Casás 0-3 Viveiro B
Pontenova 2-0 Sagrado Corazón
Castro 1-1 Sarriana