División de Honra Xuvenil
O Lugo sumou os primeiros tres puntos da tempada vencendo ao Revilla, un equipo novo na categoría que puxo as cousas moi complicadas e que promete ser un duro rival tamén para moitos outros.
Partido moi competido, no que o escaso tamaño do campo marcou a xornada. Pouco fútbol puido verse e o local comezou cunha ocasión moi clara no primeiro minuto. Tralo susto inicial, o Lugo refíxose, asentouse e comezou a xerar ocasións en campo contrario.
A primeira importante estivo a cargo de Hugo Hernández nun tiro escorado. Non sería gol e o que meteron a continuación foi anulado polo árbitro. Finalmente os albivermellos conseguiron marcar no minuto 30 nunha xogada na que Dani só tivo que empuxar o balón tras un pase da morte.
Xusto antes da pausa o Lugo quedou cun menos pola dobre amarela de Carlos tras unha falta lateral o que obrigou a modificar a disposición deixando dous puntas para ameazalos.
Ao final, os de Dani Galán defenderon ben conseguindo que o rival se precipitara. De feito, tiveron un par de transicións moi boas que puideron poñer o 0-2 no marcador.
Nos últimos minutos cambiaron as tornas, e foi o Revilla o que se fixo con control do xogo. A falta de 7 minutos para o final, tiran un penalti por riba do largueiro, o que deixa ao Lugo intentando remontar e asegurar a vitoria. Tamén perderon unha nova ocasión os albivermellos que a piques estiveron de deixar marchar dous puntos no desconto, cando os locais tiraron ao largueiro nun balón colgado e o rexeite estivo preto de tocar a rede.
REVILLA 0 - 1 LUGO
CD Lugo: Mateo S, Alejandro, Mateo D, Xavier, Daniel, Diego, Carlos, Adrián, Antón, Hugo e Aimar. Tamén xogaron Francisco, Noel, Íker, Alejandro e Sergio.
Goles: 0-1 (30'): Dani García.
Árbitro: Mario Pacheco Cotero.
Resultados xornada 3
Santander | 4 | 0 | Coruxo |
Celta | 2 | 2 | Deportivo |
Compostela | 0 | 0 | Gijón A |
Veriña A | 0 | 1 | Covadonga A |
Val Miñor | 1 | 3 | Bansander |
Oviedo A | 5 | 0 | Perinés |
Choco | 0 | 1 | Arosa |
Revilla | 0 | 1 | Lugo |
Próxima xornada
Coruxo | - | - | Revilla |
Deportivo | - | - | Santander |
Gijón A | - | - | Celta |
Covadonga A | - | - | Compostela |
Bansander | - | - | Veriña A |
Perinés | - | - | Val Miñor |
Arosa | - | - | Oviedo A |
Lugo | - | - | Choco |
Liga Nacional Xuvenil
O Lugo B encadeou a segunda derrota consecutiva da Liga tras perder 1-3 na Cheda contra o Lérez, un dos debutantes na categoría.
Foi o equipo pontevedrés o primeiro en abrir a conta, no minuto 18, cun contraataque con despexe que manda o balón ás costas para chegar o dianteiro nun 1 contra 1 contra o porteiro local.
O Lugo B tivo a oportunidade de empatar pero fallou un penalti para pechar unha primeira parte na que o balón estivo máis en campo albivermello pero sen que o Lérez xerase ocasións claras de gol, algo que tampouco fixo o Lugo, e as que houbo foron a balón parado.
A segunda parte contou co segundo tanto do visitantes xa avanzado o encontro, o segundo de córner. Foi entonces cando o Lugo marcou o seu de penalti, o 1-2, para achegarse e dar opcións a empatar rápido xa que na segunda parte o xogo foi máis local.
Aínda así, non foron quen de empatar e nos últimos minutos foi o Lérez o que logrou asegurar a vitoria cun tanto máis.
Para a semana, o rival será o Rácing de Ferrol, polo que o Lugo volverá xogar fóra neste proceso de adaptación á categoría que lle está costando xa que se mantén agora mesmo en postos de descenso.
LUGO B 1 - 3 LÉREZ
AJ Lérez: Hugo, Iván, Martín L, Carlos, José G, Jorge, André, Daniel, Aaron, Pablo Pérez e Rubén. Tamén xogaron Pablo A, Saul, Lucas C e Jaime.
Goles: 0-1 (27'): Daniel. 0-2 (53'): Daniel. 1-2 (74'): Lucas de penalti. 1-3 (86'): André.
Árbitro: Jorge Méndez López.
Resultados xornada 2
Montañeros | 0 | 1 | Coruxo B |
Victoria | 1 | 1 | Alondras |
Conxo | 6 | 1 | Ferrol |
Lugo B | 1 | 3 | Lérez |
Porriño | 0 | 3 | Depotivo B |
Pontevedra | 1 | 3 | Celta B |
Pabellón Ourense | 1 | 0 | Bergantiños |
Valladares | 0 | 2 | UD Ourense |
Boiro | 0 | 2 | Ural |
Próxima xornada
Montañeros | - | - | Victoria |
Alondras | - | - | Conxo |
Ferrol | - | - | Lugo B |
Lérez | - | - | Porriño |
Depotivo B | - | - | Pontevedra |
Celta B | - | - | Pabellón Ourense |
Bergantiños | - | - | Valladares |
UD Ourense | - | - | Boiro |
Coruxo B | - | - | Ural |