O Lugo de División de Honra quedou lastrado por unha mala primeira metade e só puido empatar

Dura derrota luguesa na Liga Nacional, ante un Celta B que foi inflexible e que dominou a bóla e a porta

División de Honra xuvenil

A Cheda tampouco puido ver a vitoria esta semana por parte do Lugo, que malia ofrecer un mellor xogo non puido pasar do empate ante a Gimnástica de Torrelavega, un dos equipos que está na zona de descenso.

Pasou factura ao equipo unha primeira parte moi mala, na que non tiveron ritmo e con malas accións nos balóns divididos. 

Aínda así mantiveron o control do xogo e o rival non inquietou malia que xusto antes do descanso a Gimnástica se adiantou no marcardor no único tiro a porta do que dispuxo.

Na segunda metade o Lugo saíu con máis intensidade e polo tanto o ritmo foi mellor e comezaron a agochar ao rival no campo contrario. A Gimnástica acusou o cansazo e o Lugo logrou o empate a 20 minutos do final.

Despois, aínda tiveron un par de ocasións para marcar e incluso un gol anulado por fóra de xogo, un fóra de xogo que despois non vídeo viuse que non era.

Nunha desas ocasións sacouse o balón de debaixo dos paus pero os 45 minutos da segunda non foron suficientes para paliar todos os fallos que se produxeron na primeira metade.
O Lugo repetirá na Cheda a próxima fin de semana, que recibirá ao colista, o Ural..

Consulta aquí a clasificación                                    

LUGO 1 - 1 GIMNÁSTICA

CD Lugo: Jorge, Buide, Amin, Jairon, Freire, Hugo D, Rosón, Antón, Ayman, Gonzalo e Dani. Tamén xogaron Hugo G, Unai, Xoel, Borja e Alexito.
RS Gimnástia de Torrelavega A: Ángel, Álex, Gonzalo, Urko, Adri, Ruíz, Miguel, Jorge, Bascuñana, Alejandro e Hugo. Tamén xogaron Diego, Velarde e Daniel.
Goles: 0-1 (43’): Mario. 1-1 (62’): Ayman.
Árbitro: David Pereira Ferreiro.

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                Resultados xornada 13

Santander 2-1 Ural
Celta 0-2 Deportivo
Roces 0-2 Perinés
Coruxo2 2-0 Marina
Covadonga 0-3 Gijón
Oviedo 0-1 Compostela
Bansander 0-1 Arosa
Lugo 1-1 Gimnástica

               Próxima xornada

Lugo  - Ural
Deportivo - Santander
Perinés - Celta
Marina - Roces
Gijón - Coruxo
Compostela - Covadonga
Arosa - Oviedo
Gimnástica - Bansander

                   

Liga Nacional xuvenil

O Lugo volveu de Vigo cunha dura derrota ás costas tras caer ante o Celta B, líder incuestionable da categoría, que está cinco puntos por riba do segundo.

Lastrou o partido dos lugueses os dous goles que encaixaron nos primeiros minutos e que fixeron que o resto da tarde fose máis que complicada. Tras eses dous iniciais chegaron outros tres deixando un parcial de 5-0 no intermedio.

O Celta B fixo un bo partido e o Lugo B non estivo en ningún momento á altura aínda que mantivo o rival máis lonxe da súa porta na segunda parte.

Un bo partido para a aprendizaxe para os lugueses, que deberán sacar unha boa renda para a autocrítica e a humildade.

O Lugo cae deste modo á posición número 15 achegándose á zona de perigo de descenso. Non se renden os albivermellos, que deberán regresar á senda da vitoriapara recuperar posicións. Teñen unha nova oportunidade a fin de semana próxima, cando se enfrontarán en campo propio ante o Calasanz, colista do grupo.

Os de Roberto levan xa tres derrotas consecutivas e só están tres puntos por riba do descenso.

Consulta aquí a clasificación

CELTA B 6 - 0 LUGO B

RC Celta B: Marcos, Pablo, Noel C, Noel G, Pedro, Hugo, Alejandro, Andrés A, Miguel, Ianis e Amet. Tamén xogaron Xaquín, Nicolás, Martín, Andrés F e Asier.
CD Lugo B: Jairo, Alejandro L, Mateo, Xavier, Diego, Daniel P, David, Alejandro A, Íker, Alejandro G, e Raúl. Tamén xogaron Daniel B, Lucas, Carlos, Francisco e Adrián. 
Goles: Ianis (5’), Miguel (23’, 33’ e 39’) e Alejandro (45’ e 73’).
 
LIGA NACIONAL XUVENIL

           Resultados xornada 13

Alondras 0-0 Pontevedra
Xuventude Oroso 0-1 Ferrol
Valladares 2-2 Montañeros
Conxo 2-2 Bergantiños
Calasanz 0-6 Choco
Celta B 6-0 Lugo B
Ural 0-3 Val Miñor
Porriño 2-1 Deportivo B
UD Ourense 1-1 Pabellón Ourense

               Próxima xornada

Pontevedra - UD Ourense
Ferrol - Alondras
Montañeros - Xuventude Oroso
Bergantiños - Valladares
Choco - Conxo
Lugo B - Calasanz
Val Miñor - Celta B
Deportivo B - Ural B
Pabellón Ourense - Porriño