División de Honra xuvenil
A categoría descansa esta fin de semana co Lugo situado no medio da táboa e todavía sen ter asegurada a permanencia.
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL |
---|
Próxima xornada
Celta | - | Roces |
Santander | - | Coruxo |
Ural | - | Covadonga |
Deportivo | - | Oviedo |
Perinés | - | Bansander |
Marina | - | Gimnástica |
Gijón | - | Arosa |
Compostela | - | Lugo |
Liga Nacional xuvenil
Un punto apañou o Lugo B esta fin de semana no partido que o enfrontou na Cheda ante o UD Ourense.
Disputaron un duelo bastante igualado, moi pelexado, no que os dous equipos propuxeron un bo fútbol.
Na primeira parte costoulles aos de Roberto Fernández enganchar o centro do campo coa primeira liña polo que non se producía o gol. O rival pola súa conta si tiña esas chegadas a portería mentres o Lugo tiña os dianteiros sen recibir.
Na segunda metade modificaron algo o xogo con algún cambio táctico e a situación mellorou cos laterais avanzando por banda. O gol do rival madrugou e foi un balón parado que chegou ao segundo pau e remataron os visitantes de cabeza.
O equipo non se rendeu e colleu o control do partido polo que non tardaría moito o empate despois de varias ocasións que remataron no largueiro e no pau, todas elas oportunidades que non puideron materializar para gañar o duelo. Dominaron nos minutos finais pero o gol non chegou.
Boas sensacións para o equipo que si ten que traballar o balón parado e os inicios na primeira parte..
LUGO B 1 - 1 UD OURENSE
UD Ourense: Ignacio, Hugo B, Carlos, Álex, José, Diego, Izan, Héctor, Raúl, Íker e Hugo V. Tamén xogaron Amanuel e Isay.
Goles: 0-1 (47’): Álex. 1-1 (65’): Sergio
LIGA NACIONAL XUVENIL |
---|
Resultados xornada 24
Valladares | 3-1 | Conxo |
Xuventude Oroso | 2-2 | Calasanz |
Alondras | 1-0 | Celta B |
Pontevedra | 0-0 | Ural B |
Ferrol | 1-3 | Porriño |
Montañeros | 0-0 | Pabellón Ourense |
Bergantiños | 0-3 | Deportivo B |
Choco | 3-1 | Val Miñor |
Lugo B | 1-1 | UD Ourense |
Próxima xornada
UD Ourense | - | Valladares |
Conxo | - | Xuventude Oroso |
Calasanz | - | Alondras |
Celta B | - | Pontevedra |
Ural | - | Ferrol |
Porriño | - | Montañeros |
Pabellón Ourense | - | Bergantiños |
Deportivo B | - | Choco |
Val Miñor | - | Lugo B |