O Lugo A cae ante o líder e encadea a segunda vitoria do curso

Os de Kike Sanfiz xogaron no primeiro tempo os mellores minutos da tempada pero só marcaron un gol de penalti e foron derrotados

División de Honra Xuvenil

O Lugo caeu esta fin de semana contra o líder da competición, o Oviedo A, por 4-2 a domicilio. Encadea deste modo a segunda derrota consecutiva nas cinco xornadas disputadas, nas que tamén mantén no peto unha vitoria e un empate o que lle permite seguir na posición número 12 de 16.

O agora líder da competición abriu o partido ante o Lugo con intención de levarse a vitoria cun xogo vertical, en largo e con xogadas polo interior que facían dano. O Lugo, pola contra, preparouse reforzando a defensa. Aínda sí, dispuxeron de algunhas ocasións para marcar antes de que encaixaran os dous goles antes do descanso adolencendo dunha defensa frouxa.

Xusto antes do intermedio un penalti a favor do Lugo acabou subindo ao marcador por medio de Hugo Hernández, o que ofrecía esperanzas aos albivermellos. 

Á volta de vestiarios o Lugo saíu con máis forza pero de novo o Oviedo adiantouse no marcador. Un novo centro lateral logrou subir ao marcador para o Lugo polo que volvía a meterse no partido. Ao final a calor e o madrugón pasaron factura, e nun despiste defensivo o Oviedo puxo o último tanto.

Seguiron loitando os de Dani Galán, que non lograron superar a barreira que puxo o equipo local, polo que o marcador non se moveu máis.

A próxima fin de semana o Lugo xogará na casa ante o Val Miñor Nigrán, un equipo da zona media tamén, vello coñecido, co que intentará recuperar a senda da vitoria.

Polo de pronto, os albivermellos conseguen manterse fóra dos catro postos de descenso..

Consulta a clasificación aquí

OVIEDO A 4 - 2 LUGO

Real Oviedo A: Mateo, Marcos, Adrián L, Denzel, Vicente, José Luis, Pelayo, Óscar, Jaime, Martín e Pablo. Tamén xogaron Alejandro, Adrián F, Pedro e Adrián del Oso.
CD Lugo: Mateo S, Mateo D, Aimar, Xavier I, Daniel, Francisco, Noel, Adrián, Markel, Hugo e Xavier C. Tamén xogaron Alejandro L, Diego, Antón, Iker e Alejandro G.
Goles: Jaime (2), Pelayo e Óscar polo local e e Hugo polo Lugo (o segundo de penalti).
Árbitro: Francisco García Riesgo.

 

Resultados xornada 5

Coruxo 0 5 Deportivo
Santander 1 1 Gijón A
Celta 3 1 Covadonga A
Compostela 4 0 Bansander
Veriña A 3 0 Perinés
Val Miñor 0 3 Arosa
Oviedo A 4 2 Lugo
Revilla 1 0 Choco
Próxima xornada
Deportivo - - Revilla
Gijón A - - Coruxo
Covadonga A - - Santander
Bansander - - Celta
Perinés - - Compostela
Arosa - - Veriña A
Lugo - - Val Miñor
Choco - - Oviedo A

 

 

Liga Nacional Xuvenil

O Lugo B caeu ante o Alondras na casa pero o resultado non reflicte o que se viu no campo, xa que xogaron os mellores minutos do que vai tempada, atacando todo o tempo, con moita continuidade e con varias ocasións claras para levarse ao descanso unha maior vantaxe, que foi de 1-0, tras catro ocasións que quedaron no tinteiro.

O gol do Lugo B foi unha xogada por banda dereita que acaba sendo un penalti que transforma Xabier Valiña. Foron así á pausa e a segunda parte seguiu na mesma dinámica, con ocasións de gol e facendo presión en campo contrario. 

Non foron capaces os alvicermellos de aproveitalas e tres fallos en tres perdas de balón entraron os outros tres goles.

Con este resultado en contra o Lugo B queda na parte fonda da táboa, xa que aínda non logrou puntuar nos catro partidos de Liga que leva disputados.

Nesta ocasión o xogo despregado non mereceu esta derrota. O rival deulle a volta ao marcador no ecuador do segundo tempo e o terceiro gol do Alondras xa entrou no tramo final. 

A próxima semana visitarán ao Montañeros na procura dos primeiros puntos desta difícil tempada.

Consulta a clasificación aquí

LUGO B 1 - 3 ALONDRAS

CD Lugo B: jairo, Raúl F, Aarón, Diego, Mateo M, Lucas, gonzalo, Xabier, Martín, Fiovert e Andrés. Tamén xogaron Raúl V, Mateo C, David e Román.
Alondras CF: Nicolás S, Pablo P, Pablo F, Manuel, Iker B, Adrián, Víctor, Mateo, Manuel, Brais e Pedro. Tamén xogaron Nicolás G, Pablo I, Gabriel, Samuel e Iker T.
Goles: Para o Lugo gol de Xabier Valiña no minuto 40 de penalti e Pedro, Nicolás e Adrián polo visitante. 
Árbitro: David Pérez Rodríguez.

 

Resultados xornada 4

Victoria 2 2 Coruxo B
Conxo 2 0 Montañeros
Lugo B 1 3 Alondras
Porriño 0 4 Ferrol
Pontevedra 0 2 Lérez
Pabellón Ourense 1 2 Depotivo B
Valladares 1 0 Celta B
Boiro 2 0 Bergantiños
Ural 4 4 UD Ourense
Próxima xornada
Victoria - - Conxo
Montañeros - - Lugo B
Alondras - - Porriño
Ferrol - - Pontevedra
Lérez - - Pabellón Ourense
Depotivo B - - Valladares
Celta B - - Boiro
Bergantiños - - Ural
Coruxo B - - UD Ourense