Fin de festa con vitoria para o Lugo B, que regresará o ano que vén á categoría

Un único gol de Valiña nos minutos finais deu os tres puntos ao equipo albivermello na última sesión, disputada co Xuventude Oroso

Liga Nacional xuvenil

O Lugo B terminou a competición con vitoria e co bo sabor de boca de ter os deberes feitos. Venceu 1-0 ao Xuventude Oroso no derradeiro partido da competición.

Foi un duelo no que os albivermellos tiveron moitas ocasións para abrir o marcador, 3 ou 4 moi claras, que escaparon rozando o pau ou cunha  parada do porteiro.

Houbo que esperar ata o minuto 74 para que un saque Fran Blas,  nunha xogada ensaiada, fose aos pés de Valiña, que rematou ao segundo pau poñendo o marcador a favor. Na segunda, os cambios realizados trouxeron boas sensacións e tamén o Xuventude Oroso achegouse con algunha transición pero sen perigo real.

Remata así unha tempada na que os rapaces do Lugo B, todos dunha xeración moi moza, fixeron un gran papel mellorando semana a semana e competindo cada día mellor.

“Esperamos que o ano que vén sigan polo mesmo camiño de formación para poder ver a algúns deles competindo co primeiro equipo. Estamos moi orgullosos do traballo xa que competiron ata o último momento”, explicou Roberto Fernández, adestrador. 

Consulta aquí a clasificación

LUGO B 1 - 0 XUVENTUDE DE OROSO

CD Lugo B:  Brais, Alejandro L, Adrián, Nixon, Xavier, Raúl, Alejandro A, Íker, Alejandro G, Francisco e Xabier V. Tamén xogaron Carlos, Xaby, Román e Fiovert. 
ED Xuventude Oroso: Antón, Brais, Martín D, Anxo, Martín S, Etién, Álvaro, Martín L, Marco, Alejandro e Martín R. Tamén xogaron Pedro, Raúl e Rubén.
Goles:  Xabier Valiña no 74’.

 

LIGA NACIONAL XUVENIL

           Resultados xornada 34

Montañeros 5-1 Ferrol
Bergantiños 1-3 Pontevedra
Choco 11-0 Alondras
Lugo B 1-0 Xuventude Oroso
Val Miñor 3-1 Valladares
Deportivo B 6-0 Conxo
Pabellón Ourense 6-1 Calasanz
Porriño 1-2 Celta B
UD Ourense 1-2 Ural B