Goleada do Lugo ao Coruxo (7-1) para acadar un resultado que non se lembra nas historia recente

Os de David Fernández romperon a quenda de sete xornadas puntuando cunha derrota pola mínima ante o Pabellón Ourense

División de Honra Xuvenil

O Lugo deu un golpe na mesa esta fin de semana cunha goleada moi avultada, un resultado tan amplo que non se lembra nas últimas tempadas na División de Honra. Venceron os de Hugo Vázquez 7-1 ao Coruxo, equipo descendido xa matematicamente, que tamén foi responsable do resultado, xa que deixou ir o marcador.

Malia a vitoria ampla, ao Lugo custoulle estar cómodo no campo porque o Coruxo non lle deixou facer o seu xogo, tal e como o tiña definido; non deixaban aos albivermellos roubar alto nin avanzar segundo o aprendido.

Porén, cando chegou o primeiro gol, un tiro desde a frontal da área de Xavier Cidre que entra pola escuadra, xa todo cambiou e o Lugo colleu camiño de gol. As boas sensacións repetíronse e co segundo tanto, obra de Diego, xa había pouca loita.

O terceiro, o cuarto e o quinto foron case seguidos ante un Coruxo que non conseguía frear a un Lugo que se vía vencedor. Os catro goles foron a porta baleira tras distintas accións e con dobrete de Daniel García.

No descanso, o adestrador lembrou a necesidade de manter a tensión do duelo para non deixar marchar os puntos. Fixéronse algúns cambios para non poñer en perigo aos xogadores con tarxetas de cara aos catro partidos que quedan, pero seguiron dominando. A 15 minutos do final chegou o tanto de Iker, nun balón ás costas, e na xogada seguinte o Coruxo marcou o seu, nun centro lateral.

Xusto no final, Javier Urra meteu o sétimo e último nun man a man co porteiro e o árbitro xa non quixo deixar máis minutos e rematou o duelo con esta vitoria case que histórica para o Lugo, que, aínda así, segue na parte baixa da táboa e ten camiño que percorrer antes de asegurar a permanencia, sobre todo cos dous próximos rivais, o Deportivo e o Gijón A.

O Lugo tamén se resarciu con esta goleada das tres xornadas que levaba sen marcar.

Consulta a clasificación aquí

LUGO 7 - 1 CORUXO

CD Lugo: Jorge, Izan, Daniel, Francisco, Diego, Adrián, Aimar, Antón, Mateo, Xavier C e Noah. Tamén xogaron Alejandro, Noel, Xavier R, Iker e Javier.
Coruxo FC: Mateo, Sergio, Andrés, André, Manuel, Hugo, Ramón, Gabriel, Tariq, Yago e Jaime. Tamén xogaron Tyrone, Pablo, Fabián, Noé e Óscar.
Goles: Xavier C, Diego, Francisco, 2 de Daniel, Iker e Javier polos locais. Óscar polos visitantes.
Árbitro: Iván Abel Bruzos.
 
Resultados xornada 26
Bansander 2 0 Covadonga A
Perinés 0 4 Gijón A
Arousa 0 3 Deportivo
Lugo 7 1 Coruxo
Choco 0 2 Santander
Oviedo A 0 1 Celta
Val Miñor 5 0 Compostela
Veriña A 6 1 Revilla
Próxima xornada
Revilla - - Bansander
Covadonga A - - Perinés
Gijón A - - Arousa
Deportivo - - Lugo
Coruxo - - Choco
Santander - - Oviedo A
Celta - - Val Miñor
Compostela - - Veriña A

Liga Nacional Xuvenil

O Lugo B deixa atrás a xeira de xornadas puntuando cunha derrota amarga, pola mínima, ante un rival da súa zona, o Pabellón Ourense, que ademais levaba dúas sesións sen poder sumar.

Un gol marcou a diferenza para os albivermellos, que viron mellor ao rival sobre o verde na primeira parte, malia que foi o Lugo o que comezou con forza e cunha oportunidade para marcar nos primeiros minutos, un balón que acabou contra o pau.

O gol do Pabellón no se fixo esperar e subiu ao marcador no minuto 10, un pouco de carambola. Un tiro ao pau que golpeou nun xogador no rexeite e acabou dentro da rede luguesa.

Non lle sentou ben ao Lugo este gol e o rival aproveitou para dar mellores minutos e dominar con ocasións, aínda que ningunha clara.

A segunda parte estivo máis igualada e xa non houbo tantas opcións de mover o marcador por parte de ningún dos dous equipos. Xogouse con moito balón longo, balón parado e algún tiro afastado, pero sen perigo para ningún dos rivais. Comeza así o Lugo a última quenda da competición sen puntuar.

Consulta a clasificación aquí

PABELLÓN OURENSE 1 - 0 LUGO B

Pabellón Ourense CF: Abraham, Jorge, Unai, Rubén, Joel, Álvaro, Samuel, Álex, Alejandro, Santiago e Mauro S. Tamén xogaron Mauro M, Ander, Iker e Nicolás.
CD Lugo B: Xairo, Raúl F, Raúl V, Eneko, Diego, Markel, Lucas, Xavi, Gonzalo, Martín e Mateo D. Tamén xogaron Xabier, Mateo C, Alexandre e Román.
Gol: Mauro S polos locais.
Árbitro: Adrián Estévez Blanco.

Resultados xornada 28

Pontevedra 2 1 Porriño
Pabellón Ourense 1 0 Lugo B
Valladares 2 2 Conxo
Boiro 0 1 Victoria
Ural 1 4 Montañeros
UD Ourense 1 1 Alondras
Bergantiños 0 3 Ferrol
Celta B 3 1 Lérez
Deportivo B 2 0 Coruxo B
Próxima xornada 
Coruxo B - - Pontevedra
Porriño - - Pabellón Ourense
Lugo B - - Valladares
Conxo - - Boiro
Victoria - - Ural
Montañeros - - UD Ourense
Alondras - - Bergantiños
Ferrol - - Celta B
Lérez - - Deportivo B