O Lugo non puido refrendar cunha vitoria a gran actuación ante o Perinés e caeu na última xogada

Sesión sen goles e un punto de renda para o duelo do B co Alondras, malia o bo xogo despregado
LNX LUGO B-VALLADARES27
photo_camera LNX LUGO B-VALLADARES27

División de Honra xuvenil

O Lugo foi derrotado este domingo co Perinés, equipo tamén da zona media, que venceu 2-1 cun gol na última xogada do tempo regulamentario.

Duelo de moita disputa, con moito xogo directo, unha característica que os de Dani Galán sabían que ían atopar. Aínda así, adaptáronse ben e competiron tamén moi ben, moito mellor do que reflicte o resultado, xa que o equipo de Lugo dispuxo de máis situacións de gol, máis córners e máis chegadas á área contraria.

A primeira parte rematou sen goles e non foi ata a segunda cando Liam adiantou ao Lugo nos mellores minutos do conxunto albivermello, minutos que se prolongaron ata o empate do Perinés, que o logrou aproveitando un despiste individual.

O partido entrou nunha dinámica morta, na que o resultado parecía que quedaría en empate co conseguinte reparto de puntos. Sen embargo, noutro erro individual nun balón longo, o rival fíxose coa bóla para poñer o gol da vitoria no marcador no último minuto de xogo.

O Lugo xa non puido facer máis xa que o equipo sacou de centro e o árbitro non deixou chegar á área contraria pitando o final do partido ao entrar no tempo de desconto.

Boa actuación dun Lugo que acudiu á cita con bastantes baixas e lesións pero que non puido refrendar coa vitoria o bo xogo.

Consulta aquí a clasificación                                    

PERINÉS - LUGO

C AT Perinés: García, Cayón, Marcos, Juan, Eduardo, Mario, Rodrigo, Enrique, Carlo, Jorge e Álvaro. Tamén xogaron Brunoabenezer, José Miguel e Yeray.
CD Lugo:  Víctor, Dani García, Mateo, Amín, Jairon, Rosón, Antón, Alexito, Gonzalo, Liam e Borja. Tamén xogaron Dani Blanco, Xavi e Xoel.
Goles:  0-1 (51): Liam. 1-1 (60’): Brunoabenezer. 2-1 (89’): Álvaro.

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                Resultados xornada 18

Covadonga 1-3 Oviedo
Coruxo 1-1 Bansander
Roces 4-0 Gimnástica
Celta 5-0 Arosa
Santander 4-1 Compostela
Ural 0-3 Gijón
Deportivo 2-2 Marina
Perinés 2-1 Lugo 

           Próxima xornada

Lugo - Covadonga
Oviedo - Coruxo
Bansander - Roces
Gimnástica - Celta
Arosa - Santander
Compostela - Ural
Gijón - Deportivo
Marina - Perinés

          

Liga Nacional xuvenil

O Lugo fíxose cun novo punto esta fin de semana no duelo que mantivo co Alondras a domicilio e  no que non houbo goles por ningunha das dúas partes.

Bo traballo dos lugueses que malia quedar 0-0 no marcador dispuxeron de ocasións e ofreceron un partido intenso e entretido para a afección.

O Lugo, que competiu duramente durante os 90 minutos, seguiu mellorando cousas e probando xogadas de estratexia para ofrecer ao final un resultado xusto para ambos.

Tivo varias ocasións o CD Lugo para facerse coa vitoria, dous ou tres moi claras ao longo de todo o partido que o final non atoparon o oco entre os tres paus. Tamén é certo que o porteiro local salvou dous tiros a porta con aire de gol.

Tamén o rival tivo algunha opción e unha oportunidade clara que se foi fóra rozando o largueiro.
Para o Lugo unha das opcións máis claras foi un tiro ao pau de Mateo nos últimos minutos que puido significar os tres puntos.

Queda o conxunto albivermello situado na duodécima praza da táboa con moitas opcións de seguir progresando na clasificación.

Consulta aquí a clasificación

ALONDRAS  0 - 0 LUGO B

Alondras CF: Francisco, Ricardo, Diego, Pablo G, Víctor, Pablo I, Íker, Samuel, Adrián, Raúl e Iago A. Tamén xogaron Alejandro, Iago C, Hamza e Juan José.
CD Lugo:  Jorge, Adrián, Diego, Sergio, Alejandro A, Íker, Alejandro G, Francisco, David, Raúl e Alejandro L. Tamén xogaron Fiovert, Marco e Mateo.
Árbitro:  Diego Vidal Cousido. Sacou dúas amarelas, unha a cada equipo.

 

LIGA NACIONAL XUVENIL

           Resultados xornada 18

Celta B 2-1 Ural B
Calasanz 2-2 Porriño
Conxo 1-2 Pabellón Ourense
Valladares 1-2 Deportivo B
Xuventude Oroso 3-1 Val Miñor
Alondras 0-0 Lugo B
Pontevedra 3-0 Choco
Ferrol 1-0 Bergantiños
Montañeros 0-0 UD Ourense

                   Próxima xornada

UD Ourense - Celta B
Ural - Calasanz
Porriño - Conxo
Pabellón Ourense - Valladares
Deportivo B - Xuventude Oroso
Val Miñor - Alondras
Lugo B - Pontevedra
Choco - Ferrol
Bergantiños - Montañeros