Dominio albivermello con vitoria na División de Honra pero derrota na Liga Nacional

Un gol nos primeiros quince minutos condicionou o partido do B no que dominaron

 

LNJ_Lugo B-Ferrol_Noe-10
photo_camera LNJ_Lugo B-Ferrol_Noe-10

División de Honra xuvenil

O Lugo venceu de novo e fíxoo con moita comodidade a domicilio e ante o Covadonga. O resultado confirma que os de Dani Galán teñen previsto facer unha gran tempada.

Os albivermellos disputaron unha gran primeira parte na que foron claros dominadores malia xogar nun campo no que non se sentían cómodos ao ter dimensións máis reducidas que A Cheda.

Foi nesta primera parte onde entraron os tres primeiros do Lugo, os tres a balón parado. O primeiro foi madrugador, xa que entrou no minuto 5, por medio de Unai nun saque de córner.

O segundo tamén foi un córner, nesta ocasión de Ayman e o terceiro unha falta lateral que peiteou Manu.

Na segunda, como era de esperar, subiron as liñas os locais e dificultaron ao Lugo a saída de balón, polo que optou polo xogo en longo. Víctor sacou baixo paus o que podería ser o primeiro gol local e no 82’, nunha transición en contra, nun 1-1 Rosón empuxou o balón na segunda liña.

A próxima semana volverán xogar na casa, ante o Marina.

Consulta aquí a clasificación                                          

COVADONGA 0 - 4 LUGO

CD Covadonga A: Mateo, Jorge, Óscar, Diego, Pérez, Roberto, Adrián, Diego, Ángel, Pau e Vega. Tamén xogaron Mateo, Pedro, Samuel e Mauro.
CD Lugo: Manu, Díaz, Peón, Rosón, Arosa, Ayman, Núñez, Rajouani, Espinosa, Freire e García. Tamén xogaron Arranz, Fernández, García, Irimia e Cuellar.
Goles: Peón (4'), Ayman (14'), Manu (31') e Rosón (83').
Árbitro: Carlos Fernández Buergo.

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                Resultados xornada 4

Santander 0-0 Arosa
Ural 0-1 Compostela
Deportivo 1-1 Gijón
Covadonga 0-4 Lugo
Coruxo 1-2 Oviedo
Celta 7-2 Gimnástica
Perinés 1-0 Marina
Roces 1-0 Bansander

               Próxima xornada 

Lugo - Marina
Arosa - Ural
Compostela - Deportivo
Gimnástica - Santander
Oviedo - Roces
Gijón - Perinés
Bansander - Celta
Covadonga - Coruxo

 

Liga Nacional xuvenil

O Lugo B caeu no campo do Montañeros esta fin de semana malia xogar mellor e contar con moitas ocasións. 

Os albivermellos comezaron mal, con 15 minutos nos que o contro do partido estivo nas mans do equipo local. Foi precisamente neste tramo cando o local fixo o seu gol, pero a partir de aí cambiou o conto e o Lugo fíxose coas rendas do encontro, sendo dominadores.

Os de Roberto levaron o ritmo, tiveron máis posesión e máis control mentres que o Montañeros só tivo xogo para defenderse dos continuos ataques.

A segunda parte caracterizouse  precisamente polas múltiples ocasións das que dispuxo o equipo lugués, en especial por banda, dúas oportunidades de marcar de Álex García, unha falta de Queco ao largueiro, outra de Lucas dende a liña de fondo e un tiro moi bo de Dani Blanco que rematou nas mans do porteiro. Finalmente a bóla non quixo entrar.

Deste modo, o equipo cae á oitava posición dende a quinta pero levándose unha boa impresión do xogo, xa que foi superior a todos os niveis menos no acerto á porta, aínda que o seu rival tampouco fixo xogo na segunda metade debido á superioridade clara dos lugueses.

 A próxima fin de semana volverán xogar na casa, nesta ocasión ante un rival duro, o Bergantiños.

Consulta aquí a clasificación

MONTAÑEROS 1 - 0 LUGO B

Atlético Coruña Montañeros: Daniel, Samuel, Alonzo, Izan, Brais, Álex, Roberto, Hugo, Habib, Pablo e Julián. Tamén xogaron Gonzalo, Manuel, Daniel, Lucas e Leo.
CD Lugo B: Jorge, Alejandro L, Mateo D, Xavier, Daniel, Lucas, Sergio, David, Íker, Mateo M e Alejandro G. Tamén xogaron André, Francisco e Marco.
Goles: Álex no minuto 19.
Árbitro: Diego Seoane Sánchez.

 
LIGA NACIONAL XUVENIL

                   Resultados xornada 4     

Calasanz 0-1 UD Ourense
Conxo 0-4 Celta B
Valladares 2-0 Ural
Xuventude Oroso 1-1 Porriño
Alondras 0-2 Pabellón Ourense
Pontevedra 0-0 Deportivo B
Ferrol 1-2 Val Miñor
Montañeros 1-0 Lugo B
Bergantiños 1-0 Choco

                  Próxima xornada                                            

Calasanz - Conxo
Celta B - Valladares
Ural - Xuventude Oroso
Porriño - Alondras
Pabellón Ourense - Pontevedra
Deportivo B - Ferrol
Val Miñor - Montañeros
Lugo B - Bergantiños
UD Ourense - Choco