Os equipos do norte e o sur da provincia únense á competición do novo curso

Esta fin de semana incorporáronse os dous grupos que faltaban por empezar a competir na Primeira cadete

Grupo Centro-Norte

O grupo Centro-Norte da Primeira cadete celebrou esta fin de semana a segunda xornada, xunto coa estrea dos outros dous equipos. O Polvorín FC, o EF Polvorín e o Viveiro B lideran a clasificación despois de conseguir a segunda vitoria do curso.

Esta vez a goleada máis avultada veu por parte do EF Polvorín, que se impuxo ao Castro por 7-0. O Polvorín FC gañou ao Burela por 3-1 manténdose por diante durante todo o encontro. No caso do Viveiro B, foi quen de remontarlle ao Gimnástica e rematou levándose os tres puntos para a Mariña cun resultado de 2-3.

O Milagrosa tamén se mantén invicto pois esta xornada empatou a domicilio contra o Guitiriz. Os da capital provincial adiantáronse na primeira metade, pero o conxunto local remontou na segunda. Pouco despois o Milagrosa volveu chegar á rede da portería e o resultado pechouse co 2-2.

Levouse a primeira vitoria do curso o Rácing Vilalbés, que superou ao Sagrado Corazón na casa. Aínda que o partido empezou mellor para os visitantes, o Vilalbés púxose diante no marcador no minuto 50. En poucos intres o Sagrado empatoulles, pero un gol a falta de menos de dez minutos para o final decantou o partido para os verdivermellos. 

Consulta a clasificación aquí

GIMNÁSTICA 2 - 3 VIVEIRO B

Asociación Gimnástica Lucense: Álvaro, Brais, Borja, Xavier Y, Carlos, Rodrigo A, Xairo, Iker, Mateo, Maikol D e Kamal. Tamén xogaron Luca, Samuel, Jorge X, Hugo e Alessandro F.
SD Viveiro B: Pelayo, David, Manuel, David G, Lucas, Mario, Ian, Arnold D, Xoel, Diego e Italo S. Tamén xogaron Ignacio, Eric, Mateo, Xoel C e Vasile A.
Árbitro: Jose Carlos Da Cunha Lopez.

POLVORÍN FC 3 - 1 PORTO BURELA

Polvorín FC: Arturo, Luis S, Hugo, Tulio, Daniel, Jacobo, Adrian, Lucas, Ivan, Roi e Álvaro. Tamén xogaron Mateo, Iván N e Iago.
SD Porto Burela: Iker, Hugo, Mateo, Diego, Samuel, Jaime, Aleixo, Alejandro, Manuel, Pablo e Samuel D. Tamén xogaron Brais, Cristian R, Ángel e Alexandre.
Árbitro: Fernando Fernández López.

EF POLVORÍN 7 - 0 CASTRO

EF Polvorín: Carlos, David, Pablo, Brais, Adrián, Sergio, Bruno, Hugo, Bruno M, Nicolás e Daniel. Tamén xogaron Aldán, Iván, David D, Arthur e Diego.
CD Castro: Aitor, Diego, Diego C, Diego P, Sergio, Iván, Miguel, Alejandro, Pablo, Anxo e Martiño. Tamén xogaron Daniel, David, Hugo, Pablo F e Jose M.
Árbitro: David Ferreira Valín.

 VILALBÉS B 3 - 2 SAGRADO CORAZÓN

Rácing C Vilalbés B: Samuel, Hugo, Nicolás, Hugo R, Samuel D, Allen, Iago, Augusto C, Xoel, Anxo e Rian E. Tamén xogaron Nizar, Juan M e Xoel P.
Adc Sagrado Corazon: Iazeel, Lucas, Hugo, Raúl, Alex, Adrián, Manuel, Samuel, Dani, Ulises e Ruben. Tamén xogaron Nizar, Xoel, Nicolás, Manuel J e Iago.
Árbitro: Óscar Lobato Ramudo.

GUITIRIZ 2 - 2 MILAGROSA

Guitiriz SD: David, Ángel, Xoel, Jose, Rubén, Iván, Oriol, Sergio, Óscar, Aitor e Nicolás. Tamén xogaron Javier, Jonnathan, Diego e Xairo.
SCD Milagrosa: Hugo, Juan, Manuel, Iago, Javier, Aitor, Miguel, Daniel, Antón, Taha e Álvaro. Tamén xogaron Sebastiam A, Mateo, Juan A e Brais.
Árbitro: David Rodríguez López.

 Resultados xornada 2

Gimnástica 2 3 Viveiro B
Polvorín FC 3 1 Porto Burela
EF Polvorín 7 0 Castro
Vilalbés 3 2 Sagrado Corazón
Guitiriz 2 2 Milagrosa
  D Casás

 Próxima xornada

Casás - - Gimnástica
Viveiro B - - Polvorín
Porto Burela - - Polvorín
Castro - - Rácing Vilalbés B
Sagrado Corazón - - Guitiriz
  D Milagrosa

 

Grupo Norte

A estrea do grupo Norte deulle a vitoria máis avultada ao Vilalbés. Os chairegos impuxéronse no Roca ao Polvorín cun amplo resultado de 8-0. Non quedou moi atrás o Ribadeo, que ocupa polo momento o segundo posto do podio. O conxunto mariñao desprazouse ata Burela para asinar un marcador de 0-7, hat trick de Rafa incluído.

O Río Ouro tamén conquistou o marcador do Árbol cunha ampla diferenza ante o Folgueiro. Conseguiron adiantarse con dous goles na primeira metade, pero na segunda estiveron aínda máis na área rival ata asinar o 6-1 definitivo.

O resultado máis igualado da xornada foi o do encontro entre A Piringalla e o Viveiro. Os celestes abriron o marcador no minuto 9, pero no 15 Guillermo empatou de penalti. Os anfitrións do Rodríguez Lago volveron adiantarse, pero o Viveiro reaccionou marcando un gol case na seguinte xogada. Na segunda metade, A Piringalla conseguiu anotar o 3-2 e quedar cos tres puntos.

Polo de agora, quedaron sen estrearse o Foz e o Lourenzá que adiaron o seu encontro.

Consulta a clasificación aquí

 A PIRINGALLA 3 - 2 VIVEIRO

ADC A Piringalla: Anxo, Guillermo, Iago, Mario, Iván, Héctor, Brais, Iván, Xabier, Santiago e Diego. Tamén xogaron Rafael, Iago M e Samuel.
SD Viveiro: Iker, Xoel, Daniel, Oscar F, Lucas, Mateo, Hugo, Saúl, Xavi, José M e Pablo. Tamén xogaron Nicolás, Iker R, Ángel e Saúl A.
Goles: Iván, Brais e Guillermo (de penalti) para A Piringalla. Xavi e Daniel para o Viveiro.
Árbitro: Diego Seco Barreira.

BURELA 0 - 7 RIBADEO

Burela SD: Manuel, Anxo, Sergio, Samir, Saúl, Xoel, Alberto, Arian, Iker, Javier e Hugo. Tamén xogaron Abdelmonsif, Mateo, David e Jaime.
SD Ribadeo: Álvaro, Isayas, Fabian, André, Arturo, Beltrán, Álvaro B, Rafael, Iván, Lucas e Bruno. Tamén xogaron Hugo, Alessandro, Martín, Javier e Iván.
Goles: Rafael (3), Hugo, Isayas, Iván e un gol en propia para o Ribadeo.
Árbitro: Naim Penabad Hermida.

RIO OURO 6 - 1 FOLGUEIRO

AD Rio Ouro: Ángel, Daniel, Hugo, Daniel N, Izan, Iván, Gabriel, Xabi, Maria, Álvaro e Álvaro R. Tamén xogaron Asier, Jose, Hugo G e Xoel.
UD Folgueiro: Pedro, Bruno, Rubén, Paco, Daniel, Saúl, Darío, Brais, Brais A, Mateo e Lucas. Tamén xogaron Ahmed, Iker e Artai.
Goles: Daniel (3), Hugo (2) e Asier para o Río Ouro. Darío para o Folgueiro.
Árbitro: Jose Vale Ferreira.

 VILALBÉS 8 - 0 POLVORÍN B

Rácing C Vilalbés: Xabier, Mario, Bruno, Daniel, Mateo, Samuel, Daniel O, Fabian, Paulo, David e Miguel. Tamén xogaron Nicolás, Iago, Bruno V e Adrián.
EF Polvorín B: Álvaro A, Manuel, Adrián, Héctor, Alejandro, Javier, Hugo, Manuel L, Luis, Pablo e Jordan F. Tamén xogaron Christian A, Daniel e Ali.
Goles: Fabián (2), Paulo, David, Samuel, Daniel, Miguel e Adrián para o Vilalbés.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.

Resultados xornada 1

A Piringalla 3 2 Viveiro
Burela 0 7 Ribadeo
Foz A Lourenzá
Río Ouro 6 1 Folgueiro
Vilalbés 8 0 Polvorín B

 

Próxima xornada 

Viveiro - - Vilalbés
Ribadeo - - A Piringalla
Lourenzá - - Burela
Folgueiro - - Foz
Polvorín B - - Río Ouro

 

Grupo Centro-Sur

No grupo dos equipos de máis ao sur da provincia a Sarriana toma o mando tras esta primeira xornada. Os brancos conquistaron o marcador do Municipal do Becerreá cun 0-7. O Antas marcou os mesmos goles contra o Corgo, pero o encontro estivo moito máis axustado ao inicio. Despois de ir 1-1 nos primeiros minutos, os seoaneses apertaron o acelerador ata o 2-7 definitivo.

A Ferroviaria remontou en Cerdeiriños contra o Monterroso e lle acabou vencendo por 1-4. No caso do Ceosport Lucense, levouse a vitoria como local ante o Palas. Un penalti no minuto 5 púxolles o encontro de cara, pero os visitantes conseguiron empatarlles en dúas ocasións. Un gol sobre a bucina finalmente decantou o duelo a favor do Ceosport.

Nada que ver tivo o duelo entre o Residencia e o San Roque, celebrado na Cheda pois soamente se anotou un gol. Aínda que o choque estivo igualado, un tanto de Juan no minuto 76 fixo que os tres puntos quedaran en Lugo. 

Consulta a clasificación aquí

BECERREÁ 0 - 7 SARRIANA

SD Becerreá: Martín, David, Iago, Hugo, Pablo, Alejandro, David F, Enrique, Iván, Mario e Samuel. Tamén xogaron Mateo, Manuel, Miguel, Aitor e Xavier.
SD Sarriana: Ruben, Pablo, Hugo, Raúl, Ander, Sergio, Gonzalo, Samuel, Luís, Boyan S e Brais. Tamén xogaron Zaid, Alex, Francisco e Rubén T.
Goles: Samuel (3), Pablo (2) e Boyan (2).
Árbitro: Brais Piñeiro Lozano.

 RESIDENCIA B 1 - 0 SAN ROQUE

SD Residencia B: Iván, Samuel, Jean P, Miguel, Iker, Hugo, Mateo M, Iker R, Iago, Ian e Juan. Tamén xogaron Gabriel, Marco, Aaron e Hugo S.
SDC San Roque: Ángel, Manuel, Jaime, Rubén, Fabián, Joan E, Alonso, Javier, Rodrigo, Oihan e Iker. Tamén xogaron Iván, Manuel V, Hugo e David.
Goles: Juan para o Residencia.
Árbitro: Wasiu Olawepo Aransiola.

CEOSPORT 3 - 2 PALAS

Ceosport Lucense: Iker, Alejandro, Marco, Pablo, Uxío, Pedro, Izan, Álex, Hugo, Marco C e Rubén. Tamén xogaron Andrés, Braian, Juan e Álvaro.
Palas CD: Adrián, Samuel, Alex, Diego, Antón, Ángel, Xoan, Ares, Alexandre, Alex G e David. Tamén xogaron Anxo, Samuel M e Daniel.
Goles: Izan, Pablo e Andrés para o Ceosport. Alex (2) para o Palas.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandio.

CORGO 2 - 7 ANTAS

CD Corgo: Daniel, Luis, Brais, Sergio, Adrián, Pablo, Alejandro, Yanis V, Dani, Borja e Xoel. Tamén xogaron Hector, Hugo e Hadrián.
SD Antas: Martín, Antonio, Norberto, Alejandro, Martín Q, Xoel, Marcos, Gael, Martín A, Albert D e Diego. Tamén xogaron Cristian, Mateo e David.
Goles: Pablo e Yanis para o Corgo. Martín, Albert, Diego, Marcos e Xoel para o Antas.
Árbitro: Antón Llenderrozas Ron.

MONTERROSO 1 - 4 FERROVIARIA

SD Monterroso: Adrián E, Pedro, Xoel, Serguei, Aitor, Aarón, Anxo, Marcos, Felipe, Brais e David. Tamén xogou Juan S.
AD Ferroviaria: Adrián, Mateo, Mario A, Diego, Hugo, Iván, Soufian, Miguel, Alejandro M, Yassine e Brand. Tamén xogaron Adrián C, Sergio, Gaizka, Diego D e David.
Goles: Pedro para o Monterroso. Gaizka (3) e Miguel para o Ferroviaria.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.

 

Resultados xornada 1

Becerreá 0 7 Sarriana
Residencia B 1 0 San Roque
Ceosport 3 2 Palas
Corgo 2 7 Antas
Monterroso 1 4 Ferroviaria

Próxima xornada 

Sarriana - - Ferroviaria
San Roque - - Becerreá
Palas - - Residencia B
Antas - - Ceosport
Monterroso - - Corgo