O Lugo afástase do descenso ao vencer pola mínima ao Veriña A, a sexta do 2024

O Lugo B logra pola mínima a segunda vitoria consecutiva no primeiro partido con novo adestrador e afástase da zona de perigo

División de Honra Xuvenil

O Lugo levouse un importante revulsivo en forma de vitoria, ante o Veriña A, ao que superou na casa pola mínima nunha xornada de vento e frío na Cheda.

Tiveron os de Lugo moi controlado o partido e nos primeiros dez minutos foron as dúas primeiras ocasións, moi claras, un man a man de Carlos co porteiro e outra de Dani nun pase interior que o defensa visitante bloquea cando dispara.

O Veriña A, un equipo moi físico, que ten por costume xogar nunha caixa de mistos, logrou contaxiar ao Lugo co seu sistema, baseado en moitas faltas, algo que pasou factura. O rival dispuxo dunha ocasión nesta primeira parte, un disparo do dianteiro, pero que se vai por riba. Non sufriron nesa primeira parte os de Lugo.

Na segunda seguiuse a mesma tónica. As oportunidades volvían para o equipo lugués, nesta ocasión de novo de Dani, que tirou ao porteiro ao peito. Repetiu o dianteiro albivermello na frontal cun remate a queimarroupa que acaba desviado por unha man do porteiro que apareceu cando xa se cantaba o gol. Aimar tamén tivo a súa ocasión e cando parecía que a pelota non ía entrar, na oportunidade menos clara, un balón entrou pegadiño ao pau empuxado por Diego xa no tempo de desconto.

O gol significou un gran impulso para o equipo, que xa está fóra da zona de perigo pero só tres puntos por riba do Perinés, que é o primeiro en postos de descenso.

Tamén serviu o resultado para dar esperanzas ao equipo de Dani Galán, que a próxima fin de semana deberá enfrontarse ao Compostela a domicilio, un dos equipos de arriba, pero ao que gañou na casa no partido de ida.

Consulta a clasificación aquí

LUGO 1 - 0 VERIÑA

CD Lugo: Jorge, Mateo D, Izan, Daniel, Francisco, Carlos, Adrián, Aimar, Antón, Mateo M e Noah. Tamén xogaron Diego, Javier, Xavier Cidre e Noel.
Veriña CF A: Enol H, Enol G, Diego, Gonzalo, Sergio, Ricardo, Lucas, Daniel C, Vicente, Marcos e Izan. Tamén xogaron Daniel G, Iván, Javier, Alejandro e Juan.
Gol: Diego no minuto 90.
Árbitro: David Méndez Moreda.

 

Resultados xornada 22

Gijón A 2 5 Deportivo
Covadonga A 2 0 Coruxo
Bansander 1 2 Santander
Perinés 1 1 Celta
Arousa 1 2 Compostela
Lugo 1 0 Veriña A
Choco 1 0 Val Miñor
Oviedo A 6 1 Revilla
Próxima xornada
Revilla - - Gijón A
Deportivo - - Covadonga A
Coruxo - - Bansander
Santander - - Perinés
Celta - - Arousa
Compostela - - Lugo
Veriña A - - Choco
Val Miñor - - Oviedo A

 

 
 

Liga Nacional Xuvenil

O Lugo B completou o seu proxecto pola salvación levándose os tres puntos esta fin de semana ante o Victoria B, un dos seus rivais directos, ao que adianta na clasificación, xunto ao Pabellón Ourense.

O equipo estreou adestrador esta fin de semana, David Fernández, que vén a ocupar o posto de Fran Fernández, que cambiou de equipo como consecuencia o reaxuste que trouxo aparellado a substitución do adestrador do primeiro equipo.

O temporal non axudou a controlar o partido aos lugueses. Houbo poucas ocasións ata que chegou o gol, avanzada a primeira parte, nun córner que fixo un barullo na área e no que Aarón marcou para os albivermellos.

Na segunda parte o rival tivo algo máis de dominio pero o Lugo B tiña controlado o enfrontamento. Dispuxeron os locais de ocasións cun tiro de lonxe e unha falta na que o balón saíu rozando o pau mentres que o Lugo dispuxo dunha moi clara de Adrián, que aproveita que o porteiro non despexa ben para tirar, pero non foi quen de metela.

Consulta a clasificación aquí

VICTORIA 0 - 1 LUGO B

Victoria CF: Izan, Manuel C, Jorge, Enrique, Manuel S, Martín, Xenxo, Héctor, Adrián, Alberto e Xoel. Tamén xogaron André, Hadrian, Álvaro, Daniel e Erick.
CD Lugo B: Xabier R, Rául, Aarón, Eneko, Diego, Márkel, Lucas, Gonzalo, Martín, Sergio e Mateo D. Tamén xogaron Adrián, Xavi, Andrés e Mateo C.
Gol: Diego no minuto 34.
Árbitro: Adrián García Rodríguez.

 

Resultados xornada 23

Coruxo B - - Conxo
Victoria 0 1 Lugo B
Montañeros 1 0 Porriño
Alondras 0 0 Pontevedra
Ferrol 3 1 Pabellón Ourense
Lérez 3 0 Valladares
Deportivo B 9 0 Boiro
Celta B 3 0 Ural
Bergantiños 1 0 UD Ourense
Próxima xornada
Lugo B - - Conxo
Porriño - - Victoria
Pontevedra - - Montañeros
Pabellón Ourense - - Alondras
Valladares - - Ferrol
Boiro - - Lérez
Ural - - Deportivo B
UD Ourense - - Celta B
Bergantiños - - Coruxo B