O equipo de Honra firmou ante o Oviedo o segundo empate consecutivo cando faltaban dous minutos

O Lugo B remontou na segunda parte un tanto en contra discutido polos colexiados

División de Honra xuvenil

O Lugo logrou sumar un segundo empate consecutivo esta fin de semana na casa ante o Oviedo, empate que sabe ben, por tratarse dun dos equipos que estaban por riba, pero que tamén doe non poder sumar os tres puntos na casa.

Partido bastante igualado o que xogaron para facer xustiza ao resultado final. O Lugo estivo un pouco mellor tendo o control do xogo xa que os do Oviedo viñan a esperar.

O primeiro gol tivo lugar antes do intermedio e subiu ao casilleiro do visitante. Comezou a xogada cunha perda de balón dos albivermellos que non puideron frear a rapidez coa que se foron fronte á porta de Víctor, que ve entrar o balón cun centro lateral polo segundo pau.

Ademais, o Lugo tivo moitas opcións de marcar, tres moi claras, tamén cun centro lateral que no se chegou por moi pouco ao remate a portería baleira. Algunha máis do mesmo xeito pero co porteiro colocado pero que por unha ou outra razón non entraron.

Na segunda parte o Oviedo fixo dano a balón parado pero cando parecía que o marcador non se movería, Hugo Díaz plantou o gol que valeu un punto só ante o porteiro e meténdoa por debaixo das pernas, cando faltaban dous minutos para o remate.

Boa actuación do equipo xuvenil que apertou durante todo o encontro e que queda empatado con Basander e Oviedo na táboa.

Consulta aquí a clasificación                                    

LUGO 1 - 1 OVIEDO

CD Lugo:  Víctor, Borja, Amin, Dani García, Jairon, Rosón, Antón, Hugo Díaz, Xoel, Alexito e Ayman. Tamén xogaron Gonzalo, Borja e Liam.
Real Oviedo A: Marco, Mario, Daniel, Nicolás, Borja, Pablo, Ignacio, Pelayo, Joel, Adrián e Sergio. Tamén xogaron Alejandro, Vicente, José Luis, Mouhamed, Diego, Marcos e Mateo.
Goles:  0-1 ( 10’): Ignacio. 1-1 (88’): Hugo Díaz..

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                Resultados xornada 17

Lugo 1-1 Oviedo
Bansander 5-0 Covadonga
Gimnástica 2-1 Coruxo
Arosa 2-2 Roces
Compostela 2-4 Celta
Gijón 1-0 Santander
Marina 2-1 Ural
Perinés 0-1 Deportivo

           Próxima xornada

Covadonga - Oviedo
Coruxo - Bansander
Roces - Gimnástica
Celta - Arosa
Santander - Compostela
Ural - Gijón
Deportivo - Marina
Perinés - Lugo 

           

Liga Nacional xuvenil

O Lugo B levouse unha nova vitoria, 1-3 contra o Xuventude de Oroso, que lle permite alonxarse da zona de descenso.

Moi bo partido para o Lugo B, que dominou o xogo e que estivo en liñas xerais a un bo nivel, malia empezar cun gol en contra na primeira parte. Foi este tanto consecuencia dunha falta indirecta que tocou o porteiro albivermello.

Nun principio o gol foi anulado polo árbitro pero o linier indicou que o balón si o tocara Jorge polo que finalmente foi dado por bo. Con este resultado chegaron ao segundo tempo, no que os lugueses estiveron moi concentrados, con moito tempo de posesión e con moitas oportunidades de gol, nas que o balón parado tivo moito de protagonismo.

Os dous primeiros goles foron en senllos saques de esquina, o primeiro aplicando unha xogada de estratexia que tivo os seus froitos. No segundo, o tiro albivermello rebotou nun xogador do Oroso e entrou tamén coma un gol en propia do equipo local compensando deste xeito o que tiña o Lugo en contra.

O último, que deu tranquilidade ao equipo de Roberto Fernández, foi nunha transición rápida que golpeou cun tiro raso que acaba na rede do equipo local. Moita satisfacción no banco lugués polo traballo desenvolvido durante a xornada do sábado.

“Contestos coa actitude e coa entrega dos xogadores durante os 90 minutos, moi concentrados e amosando esa confianza que os levou á vitoria”, indica o adestrador principal que avanza que “haberá que seguir mellorando porque temos moito marxe para ser mellores, xa que temos un equipo moi xove que está en fase de aprendizaxe”.

Consulta aquí a clasificación

XUVENTUDE OROSO 1 - 3 LUGO B

ED Xuventude Oroso: Antón, Martín D, Rubén, Alejandro R, Álvaro, Martín L, Diego, Alejandro V, Guillermo, Simón e Raúl. Tamén xogaron Adrián, Marco, Oliver e Hugo.
CD Lugo B:  Jorge, Alejandro L, Mateo, Xavier, Diego, Sergio, Alejandro A, David, Íker, Francisco e Carlos. Tamén xogaron Alejandro G, Fiovert e Adrián.
Goles:  Alejandro A e Francisco polo Lugo e un en propia porta para cada equipo.

 

LIGA NACIONAL XUVENIL

           Resultados xornada 17

Ferrol 2-0 Montañeros
Pontevedra 3-0 Bergantiños
Alondras 0-2 Choco
Xuventude Oroso 1-3 Lugo B
Valladares 1-4 Val Miñor
Conxo 2-2 Deportivo B
Calasanz 1-3 Pabellón Ourense
Celta B 4-0 Porriño
Ural 0-2 UD Ourense

           Próxima xornada

Celta B - Ural B
Calasanz - Porriño
Conxo - Pabellón Ourense
Valladares - Deportivo B
Xuventude Oroso - Val Miñor
Alondras - Lugo B
Pontevedra - Choco
Ferrol - Bergantiños
Montañeros - UD Ourense