O primeiro equipo xuvenil recupérase tras dominar e vencer ao Arosa na Cheda cun contundente 3-0

Unha expulsión marcou o duelo do Lugo, que caeu ante o Porriño por 4-0 tras unha vermella directa a Diego moi criticada

División de Honra xuvenil

Aínda que tardou en abrir a lata dos puntos,o Lugo de División de Honra logrou sumar una nova vitoria ás costas do Arosa, cun marcador contundente de 3-0.

En xeral, partido moi dominado polos locais co balón sempre en poder albivermello. O rival pechou ben atrás, polo que foi moi difícil atopar o oco entre os tres paus.

Aínda así houbo varias ocasións con media ducia de chegadas á liña de fondo rival pero ao final ou fallaba o pase ou o desmarque.

Finalmente, Antón logra meter o primeiro, cando faltaban cinco minutos para a pausa nunha situación por banda, que chega ao segundo pau para o remate.

Na segunda metade, o monopolio seguiu sendo lugués aínda que con moita máis tranquilidade. O rival quixo apertar pero o cansazo pasoulles factura e facilitou a chegada do segundo tanto, obra de Hugo Díaz, que deu moita tranquilidade aos locais.

O Arosa non logrou inquietar ao Lugo, que non foi quen de xerar ocasións na saída de balón. Co terceiro, a dez do final, chegou a sentencia que daba os tres puntos ao Lugo.

Consulta aquí a clasificación                                    

LUGO 3 - 0 AROSA

CD Lugo: Jorge, Freire, Jairon, Amin, Buide, Hugo García, Rosón, Hugo Díaz, Dani García, Antón e Ayman. Tamén xogaron Gonzalo, Xoel, Alexito, Gorja e Jorge.
Arosa SC: Prieto, Tejero, Casalderrey, Miguel, Lucas, La Unión, Santamaría, Abel, García, Conde e Memet. Suplentes: Sueiro, Arón, Marcos, Redondo, Seijo, Víctor e Aguin.
Goles: Antón (40’ ), Hugo Díaz (60’) e Jorge (80’).

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                Resultados xornada 11

Celta 1-1 Santander
Roces 1-0 Ural
Coruxo 1-2 Deportivo
Covadonga 2-3 Perinés
Oviedo 5-0 Marina
Bansander 2-2 Gijón
Gimnástica 1-6 Compostela
Lugo 3-0 Arosa

Próxima xornada   

Santander - Lugo
Ural - Celta
Deportivo - Roces
Perinés - Coruxo
Marina - Covadonga
Gijón - Oviedo
Compostela - Bansander
Arosa - Gimnástica

                   

Liga Nacional xuvenil

O Lugo caeu esta fin de semana ante o Porriño por 4-0 nun partido moi criticado na arbitraxe.

Os albivermellos comezaron dominando a sesión durante os primeiros 30 minutos, nos que aínda así encaixaron un gol. 

Antes do descanso tras un saque de esquina o colexiado, Carlos Martínez Fernández, expulsou a Diego Rodríguez, xogador que segundo confirmou o equipo e incluso o rival non se atopaba na acción de xogo responsable da sanción.

Se a decisión considerouse errónea foi máis criticado “o trato que dispensou o árbitro aos xogadores”, explicou o adestrador albivermello, Roberto Fernández.

“O colexiado non se dirixiu aos rapaces como corresponde, esa non é forma de falar con eles, non deixan de ser menores que están aprendendo e ese non é un bo exemplo de uso de vocabulario”, engadiu Fernández, que asegurou que “cheguei a dicirlle que se non cambiaba a súa forma de falarlles, abandonaríamos o partido”.

Finalmente e tras esta situación o partido continuou pero a falta dun xogador pasou unha dura factura que se viu reflectida en tres goles máis, ao contrataque.

O Lugo dispuxo de ocasións, pero con dez no campo a situación complicouse.

Consulta aquí a clasificación

PORRIÑO - LUGO B

Porriño Industrial FC: Hugo D, Hugo M, Adrián, Sergio, Íker, Ignacio, Brais, Iago, Jorge, Izan e Borja. Tamén xogaron Joel, Sergio, Marcos, Íker e Iago.
CD Lugo B: Brais, Alejandro L, Mateo, Xavier, Diego, Marco, Daniel P, Alejandro A, Íker, Francisco e Carlos. Tamén xogaron Sergio, Alejandro G, Raúl, Daniel B e Lucas.
Goles: Sergio (22’), Izan (50’), Marcos (67’) e Izan (79’).
 
LIGA NACIONAL XUVENIL

           Resultados xornada 11

Xuventude Oroso 1-3 Alondras
Valladares 0-2 Pontevedra
Conxo 0-2 Ferrol
Calasanz 0-1 Montañeros
Celta B 3-0 Bergantiños
Ural 1-2 Choco
Porriño 4-0 Lugo B
Pabellón Ourense 2-1 Val Miñor
UD Ourense 1-2 Deportivo B

               Próxima xornada

Alondras - UD Ourense
Pontevedra - Xuventude Oroso
Ferrol - Valladares
Montañeros - Conxo
Bergantiños - Calasanz
Choco - Celta B
Lugo B - Ural
Val Miñor - Porriño
Deportivo B - Pabellón Ourense