Fin de festa galega

Descenden PM Friol e Milagrosa mentres que Lugo B e Carballedo xogarán os play off

Primeira División Galega

Remata a Liga para as categorías femininas das competicións galegas con boas e malas novas para as da provincia. O primeiro revés é o do PM Friol, que regresará á Segunda Galega despois dun ano de sufrimento. O equipo friolés non dependía del mesmo, xa que ademais de gañar, que o cumpriu, tiña que perder o Amistade, que non fallou.

O PM Friol neste último partido na Primeira venceu ao Val, clasificado para a promoción de ascenso, por 1-3 pero non foi suficiente.

Consulta a clasificación aquí

O VAL 1 - 3 PM FRIOL B

SD O Val: Alba F, Alicia, Luna, Lucía L, Lucía H, Valeria, Noemí, Alba, Natalia, Andrea e Uxía. Tamén xogaron Alba P, Carmen Clara, Beatriz e Claudia.
PM Friol B: María del P, Nerea, Ana, Lidia, Andrea V, María, Neylla, Iona, Jessica, Iliana e Marie. Tamén xogaron Floarea e Aroa.
Goles: Uxía polas locais e Neylla (2) e Marie polas visitantes.
Árbitro: Francisco García Rodríguez.
 

Resultados xornada 30

Amistade 3 2 Umia B
Orzán 3 0 Bergantiños
Lóstrego B 3 0 Arousana
O Val 1 3 PM Friol B
Tordoia 1 0 Tomiño
Cambre 3 1 Noia
Sárdoma B 4 3 Victoria CF B
Victoria FC B 0 2 Domaio

 

Segunda División Galega

Malas novas na Segunda norte tamén para os da provincia. O Milagrosa despídese da tempada e da categoría con derrota sobre o Abella. O descenso era sabido xa que sacou só tres puntos en toda a tempada. Ademais, o San Roque, que perdeu 3-1 cun dos aspirantes ao ascenso, quedou fóra dos postos de play off, nos que si estaba a semana pasada.

Non houbo puntos neste último partido, como tampouco logrou a vitoria o Antas, que quedou empatado cos Miúdos (1-1). Pola contra, boas novas para o Chantada, que nun duelo a morte na última sesión logrou a permanencia, vencendo ao seu máximo rival na táboa, o Cacheiras, por un apertado 3-2.

GRUPO 1

Consulta a clasificación aquí

PASTORIZA 3 - 1 SAN ROQUE

SCD Pastoriza: Uxía, María, Karla, Noa, Cristina, Antía V, Zaira, Eugenia, Candela, Sabela e Claudia. Tamén xogaron Judith, Daryna, Leire, Antía G e Tarasova.
SDC San Roque: Cristina F, Paula, María L, Noa, Saray, Sofía, Carla, María E, Noelia, Raquel e Cristina. Tamén xogaron Wanessa e Diana.
Goles: Candela e Daryna (2) polas locais. María L de penalti polas visitantes.
Árbitro: Ángel Acuña Piñeiro.

MILAGROSA 1 - 3 ABELLA

SDC Milagrosa: Rosalía F, Aldara, Ana, Alicia, Lucía, Eider, Valeria, Martina, Susana, Marta e Zaira. Tamén xogaron María del P e Antía.
SE Abella SDEC: Alejandra, María, Nerea, Sahara, María, Lucía, Noelia, Carla, Ángela, Paula e Tamara. Tamén xogaron Laura, Ivana e Ángela.
Goles: Martina polas locais. Lucía (2) e Nerea (de penalti) polas visitantes.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandío.

OS MIÚDOS 1 - 1 ANTAS

ED Os Miúdos: Adriana, Atenea, Elba, Leire, Ximena, María, Cristina, Adriana, Laura, Ana e Carlota. Tamén xogou Patricia.
SD Antas: Melanie, Laura Q, Idoia, Maite, Iria, Elisa, Ania, Lidia, Tamara, Nuria e María. Tamén xogou Aldara.
Goles: Elba de penalti polas locais e Nuria polas visitantes.
Árbitro: Mar Thiaw.

Resultados xornada 30

Brexo Lema 0 1 Carral
Milagrosa 1 3 Abella
Os Miudos 1 1 Antas
Cee 1 3 Orzán B
Pastoriza 3 1 San Roque
San Pedro 9 0 Silva
Santiso 1 4 Maniños
Xallas 2 2 Meicende
GRUPO 2
 

Consulta a clasificación aquí

CHANTADA 3 - 2 CACHEIRAS

SD Chantada: Andrea N, María, Natalia, Noela, Sara, Rocío C, Beatriz, Ángeles, Eva, Noelia G e Laura. Tamén xogaron Saray, Rocío G, Lucía e Andrea M.
Cacheiras SD: Nuria, Alba, Xiana, Judith, Nerea, Carla, Claudia, Diana, Sofía, Tatiana e Alba. 
Goles: Ángeles, Saray e un en propia porta do rival para as locais. Alba e Judith polas visitantes.
Árbitro: Borja Bran López.

Resultados xornada 30

Praíña SP 1 1 Victoria FC C
Xuventú Aguiño 5 3 San Mateo
Boiro 3 3 Touro
Porriño 1 1 Interrías B
Calo 3 4 Rosalía
Mos B 6 0 Pontellas
Chantada 3 2 Cacheiras
  D Arenteiro
 

Terceira División Galega

En Terceira dous equipos lograron entrar nos postos de play off. Por unha banda o Lugo B, que levaba desde o inicio da Liga nos postos altos. Neste último partido, as luguesas venceron ao Arenteiro B por un avultado 0-5. O outro que opta ao ascenso é o Carballedo, que pechou a Liga cunha vitoria sobre o Rois e que, empatado a puntos co Cruces, entra en promoción polo golaverage.

Marcadores avultados tamén na categoría para o San Lázaro, que venceu ao un esgotado Vista Alegre por 7-0, mentres que o Monte Forte foi superado polo Taragoña, neste caso por 7-1. Derrota tamén na última xornada para a Comercial.

Consulta a clasificación aquí

SAN LÁZARO 7 - 0 VISTA ALEGRE

SD San Lázaro: Jesica, Mireia, Lucía, Douaa, Hajar, Eukene, Paola, Estefanía, Kaoutar, Luanda e María José. Tamén xogou Dana.
Vista Alegre SD: Iria, Catherine, Azul, Mayte, Lidia, Olalla, Laura, Lucía, Andrea e Uxía.
Goles: Paola, Eukene, Lucía, Douaa, Estefanía, Hajar e María José.
Árbitro: Pablo López Fernández.

CARBALLEDO 3 - 0 ROIS

Carballedo CF: María Jesús, Noelia M, Alba, Verónica, Uxía G, Jenny, Sara, Jesica, Noelia, Paula e Laura. Tamén xogou Candela.
CD Rois: Ana, Lucía, Candela, Sara, Erika, Alicia, Laura, Inés, María Gil, María L e Enma. Tamén xogaron Alicia, Ainhoa e Elsa.
Goles: Jenny (2) e Verónica polas locais.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

ARENTEIRO B 0 - 5 LUGO B

CD Arenteiro B: Sheila D, Aroa, Mara, Saleta, Sara, Candela, Aloia, Ariadna, Sheila B, Lucía e Alma.
CD Lugo B: Iyore, Nekane, Alba, Ainara, Xiana, Claudia, Iria, Ánxela, Blanca, María e Candela. Tamén xogaron Lara, Lucía, Nayra e Natalia.
Goles: Blanca (2), Ánxela e Ainara (2) polas visitantes.
Árbitro: José Manuel Pérez Argos.

O PINO 2 - 1 COMERCIAL

Sociedade Deportiva O Pino: Laura, Olaya, Alba, Uxía, Lucía, Iria, Paula, Felicitas, Antía, Jaday e Yenifer. Tamén xogaron Julia, Eva e Silvia.
SG Comercial: Estefany, Sheila, Lucía, Aroa, Diana, Antía, Lorena, Yolanda, Andrea e Iria.
Goles: Yenifer e Antía polas locais. Lorena polas visitantes.
Árbitro: Alejandro Castro Liñares.

TARAGOÑA 7 - 1 MONTE FORTE

CCD Taragoña: Viviana, Amanda, Teresa, Marina, María, Laura G, Eva, Ainara, Clara, Miriam e Sara M. Tamén xogaron Silvia, Luna, Sara V, Laura O e Antía.
ADC Monte Forte: Carla, Lucía, Emilia, Ainhoa L, Henar, Laura, Alba, Erea, Ainhoa A, Ana e Paula. Tamén xogaron Sara e Noa.
Goles: Laura G (5), Eva e Teresa polas locais. Noa de penalti polas visitantes.
Árbitro: José Manuel Sánchez Noya.


 Resultados xornada 30

Carballedo 3 0 Rois
San Lázaro 7 0 Vista Alegre
Arenteiro B 0 5 Lugo B
Curtis 0 0 Cruces
Taragoña 7 1 Monte Forte
O Pino 2 1 Comercial
Bandeira 2 0 Órdenes
  D Silleda