O Residencia e o Vilalbés consiguen as primeiras vitorias das semifinais polo ascenso

Gañaron a domicilio ao Pontenova e ao Corgo e tocaralles conseguir o pase á final na casa

Play off Ascenso

Despois do descanso pola Semana Santa a provincial cadete celebrou a primeira semifinal do play off de ascenso. O Residencia e o Vilalbés postuláronse como favoritos despois de vencer ao Pontenova e ao Corgo a domicilio. No duelo celebrado na Mina os branquiazuis adiantáronse na primeira metade a través de Alejandro, quen volveu aparecer na segunda metade para marcar o 0-2. Manuel pechou o resultado co terceiro gol nos derradeiros intres do partido.

O Corgo recibiu ao Vilalbés no Municipal e os chairegos abriron moi cedo o marcador. O 0-1 mantívose en toda a primeira metade, pero Carlos conseguiu o empate para os locais na segunda. Os do Rácing metéronlle unha marcha máis ao partido e adiantáronse a través de Eduardo. Diego e Adrián sentenciaron a vitoria para o Vilalbés con dous tantos máis.

Consulta a clasificación aquí

PONTENOVA 0 - 3 RESIDENCIA

Spórting Pontenova: Paulo, Ismael, Diego, Stefan, Álvaro, Mara, Carlos, Rubén, Izan, David e Óscar. Tamén xogaron Kevin, Paulo M, Alejandra e Cristian.
SD Residencia: Cristian, Adrián, Xavi, Samuel, Manuel, Alejandro, David, Pablo, Alejandro P, Jonas G e Roberto D. Tamén xogaron Javier, Unay, Gabriel e Jorge.
Goles: 0-1 (22'): Alejandro. 0-2 (66'): Alejandro. 0-3 (80'): Manuel.
Árbitro: Gabriel Polo Fraga.

CORGO 1 - 4 VILALBÉS

CD Corgo: Fabián, Adrián, Samuel, Sergio, Joel, Ethan, Juan, Jose, Magín, Xoel e Carlos. Tamén xogaron Juan L, Adrián D, Pablo, Alex e Luis.
Rácing Club Vilalbés: Xabier, Mario, Hugo, Daniel, Sergio, Diego, Alex, Fabián, Paulo, David e Diego L. Tamén xogaron Íker, Samuel, Eduardo, Adrián e Rubén.
Goles: 0-1 (4'): Paulo. 1-1 (52'): Carlos. 1-2 (68'): Eduardo. 1-3 (82'): Diego L. 1-4 (83'): Adrián.
Árbitro: David Rodríguez López.
 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - PLAY OFF ASCENSO

Resultados Semifinais Ida 

Pontenova 0-3 Residencia
Corgo 1-4 Vilalbés

Semifinais Volta 

Residencia - Pontenova
Vilalbés  - Corgo
 

 

Torneo Delegación

GRUPO 1

No Torneo Delegación esta fin de semana celebrouse a terceira xornada. No grupo 1 o Guitiriz e o Ribadeo mantéñense invictos con nove e seis puntos. Os da Mariña gañaron ao Viveiro B por 4-2 no Pepe Barrera. Adiantáronse primeiro, pero os celestes empataron a través de Xoel. O empate durou pouco, xa que antes do descanso o Ribadeo conseguiu o 3-1. Na segunda metade, un penalti achegou ao Viveiro, pero José Manuel matou o marcador co 4-2.

No caso do líder, o Guitiriz, impúxose por 1-4 á Piringalla B. Foron os locais quen encontraron primeiro a portería cun gol de Mario, pero á media hora de partido os visitantes xa conseguiron remontar. Despois do paso polos vestiarios Hugo e Juan pecharon definitivamente o marcador con dous goles máis.

O duelo entre o Río Ouro e o Castro aprazouse para o vindeiro venres 21.

Consulta a clasificación aquí

 RIBADEO 4 - 2 VIVEIRO B

SD Ribadeo: Álvaro, Fabián, André, Arturo, José M, Pablo, Álvaro B, Alexandro A, Daniel, Hugo e Lucas. Tamén xogaron Iago, Izan, Rafael, Saúl e Álvaro G.
SD Viveiro B: Andrés, Nicolás, Antón, Mateo, Saúl, Óscar F, Daniel, Luís C, Xoel, Pablo e David. Tamén xogaron Manuel, Beltrán, Brais, Diego e Ignacio.
Goles: 1-0 (5'): José M. 1-1 (25'): Xoel. 2-1 (30'): Jose M. 3-1 (36'): Alexandro A, de penalti. 3-2 (65'): Pablo, de penalti. 4-2 (70'): Jose M.
Árbitro: Carlos Alberto Penacorveira.

 A PIRINGALLA B 1 - 4 GUITIRIZ

ADC A Piringalla B: Anxo, Edgar, Guillermo, Mario, Xabier, Adrián, Joel, Íker, Juan, Jorge X e Iago. Tamén xogaron Uxío, Luca, Alex e Samuel.
Guitiriz SD: David, Xoel, Daniel, Rubén, Sergio, Asier, Brais, Óscar, Nicolás, Anxo e Hugo. Tamén xogaron Juan, Daniel C e Martín.
Goles: 1-0 (7'): Mario. 1-1 (29'): Brais. 1-2 (31'): Asier. 1-3 (48'): Hugo. 1-4 (63'): Juan.
Árbitro: Diego Seco Barreira.

 

XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 1

Resultados xornada 3

Ribadeo 4-2 Viveiro B
A Piringalla B 1-4 Guitiriz
Río Ouro A Castro

Próxima xornada

Río Ouro - Viveiro B
Guitiriz - Ribadeo
Castro - A Piringalla B

 

GRUPO 2 

No grupo 2 o único que segue invicto é o Milagrosa B, pois gañou á Sarriana esta fin de semana e arrebatoulle o primeiro posto. Os albivermellos decantaron o partido ao seu favor no minuto dous cun gol de Iago. No segundo lugar quedou o Becerreá tras esta xornada. Os vermellos golearon ao Ferroviaria no Municipal cun taboleiro de 9-0. 

No caso do Residencia B, estreouse na vitoria neste Torneo. Os branquiazuis recibiron ao Polvorín B na Cheda e impuxéronse por 5-2. Foron superiores dende o inicio e chegaron ao intermedio cun resultado de 3-0. Na segunda chegou o cuarto gol dos locais, pero o Polvorín achegouse con dous tantos. Malia isto, o Residencia seguiu controlando o partido ata marcar o quino gol.

Consulta a clasificación aquí

MILAGROSA B 1 - 0 SARRIANA

SCD Milagrosa B: Antonio, Juan, Iago, Javier, Aitor, Leo, Efrén, Pablo, Jose, Taha e Álvaro. Tamén xogaron Manuel, Pablo R e Alejandro.
SD Sarriana: Rubén, Gonzalo, Óscar, Fiz, Ander, Luis, Pablo, Hugo, Manuel, Raúl e Boyan S. Tamén xogaron Adrián, Xoel, Unai, Raúl L e Juan.
Goles: 1-0 (2'): Iago.
Árbitro: Iván Vilela Soilan.

RESIDENCIA B 5 - 2 POLVORÍN B

SD Residencia B: Pablo, Mateo, Samuel, Roi, Iván, Brahian L, Mauro, Joel, Alejandro, Hugo e Daniel. Tamén xogaron David, Félix, Alexander M, Martín e Iván N.
EF Polvorín B: Daniel, Miguel, Adrián, Xoan, David, Fabián, Javier, Andrés, Rodrigo, Íker e Hugo. Tamén xogaron Sergio, Arthur, Joan E, Mateo e David F.
Goles: 1-0 (24'): Joel. 2-0 (31'): Alejandro. 3-0 (37'): Mateo. 4-0 (57'): Mauro. 4-1 (65'): Joan E. 4-2 (71'): Hugo. 5-2 (72'): Ivan N.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

BECERREÁ 9 - 0 FERROVIARIA

SD Becerreá: Alex, Alex L, Alejandro, Saúl, David, Mario, Mito, Pelayo, Javier, Borja e Enrique. Tamén xogaron Ionut A, David M e Mario G.
AD Ferroviaria: Oliver, Diego, Unai, Brian, Iván, David, Miguel, Iago, Juan D, Sergio e Bryan. Tamén xogaron Nicolás, Aitami, Soufian e David B.
Goles: 1-0 (2'): Mario. 2-0 (17'): Borja. 3-0 (41'): Javier. 4-0 (44'): Borja. 5-0 (56'): Javier. 6-0 (62'): Javier. 7-0 (66'): Javier. 8-0 (68'): Mario G. 9-0 (76'): Mito.
Árbitro: Brais Piñeiro Lozano.

 

XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 2

Resultados xornada 3

Milagrosa B 1-0 Sarriana
Residencia B 5-2 Polvorín B
Becerreá 9-0 Ferroviaria

Próxima xornada 

Becerreá - Sarriana
Polvorín B - Milagrosa B
Ferroviaria - Residencia B

 

GRUPO 3

No grupo 3, o Antas alzouse coa terceira vitoria ao levarse os tres puntos no partido contra o Sagrado Corazón. Os locais abriron o marcador do Rodríguez Lago e o 1-0 estirouse ao descanso. No segundo tempo, despois de apertar, Albert Daniel fraguou a remontada para o Antas, marcando tres goles.

Os outros dous partidos da xornada remataron en empate. No Polvorín, os amarelos repartiron os puntos coa Piringalla. Os locais adiantáronse a través de Pablo, pero en pouco tempo o conxunto visitante deulle a volta ao marcador. Antes do descanso Anxo puxo o 2-2 para o Polvorín, resultado que se mantivo ata o final. 

Nos Chacotes, o Palas actuou coma local ante o Casás. Un penalti no minuto catro fixo que os visitantes abriran o marcador. Despois de varias tentativas, o anfitrión do duelo puxo as táboas a través de Hugo M. Na segunda ambos os equipos intentaron adiantarse sen éxito.

Consulta a clasificación aquí

 SAGRADO CORAZÓN 1 - 3 ANTAS

ADC Sagrado Corazón: Ángel, Rubén, Ulises, Unai, Daniel, Servando J, Mario, Hugo, Pablo, Brais e Anthony D. Tamén xogaron Nicolás, Miguel, Hugo L e Nizar.
SD Antas: Lucas, Antonio, Norberto, Hugo, Joaquín, Gael, Marcos, Xoel, Albert D, Efrén e Unai. Tamén xogaron Martín, Ignacio e Alexandre.
Goles: 1-0 (27'): Hugo. 1-1 (56'): Albert D. 1-2 (70'): Albert D. 1-3 (75'): Albert D.
Árbitro: David Ferreira Valín.

POLVORÍN 2 - 2 A PIRINGALLA

EF Polvorín: Carlos, Pablo, David, Luca, Pablo P, Saúl, Jaime, Manuel, Anxo, Adrián e Diego. Suplentes: Aldán, Iván, Alex e Bruno.
ADC A Piringalla: Diego, Hugo, Brais, Iván, Alex, Rubén, Manoel, Adrián, Pablo, Hugo G e Diego L. Suplentes: Andrés, José, Telmo, Breixo e Pablo P.
Goles: 1-0 (5'): Pablo P. 1-1 (13'): Diego L. 1-2 (26'): Adrián. 2-2 (37'): Anxo.
Árbitro: Cristina Bernardo De Miguel.

PALAS 1 - 1 CASÁS

Palas CD: Adrián, Juan, Raúl, Hugo, David, Hugo M, Iago, Diego, Félix, Samuel e Antón. Tamén xogaron Sergio, Alex, Anxo, Alexandre e Diego L.
Club Polideportivo Casás: David, Pablo, Yelko, Mateo, Xoel, Hugo, Daniel, Francisco, Pablo A, Tulio e Marco. Tamén xogaron David S, Pablo G e Ian.
Goles: 0-1 (4'): Tulio, de penalti. 1-1 (32'): Hugo M.
Árbitro: Fernando Fernández López.
 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 3

Resultados xornada 3

Sagrado Corazón 1-3 Antas
Polvorín 2-2 A Piringalla
Palas 1-1 Casás

Próxima xornada 

Palas - Antas
A Piringalla - Sagrado Corazón
Casás - Polvorín