O Residencia B e o Lourenzá comezaron empatando sen goles na loita polo ascenso á Galega

Tamén se puxo en xogo a promoción á nova categoría e estreouse o Torneo Delegación, con cinco grupos

Promoción Ascenso Liga Galega 

Esta fin de semana os líderes da liga regular da Primeira cadete comezaron a fase de promoción polo ascenso á Galega. Esta fase disputase en formato liga con partidos de ida e volta entre os tres equipos, co que se disputarán un total de seis xornadas. 

O primeiro partido celebrouse en Lugo, entre o Residencia B e o Lourenzá. O choque estivo moi igualado, mais o acerto dos dous equipos brillou pola súa ausencia e o encontro rematou sen goles. A vindeira fin de semana estrearase o EF Polvorín coma local contra o Residencia B.

Consulta a clasificación aquí

RESIDENCIA B 0 - 0 LOURENZÁ

SD Residencia B: Iván, Anes, Gabriel, Iago, Ian, Iker, Jean P, Juan, Samuel, Daniel e Lois. Tamén xogaron Hugo, Aarón, Hugo V, Marco e José G.
ED Lourenzá: Rubén M, Pablo, Xián, Fabio, Fabián, Samir, Izan, Álvaro, Sergio, Óscar e Jorge. Tamén xogaron Nahuel, Xabier, Iago e Lucas.
Árbitro: Daniel Rodríguez Martínez.

 

Resultados xornada 1

Residencia B 0 0 Lourenzá
  D EF Polvorín

Próxima xornada

EF Polvorín - - Residencia B
  D Lourenzá

 

Promoción Ascenso Nova Categoría 

Tamén arrincou o domingo o play off de ascenso á Nova Categoría. Conforman este grupo o Polvorín FC, o Vilalbés e o Antas, que remataron segundos na liga regular. Tratase tamén dun formato de liga a dobre volta. 

Os primeiros en enfrontarse foron o Polvorín FC e o Antas na Cheda. O equipo visitante adiantouse na primeira metade, pero na segunda os locais intentárono ata empatar. No asubío final chegou o 2-1 que lle deu a vitoria ao Polvorín FC.

Consulta a clasificación aquí

POLVORÍN FC 2 - 1 ANTAS

Polvorín FC: Adrián, Daniel, Hugo, Iván, Jorge L, Lucas, Martín, Mateo, Mauro, Roi e Jacobo. Tamén xogaron Iker e Iván N.
SD Antas: Martín, Antonio, Norberto, Martín Q, Xoel, Alejandro, Marcos, Gael, Martin A, Albert D e Diego.
Árbitro: José Luis Cabanas Parrado.

 

Resultados xornada 1

Polvorín FC 2 1 Antas
  D Vilalbés

Próxima xornada

Antas - - Vilalbés
  D Polvorín FC

 

Torneo Delegación

Grupo 1

O resto dos equipos que xa non teñen nada en xogo comezaron co Torneo Delegación, competición que comeza dividida en cinco grupos para celebrar unha liga a volta única. No 1 estreáronse con vitoria o Viveiro e o Guitiriz. Os da Mariña xogaron na casa contra o Folgueiro e golearon cun marcador de 8-1.

No caso do Guitiriz, impúxose a domicilio ao Vilalbés B. Aínda que os chairegos se adiantaron primeiro no minuto 11, a segunda metade foi totalmente controlada polo equipo visitante que acabou remontando cun 1-3.

Descansou o Porto Burela, que recibirá na casa a vindeira semana ao Vilalbés B con fame de estrearse no triunfo.

Consulta a clasificación aquí

 VIVEIRO 8 - 1 FOLGUEIRO

SD Viveiro: Iker, Xoel, Daniel, Mateo, Hugo, Saúl, Xavi, Lucas, Iker R, Saúl A e Xoel R. Tamén xogaron Ángel, Óscar F, Pablo, Luis C e Martín.
UD Folgueiro: Anxo, Bruno, Rubén, Luca V, Brais, Paco, Saúl, Darío, Brais R, Yago e Lucas. Tamén xogaron Pedro, Daniel, Iker e Bruno S.
Árbitro: Noel Rodríguez Pernas.

VILALBÉS B 1 - 3 GUITIRIZ 

Rácing C Vilalbés B: Rian E, Nicolás, Anxo, Xoel, Hugo, Iago, Iván, Samuel D, Augusto C, Xoel P e Allen. Tamén xogaron Alejandro e Nizar.
Guitiriz SD: David, Ángel, Xoel, Jose, Jonnathan, Iván, Oriol, Sergio, Óscar, Aitor e Nicolás. Tamén xogaron Javier, Brais, Xairo, Noa e Diego.
Árbitro: Óscar Leal Montesinos.

 

Resultados xornada 1

Viveiro 8 1 Folgueiro
Vilalbés B 1 3 Guitiriz
  D Porto Burela

Próxima xornada

Guitiriz - - Viveiro 
Porto Burela - - Villabés B
  D Folgueiro

 

Grupo 2

No grupo 2 celebráronse os dous partidos no Municipal Rodríguez Lago. Xogaron primeiro o Sagrado Corazón e o Ferroviaria, un encontro que acabou en empate. Os visitantes conseguiron abrir o marcador no minuto 15, pero á volta do intermedio empataron os locais e o 1-1 foi a sentenza final.

Despois deste duelo saíron ao verde o Ceosport e o Castro para enfrontarse nun partido onde ambos tiveron as súas oportunidades. Nos primeiros dez minutos o marcador xa subira o 1-1, despois de que se adiantaran os locais e empataran os vermellos. Repetiuse a mesma conta uns minutos antes do descanso, co que a segunda metade arrincou co 2-2. Mantívose a igualdade ata que nos minutos finais o Castro foi quen de marcar o terceiro e definitivo que lles deu a vitoria.

Tocoulle descansar neste inicio á Piringalla, que completa o grupo e xogará a semana que ven na casa contra o Ceosport.

Consulta a clasificación aquí

 SAGRADO CORAZÓN 1 - 1 FERROVIARIA

ADC Sagrado Corazón: Iazeel, Lucas, Nicolás, Manuel, Samuel, Dani, Ulises, Jacobo, Adrián, Alex e Rubén. Tamén xogaron Hugo, Raúl, Carlos, Eduardo e Iago.
AD Ferroviaria: Hugo, Iago, Nicolás, Soufian, Sebastián A, Alejandro M, Iván, Mario A, Gaizka, Diego e Miguel. Tamén xogaron Diego D, Joel, Ainara, Moisés e Luis F.
Árbitro: David Ferreira Valín.

CEOSPORT 2 - 3 CASTRO

Ceosport Lucense: Iker, Marco, Pablo, Pedro, Izan, Álex, Hugo, Juan, Marco C, Rubén e Álvaro. Tamén xogaron Uxío, Andrés, Braian e Adrián.
CD Castro: Aitor, Diego, Diego P, Iván, Daniel, Iker, Miguel, Hugo e Miguel M.
Árbitro: Pablo López Fernández.

 

Resultados xornada 1

Sagrado Corazón 1 1 Ferroviaria
Ceosport 2 3 Castro
  D A Piringalla

Próxima xornada

Castro - - Sagrado Corazón
A Piringalla - - Ceosport
  D Ferroviaria

 

Grupo 3

No grupo 3 os resultados decantáronse moi a favor dos conxuntos que xogaron coma locais. O San Roque impúxose con comodidade ao Corgo, conseguindo un resultado de 7-1 despois de marcar a diferenza na segunda metade do partido. 

Pola súa parte, o Milagrosa goleou cun 8-0 ao Gimnástica. Despois adiantarse cun penalti, os albivermellos fóronse 2-0 ao descanso e gozaron de moitas oportunidades trala pausa. 

O Becerreá é o quinto integrante do grupo e a próxima quenda xogará coma local ante o Milagrosa.

Consulta a clasificación aquí

SAN ROQUE 7 - 1 CORGO

SDC San Roque: Oihan, Manuel, Jaime, Manuel V, Xoan, Joan E, Hugo, David, Iker, Samuel e Álex. Tamén xogaron Rubén, Alonso, Javier, Andrés e Rodrigo.
CD Corgo: Daniel, Luis, Brais, Borja, Sergio, Alejandro, Yanis V, Pablo, Xoel, Héctor e Álvaro. Tamén xogaron Mario e Hugo.
Árbitro: Martín Arias Viña.

MILAGROSA 8 - 0 GIMNÁSTICA LUCENSE

SCD Milagrosa: Hugo, Iago, Javier, Aitor, Mateo, Brais, Juan A, Jose, Taha, Sebastiam A e Álvaro. Tamén xogaron Brais F, Manuel, Sergio, Pablo e Álex.
Asociación Gimnástica Lucense: Javier, Brais, Borja, Xavier Y, Alessandro F, Carlos, Daniel, Xairo, Jorge X, Maikol D e Kamal. Tamén xogaron Luca, Iria, Jesús A, Hugo e Mateo.
Árbitro: David Arias López.

 

Resultados xornada 1

San Roque 7 1 Corgo
Milagrosa 8 0 Gimnástica
  D Becerreá

Próxima xornada

Gimnástica - - San Roque
Becerreá - - Milagrosa
  D Corgo

 

Grupo 4

En canto ao grupo 4, o único que conseguiu os tres puntos nesta primeira xornada foi o Burela. Os verdes superaron ao Ribadeo a domicilio na recta final do partido grazas a un gol que rompeu o empate. O Ribadeo será o vindeiro rival do Viveiro B, que quedou á espera da súa estrea.

O duelo entre o Río Ouro e o Foz si quedou en táboas. Os visitantes adiantáronse antes do descanso, pero á volta do intermedio o cadro do Árbol igualou o marcador e así quedou o resultado (1-1).

Consulta a clasificación aquí

RIO OURO 1 - 1 FOZ

AD Río Ouro: Ángel, Álvaro, Daniel, Hugo, Daniel N, Asier, Iván, Gabriel, Xabi, María e Álvaro R. Tamén xogaron Hugo G, José e Xoel.
CD Foz: Alan, Javier, Anxo, Miguel, Xoan, Antón, Iker, Álvaro, José R, Mateo e Alexo. Tamén xogaron Álvaro R, Iago, Xabi, Jaime e Nicolás.
Árbitro: Javier Alonso Sanjurjo.

RIBADEO 1 - 2 BURELA

SD Ribadeo: Álvaro, Beltrán, Iván, Daniel, Hugo, Izan, Lucas, Martín, Bruno, Jorge e Marco. Tamén xogaron Alessandro, Guillermo, Anthonny D, Iván e Mateo.
Burela SD: Ismael, Anxo, Sergio, Samir, Saúl, Xoel, Alberto, Mateo, Ibrahima D, Javier e Bruno. Tamén xogaron Abdelmonsif, Arián, Antonio, David e Iker.
Árbitro: Brais Vallejo Rubal.

 

Resultados xornada 1

Río Ouro 1 1 Foz
Ribadeo 1 2 Burela
  D Viveiro B

Próxima xornada

Burela - - Río Ouro
Viveiro B - - Ribadeo
  D Foz

 

Grupo 5

Por último, no grupo 5 os dous partidos disputados remataron co mesmo resultado. Primeiro celebrouse o encontro entre o Casás e a Sarriana, que comezou con dous goles na primeira parte dos brancos. Na segunda metade os locais apertaron ata conseguir o empate 2-2.

No duelo entre o Palas e o Monterroso foi primeiro o cadro local quen meteu o esférico na rede e lograron manter o 1-0 toda a primeira metade. Na segunda os vermellos remontaron co 1-2, pero un gol sobre a bucina do Palas puxo as táboas.

Queda pendente que comece a competición o EF Polvorín B, que o fará a vindeira xornada contra o Palas. 

Consulta a clasificación aquí

CASÁS 2 - 2 SARRIANA

Club Polideportivo Casás: David, Lois, Nicolás, Xoel, Nicolás C, Reda, Mateo, Marco, Pablo, Daniel e Hugo. Tamén xogaron David P, Ian, Yoel, Rodrigo e Alvaro.
SD Sarriana: Pablo, Leo, Raúl, Sergio, Gonzalo, Samuel, Luis, Boyan S, Brais, Borja e Francisco. Tamén xogaron Alex, Pablo L e Zaid.
Árbitro: Brais Del Olmo Brasero.

PALAS 2 -  MONTERROSO

Palas CD: Adrian, Samuel, Alex, Diego, Antón, Ángel, Samuel M, Alexandre, Alex G, David e Anxo. Tamén xogaron Emmanuel, Víctor, Lucas, Daniel e Hugo.
SD Monterroso: Jordi, Pedro, Marcos, David, Serguei, Adrián E, Aitor, Aaron, Felipe, Martín e Unai. Tamén xogaron Xoel, Hugo, Daniel, Pablo e Jaime.
Árbitro: Fernando Fernández López.

 

Resultados xornada 1

Casás 2 2 Sarriana
Palas 2 2 Monterroso
  D EF Polvorín B

Próxima xornada

Monterroso - - Casás
EF Polvorín B - - Palas
  D Sarriana