O Lugo rabuña un punto do duelo contra o Gijón A malia comezar cunha vantaxe de dous goles

O de Liga Nacional volve caer á zona de perigo, derrotado o domingo pola noite no campo do Ural
LNX_Lugo B-Victoria_Noe-10
photo_camera LNX_Lugo B-Victoria_Noe-10

División de Honra Xuvenil

O Lugo logrou este sábado levarse un punto do duelo a domicilio co Gijón A, malia que o resultado deixou un sabor agridoce logo de ter unha vantaxe importante na primeira metade.

Os de Dani Galán estiveron moi ben ata o intermedio marcando o primeiro gol aos cinco minutos do inicio, que completaron no 38‘ cun segundo. Os lugueses concederon algo a balón parado pero o local tampouco ofreceu ocasións definidas. Cando parecía clara a superioridade o Gijón marcou xusto antes do intermedio nun córner. Foi esta unha xogada clave que meteu ao rival no partido e deixou ao Lugo desilusionado ao ver como a vitoria ía desaparecendo.

Na segunda metade, sufriron a presión do rival os albivermellos, sobre todo nos primeiros 20 minutos, pero sen que tampouco houbera grandes ocasións. Porén, en cinco minutos, no ecuador do segundo tempo, se lles escapou o partido con dous goles dos irmáns Pérez Sack, pasando a estar por debaixo no marcador.

Non caeron cara atrás os de Dani Galán, que reaccionaron ben e volveron a empatar no minuto 80, e aínda dispuxeron dunha ocasión máis, nun balón que golpeou no pau. Nos últimos intres o rival estivo forte e tiveron que achicar moitos balóns.

Consulta a clasificación aquí

GIJÓN A 3 - 3 LUGO

Real Spórting de Gijón A: Nel, Santiago, Carlos, Álvaro, Borja, Gontzal, Ángel, Franco, Marco, Daniel e Diego. Tamén xogaron Samuel, Alejandro, Angelo e Ticiano.
CD Lugo B: Jorge, Alejandro, Mateo, Daniel, Iker, Francisco, Diego, Carlos, Adrián, Antón e Lucas. Tamén xogaron Márkel, Izan e Xavier R.
Goles: Borja, Angelo e Ticiano polo local e Francisco, Iker e Daniel polo Lugo.
Árbitro: Carlos Fernández Buergo.

 

Resultados xornada 13

Bansander 3 2 Perinés
Covadonga A 1 1 Arosa
Gijón A 3 3 Lugo
Deportivo 3 0 Choco
Coruxo 0 2 Oviedo A
Santander 2 0 Val Miñor
Celta 4 0 Veriña A
Revilla 1 3 Compostela
Próxima xornada
Revilla - - Perinés
Arosa - - Bansander
Lugo - - Covadonga A
Choco - - Gijón A
Oviedo A - - Deportivo
Val Miñor - - Coruxo
Veriña A - - Santander
Compostela - - Celta
 
 
 

Liga Nacional Xuvenil

O Lugo B caeu derrotado esta fin de semana polo Ural e volve estar en serio perigo no primeiro posto fóra do descenso pero só un punto por riba. Os de Fran caeron pola mínima cun gol no segundo tempo na tarde do domingo e baixo unha intensa choiva.

Controlaron bastante ben o partido os albivermellos, que tiveron moito o balón mentres que o rival cambiaba o sistema varias veces e non atopaba oco. Ao final faltou profundidade na primeira parte e non chegaron os goles.

Na segunda, a chuvia fixo a súa aparición e lastrou o xogo polo que custaba máis progresar. Finalmente, pasado o ecuador do segundo tempo, no rexeite dun balón parado o Ural fixo o gol que lle deu a vitoria. Os de Lugo seguírono intentando pero ao final non lograron bater a meta rival malia achegarse.

Consulta a clasificación aquí

URAL 1 - 0 LUGO B

Ural Español CF: Martín, Eladio, Iván, Jorge, Thiago, Diego, Hugo, Alejandro, Saúl, Matías e Roi. Tamén xogaron Santiago, Manuel, Sergio, Jorge e Gonzalo.
CD Lugo B: Xabier, Aarón, Eneko, Mateo, Xavi, Gonzalo, Xabier, Martín, Sergio, Adrián e Andrés. Tamén xogaron Lucas, Raúl F, Mateo, Raúl V e Román.
Goles: Diego no minuto 76.
Árbitro: Pablo Rey Rodríguez.

 

Resultados xornada 14

Pabellón Ourense 1 1 Coruxo B
Valladares 3 0 Pontevedra
Boiro 1 6 Porriño
Ural 1 0 Lugo B
UD Ourense 1 0 Conxo
Bergantiños 1 2 Victoria
Celta B 6 0 Montañeros
Deportivo B 3 1 Alondras
Lérez 1 2 Ferrol
Próxima xornada
Pabellón Ourense - - Valladares
Pontevedra - - Boiro
Porriño - - Ural
Lugo B - - UD Ourense
Conxo - - Bergantiños
Victoria - - Celta B
Montañeros - - Deportivo B
Alondras - - Lérez
Coruxo B - - Ferrol