O Lugo vence ao Deportivo pola mínima na casa nun partido épico

A Division de Honra volve ter descanso co Lugo collendo forzas para enfrontarse a próxima semana ao Celta

División de Honra xuvenil

Nova xornada de descanso para o Lugo de División de Honra, que a próxima semana terá como rival a un dos equipos máis duros, o Celta.

Consulta aquí a clasificación                                    

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Próxima xornada 

Lugo - Celta
Roces - Santander
Coruxo - Ural
Covadonga - Deportivo
Oviedo - Perinés
Bansander - Marina
Gimnástica - Gijón
Arosa - Compostela

                

Liga Nacional xuvenil

Gran resultado para o Lugo B esta fin de semana, xa que venceu a un dos líderes da táboa, o Deportivo, pola mínima.

Partido moi igualado e moi disputado, polo que os xogadores de ambos equipos ofreceron un duelo moi bonito para o espectador.

O Lugo iniciouse na contenda sendo dominador e facendo unha parte moi boa, tapando ao Dépor polo centro do campo.

O equipo que dirixe Roberto Fernández, dispuxo de dúas ocasións moi claras de Xaby ante o porteiro pero estas non remataron sendo gol.

Na segunda parte, tralo 0-0, non cambiou moito o conto, co Lugo xogando na área do Deportivo, ata que nun centro ao segundo pau, Xaby logra penetrar na portería rival para facer o 1-0.

Con este resultado o Lugo seguiu dominando ata que nos últimos dez minutos, un Dépor á desesperada fíxose co control da bóla na procura do empate con varias chegadas á área luguesa que foron controladas en todo momento.

Gran actuación do Lugo B, que competiu moi ben vencendo a un dos equipos máis duros da competición.

Consulta aquí a clasificación

LUGO B 1 - 0 DEPORTIVO B

CD Lugo:  Jorge, Alejandro, Xavier, Diego, Xavy, Alejandro A, David, Íker, Francisco, Carlos e Xabier. Tamén xogaron Nixon, Sergio, Fiovert e Alejandro G.
RC Deportivo: Aitor, Javier, Hugo, Carlos, Adrián, Manuel, Héctor, Noé, Mesfin, Xoe e Pablo. Tamén xogaron Martiño, David, Álvaro, Samuel e Jacobo.
Goles:  Xaby no minuto 57.

 

LIGA NACIONAL XUVENIL

           Resultados xornada 26

Xuventude Oroso 0-2 Valladares
Alondras 0-1 Conxo
Pontevedra 2-0 Calasanz
Ferrol 1-3 Celta B
Montañeros 3-0 Ural B
Bergantiños 1-0 Porriño
Choco 2-1 Pabellón Ourense
Lugo B 1-0 Deportivo B
Val Miñor 2-0 UD Ourense

      Próxima xornada

UD Ourense - Xuventude Oroso
Valladares - Alondras
Conxo - Pontevedra
Calasanz - Ferrol
Celta B - Montañeros
Ural - Bergantiños
Porriño - Choco
Pabellón Ourense - Lugo B
Deportivo B - Val Miñor