Derrota avultada para os albivermellos, que non aproveitaron os momentos cruciais e caeron en Santander

As áreas volven castigar ao Lugo B, que perdeu ante o Ural na casa e tras dominar os 90 minutos do duelo

División de Honra xuvenil

Mala xornada para o Lugo de División de Honra, que caeu esta fin de semana a domicilio contra o Rácing de Santander cun avultado marcador que tampouco reflicte o que se viu no campo.

Partido con varias dinámicas diferentes nas que dous goles do local marcaron un inicio que castigou a un Lugo que non o deu todo por perdido e que recuperou o 2-0 en contra e empatou en dous minutos.

Nese tramo final da primeira parte, na que o Lugo estaba no seu mellor momento e loitaba con claridade polo terceiro con dúas situacións man a man co porteiro, o Rácing volveu coller as rendas marcando de novo, o que resultou un mazazo para o conxunto albivermello.

Saíron convencidos na segunda metade pero un novo gol, que poñía o 4-2 no marcador, baixou a ilusión de golpe de novo, xa que eliminaba a posibilidade de imitar a remontada da primeira parte.

Un fallo na defensa provocou un quinto gol, que figura en propia porta, e a continuación o colexiado pitou un penalti que fallou o Lugo, eliminando toda posibilidade de remontada, que xa foi totalmente apartada co sexto e último tanto dos santanderinos.

Consulta aquí a clasificación                                    

SANTANDER - LUGO

Rácing Club de Santander: Aitor, Samuel, Adrián, Dani Cobo, Diego, Diego Alcides, Mario, Miguel, Javier, Mario e Rodrigo. Tamén xogaron Daniel, Álvaro, Alejandro, Pablo e Ruíz.
CD Lugo: Candal, Rajouani, Manu, Díaz, Núñez, Fernández, Rosón, Espinosa, Arranz, García e González. Tamén xogaron Peón, Rajouani, Cuéllar, Irimia e García.
Goles: Aitor, Mario, Rodrigo (2) e Álvaro (local) e Fernández e González (Lugo). 1 en propia porta do visitante.

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                Resultados xornada 12

Santander 6-2 Lugo
Ural 0-2 Celta
Deportivo 3-0 Roces
Perinés 1-4 Coruxo
Marina 1-2 Covadonga
Gijón 3-2 Oviedo
Compostela 1-3 Bansander
Arosa 0-0 Gimnástica

                    Próxima xornada

Santander - Ural
Celta - Deportivo
Roces - Perinés
Coruxo - Marina
Covadonga - Gijón
Oviedo - Compostela
Bansander - Arosa
Lugo - Gimnástica

                      

Liga Nacional xuvenil

O Lugo caeu ante o Ural este sábado pola mínima cun único gol que entrou a sete minutos do final e tras facer un gran xogo que non obtivo a recompensa esperada.

O Lugo saíu unha semana máis ao terreo de xogo cunha gran forza e a intención de levarse o partido. Mantiveron o control durante os 90 minutos, sendo moi superiores ao Ural, que aínda así fixo un gran labor defensivo.

Os de Roberto dispuxeron de numerosas ocasións para marcar con chegadas á área que non conseguían finalizar. 

Non cambiou o conto na segunda metade e cando o empate parecía ser o resultado co que ían quedar, o Ural, nunha das poucas opcións que tivo, aproveitou para subir o seu gol, tras unha falta lateral. 

Non é a primeira vez que o equipo adolece de gol tras unha boa xestión da bóla durante todo o encontro polo que os esforzos terán que centrarse no traballo nas dúas áreas, especialmente na de ataque.

Tralo gol, houbo máis oportunidades para os albivermellos, unha delas unha parada do porteiro coa cara, pero seguiron sen poder cambiar un resultado que lles castiga novamente sen puntuar e coa mirada posta no seguinte duelo, que será ante o poderoso líder, o Celta B, que preside a clasificación en solitario.

A procura da vitoria con tantas ocasións que non conseguiron materializar será unha das reflexións para os próximos días. De feito, o equipo, ante a inminente derrota, boutou todo o esforzo no ataque con tres dianteiros e aínda así non foi quen de empatar o duelo..

Consulta aquí a clasificación

LUGO B 0 - 1 URAL B

CD Lugo B: Jairo, Mateo, Xavier, Marco, Daniel B, Lucas, Sergio, Alejandro, David, Íker e Carlos. Tamén xogaron Dani P, Francisco e Mateo.
Ural Español CF: Hugo, Jorge, Manuel, Diego, Jorge P, Gonzalo, Manuel María, Iván, Álvaro, Alan e Matías.
Goles: Iván no minuto 83.
Árbitro: Iván Abel Bruzos.
Campo: A Cheda.
 
LIGA NACIONAL XUVENIL

           Resultados xornada 12

Alondras 2-0 UD Ourense
Pontevedra 5-3 Xuventude Oroso
Ferrol 3-1 Valladares
Montañeros 1-3 Conxo
Bergantiños 3-1 Calasanz
Choco 1-1 Celta B
Lugo B 0-1 Ural B
Val Miñor 2-1 Porriño
Deportivo B 3-0 Pabellón Ourense

                  Próxima xornada

Alondras - Pontevedra
Xuventude Oroso - Ferrol
Valladares - Montañeros
Conxo - Bergantiños
Calasanz - Choco
Celta B - Lugo B
Ural - Val Miñor
Porriño - Deportivo B
UD Ourense - Pabellón Ourense