O Lugo non puido pasar do empate na Cheda co Covadonga tras o fallo dun penalti na primeira metade

O equipo B caeu contra o mellor da categoría cun único gol albivermello, de penalti tras un empuxón que se produxo co marcador en 0-3

 

División de Honra xuvenil

O Lugo non foi quen esta fin de semana de levarse a vitoria ante o Covadonga, un dos rivais da parte de abaixo, polo que o punto do empate sabe case a derrota, especialmente tras os últimos minutos de xogo, nos que estiveron preto de perder.

O Lugo saíu ao verde da Cheda seguro e confiado na vitoria. Foron superiores durante a primeira media hora de xogo, levando o peso do partido, ata que chegou un penalti que fallaron e que foi decisivo no curso do partido.

Co 0-0 no marcador, remataron a primeira metade concedendo moitas faltas e sufrindo para manter a situación controlada. O Covadonga dispuxo dunha importante oportunidade e o Lugo, tamén tivo oportunidades a través de centros laterais que non remataron por pouco.

Na segunda, o Lugo volveu asentarse no partido, destacando un paradón do porteiro visitante a un tiro de Xoel.

Malia este inicio, a última media hora de partido foise das mans ao Lugo, con continuas xogadas de ida e volta e situacións de perigo para os dous, o que xerou moita tensión para romper o empate. Incluso o Covadonga dispuxo de máis oportunidades ao final, unha moi clara no tempo de desconto que a piques estivo de acabar coas opcións do Lugo tras unha falta que puxo en perigo a portería local.

Mal sabor de boca para o Lugo, tiña ante un equipo da zona baixa a oportunidade de sumar para asegurar con antelación a súa permanencia na categoría..

Consulta aquí a clasificación                                    

LUGO 0 - 0 COVADONGA

CD Lugo:  Jorge, Dani, Amin, Hugo, Mateo, Rosón, Antón, Pablo, Alexito, Xoel e Borja. Tamén xogaron Gonzalo, Liam e Ayman.
CD Covadonga A: Pelayo, Pablo, Pedro, Jorge, Óscar, Mateo, Roberto, Enol, Ángel, Liam e Samuel. Tamé n xogaron Danuiel, Mateo, Diego, Pérez, Pau e Izan.
Árbitro:  Jesús López Fernández.
Campo:  A Cheda.

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                Resultados xornada 19

Lugo 0-0 Covadonga
Oviedo 1-0 Coruxo
Bansander 3-1 Roces
Gimnástica 0-1 Celta
Arosa 0-0 Santander
Compostela 2-1 Ural
Gijón 2-0 Deportivo
Marina 0-3 Perinés

           Próxima xornada

Coruxo - Covadonga
Roces - Oviedo
Celta - Bansander
Santander - Gimnástica
Ural - Arosa
Deportivo - Compostela
Perinés - Gijón
Marina - Lugo 

         

Liga Nacional xuvenil

Un dos equipos mellores da categoría, o Pontevedra, amosou na Cheda esta fin de semana o seu firme obxectivo de regresar á División de  Honra e arrasou co 1-5.

Malia o resultado, o Lugo aguantou ben a primeira metade e o que se viviu foi un xogo igualado que tivo o seu primeiro revés albivermello co primeiro gol, un centro lateral.

Aínda que había loita no campo, o segundo tanto a escasos segundo do final da primeira parte supuxo un xarro de auga fría para os de Roberto Fernández, que non encaixaron ben o 0-2 da pausa e quedaron algo fóra do partido.

Na segunda, o Pontevedra veuse máis arriba e malia que o Lugo intentou ter algunha ocasión, o visitante dominou o resto do partido claramente.

O gol do Lugo entra no minuto 60, co 0-3 no marcador, cando Íker converte un penalti pitado polo colexiado tras unha falta con tarxeta amarela e que significou a expulsión do xogador por ver o segundo cartón.

Non importou moito ao Pontevedra a inferioridade, xa que foi quen de marcadr dous goles máis antes do remate e iso que xogaron algo máis repregados.
Houbo algunha chegada por parte dos albivermellos pero sen demasiado perigo..

Consulta aquí a clasificación

LUGO B 1 - 5 PONTEVEDRA

CD Lugo B:  Brais, Alejandro L, Adrián, Xavier I, Sergio, Fiovert, Alejandro A, David, Íker, Alejandro G e Francisco. Tamén xogaron Marco, Mateo, Daniel e Xabier V.
Pontevedra CF: Carlos, Joaquim, Alexander, Saúl, Alonso, Sergio C, Jacobo, Raúl, Román, David e Fernando. Tamén xogaron Sergio V, Adrián, Hugo e Pablo.
Goles:  Íker (60’) de penalti polo local. Román (2), Jacobo, Raúl e Saúl polo visitante.

 

LIGA NACIONAL XUVENIL

           Resultados xornada 19

UD Ourense 1-3 Celta B
Ural 5-0 Calasanz
Porriño 1-1 Conxo
Pabellón Ourense 3-4 Valladares
Deportivo B 2-0 Xuventude Oroso
Val Miñor 4-2 Alondras
Lugo B 1-5 Pontevedra
Choco 0-0 Ferrol
Bergantiños 2-1 Montañeros

           Próxima xornada

Calasanz - Celta B
Conxo - Ural B
Valladares - Porriño
Xuventude Oroso - Pabellón Ourense
Alondras - Deportivo B
Pontevedra - Val Miñor
Ferrol - Lugo B
Montañeros - Choco
Bergantiños - UD Ourense