Os albivermellos sacan un punto na categoría de Honra e caen na de Liga Nacional

Os de Dani Galán, a dous puntos da salvación, non puideron pasar do empate nun duelo que puido acabar 0-2 na primeira parte. O B caeu co Val Miñor malia ser superior

 

LNX_Lugo B-UD Ourense_Noe-2
photo_camera LNX_Lugo B-UD Ourense_Noe-2

División de Honra xuvenil

O Lugo no logrou pasar do empate esta fin de semana en Compostela deixando o marcador 0-0 na que é xa a xornada 24 desta tempada e a falta de 6 para o final. 

Non houbo moitas sorpresas no duelo co equipo local intentando facer daño nas transicións e o Lugo mantendo o control do xogo e esperando a que se cometeran erros na parte de atrás, un feito habitual do club.

O marcador podía ter rematado no intermedio 0-2 con dúas opcións clarísimas do Lugo, un man a man de Pablo e outro de Jorge, que foi a xogada clave do partido. O xogador lugués fíxose coa bóla no medio campo e chegou só ante a portería rival. Agarrado por un contrario o árbitro aplicou a lei da vantaxe pero de caer podería ter sido un penalti que cambiara o curso do partido. O Lugo achegábase á portería do Compostela pero o gol non se producía.

Na segunda parte, cambiou o conto e foi un continuo ir e vir de ambos os dous equipos, polo que se produxeron chegadas por parte de ambos creando perigo. Ao Compostela faltoulle o último pase e ao Lugo esa forza de cada ao gol.

Ayman meteu o único tanto do partido pero foi anulado por fóra de xogo e logo faltou moita efectividade entre os tres paus.

Situado no medio da táboa clasificatoria ao Lugo quéndanlle dous puntos para asegurar a permanencia, polo que podía entrar en zona segura si vence ao Celta, o líder, a primeira fin de semana de abril, xa que a próxima hai descanso.

Consulta aquí a clasificación                                    

COMPOSTELA 0 - 0 LUGO

SD Compostela: Daniel, Casás, Varela, Manuel, Edgar, Balsa, Goris, Mario, Muíño, Gonzalo e Silleda. Tamén xogaron Carril, Martínez e Munín.
CD Lugo:  Marcos, Amin, Hugo, Dani, Mateo, Rosón, Antón, Pablo, Alexito, Ayman e Jorge. Tamén xogaron Gonzalo, Borja, Jairon e Liam.
Árbitro:  Sergio Miguens Santiago.
Estadio: Santa Isabel.

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                Resultados xornada 24

Celta 3-1 Roces
Santander 1-1 Coruxo
Ural 0-2 Covadonga
Deportivo 1-1 Oviedo
Perinés 4-0 Bansander
Marina 2-1 Gimnástica
Gijón 0-0 Arosa
Compostela 0-0 Lugo 

Próxima xornada 

Lugo - Celta
Roces - Santander
Coruxo - Ural
Covadonga - Deportivo
Oviedo - Perinés
Bansander - Marina
Gimnástica - Gijón
Arosa - Compostela

                

Liga Nacional xuvenil

O Lugo B caeu esta fin de semana ante o Val Miñor, un dos equipos de arriba por 2-0, tras non conseguir rematar as moitas opcións que tivo de gol.

Na primeira parte comezaron os de Roberto Fernández con tres oportunidades claras, tres accións man a man ante o porteiro que non se materializaron pero que apuntaban a un dominio albivermello.

Os protagonistas precisamente deste primeiro tempo foron Nixon e Xavi, os dous debutantes, formados nas categorías inferiores do Lugo, que fixeron un gran partido. De feito, Xavi foi responsable de moitas destas oportunidades de cara a gol.

Malia este acoso dos visitantes, o Val Miñor fixo o primeiro gol aproveitando unha saída de balón na que errou o Lugo. Contestaro os lugueses cun balón ao espazo que acabou no lateral da rede polo que o xogo proseguiu en atopar a finalización. O Lugo dominou a segunda xa que o local foi a conservar pero logrou sumar o segundo nun saque de esquina que remataron na área pequena. 

Co 2-0 intentouno o Lugo con dous dianteiros, arriscando pero con falta de acerto novamente. Incluso dispuxo de dúas ocasións ao final para marcar, pero volveu fallar na finalización.

Consulta aquí a clasificación

VAL MIÑOR 2 - 0 LUGO B

ED Val Miñor Nigrán: Roi, Rubén, Marcos, Rodrigo, íker, Agustín, Bruno, Pablo, Manuel, Mateo e David. Tamén xogaron Daniel, Anxo, Jaime, Jesús e David.
CD Lugo:  Jorge, Nixon, Xavier, Diego, Xabier, Sergio, Alejandro, David, Íjker, Francisco e Xavy. Tamén xogaron Fiovert, Alejandro e Omar.
Goles:  Íker no minuto 13 e Pablo no 61’.
Árbitro: Eduardo Rivera Gores.

 

LIGA NACIONAL XUVENIL

           Resultados xornada 25

UD Ourense 0-0 Valladares
Conxo 2-1 Xuventude Oroso
Calasanz 1-2 Alondras
Celta B 4-2 Pontevedra
Ural 1-4 Ferrol
Porriño 0-0 Montañeros
Pabellón Ourense 3-1 Bergantiños
Deportivo B 3-0 Choco
Val Miñor 2-0 Lugo B

              Próxima xornada

Xuventude Oroso - Valladares
Alondras - Conxo
Pontevedra - Calasanz
Ferrol - Celta B
Montañeros - Ural B
Bergantiños - Porriño
Choco - Pabellón Ourense
Lugo B - Deportivo B
Val Miñor - UD Ourense