O Lugo salva a categoría con vitoria por 2-1 ante o Umia, ao igual que fixo o PM Friol co Gijón B

San Roque e Carballedo están colocados para os play off de ascenso na Segunda e na Terceira, respectivamente, das ligas galegas

Terceira Federación

Os dous representantes da provincia pecharon esta fin de semana unha tempada chea de sobresaltos con dúas vitorias e a seguridade de continuar o ano que vén na mesma categoría.

Ao PM Friol non lle custou o final da Liga xa que tiña segura a permanencia desde hai varias semanas. Neste último partido a vitoria foi a domicilio, 1-2 contra o Gijón B. Comezaron frías as visitantes que deixaron marcar ao rival cando só levaba dez minutos de partido. Pouco a pouco, o Friol B foi entrando no xogo e conseguiu materializar unha das ocasións de gol que tivo, xusto antes do intermedio, o que lles deu confianza para a volta ao xogo. Esta produciuse con máis ímpeto e foi así como Ingrid marcou o gol da vitoria, avanzado o segundo tempo.

Pola contra, co corazón nun puño mantívose o Lugo, que ata o último minuto non puido confirmar a súa permanencia. Malia que venceu 2-1 ao Umia, rival directo na táboa para evitar o descenso, houbo que esperar a que terminaran o resto de duelos para confirmar que non era o peor de todos os grupos na posición 13.

Estiveron moi igualados os dous equipos, querendo ter o balón e saír xogando. Estiveron os dous mellor nas zonas de iniciación que nas de finalización na primeira parte, pero iso non impediu a chegada do gol albivermello, que foi empatado no desconto antes da pausa. Ao Umia non lle valía o empate e meteu máis xente arriba buscando a vitoria, pero o que fixo foi crear ocos e facilitar o xogo ao Lugo, aínda que non houbo moitas ocasións claras ao principio.  Despois do segundo gol tiveron as de Joaquín máis oportunidades.

Consulta a clasificación aquí

LUGO 2 - 1 UMIA

CD Lugo: Sara, Berta, Iria, Ashley, Yanire, María, Andrea, Paula, Noa, Candela V e Blanca. Tamén xogaron Esther e Candela O. 
Umia FC: Iria, Paula S, Eva, Carla, Minerva R, Joana, Uxía, Marta, Natalia, Minerva B e Paula P. Tamén xogaron Laura, Alicia, Margarita, Graciela e Nerea.
Goles: María e Iria polas locais. Minerva H polas visitantes.
Árbitro: Jorge Méndez López.

SP GIJÓN B 1 - 2 PM FRIOL

Real Spórting de Gijón B: Leyre, Alba, Sara B, Daniela, Lucía, Sara F, Allende, Sara R, Ariadna, Aitana e Sofía. Tamén xogaron Paula, Irene, Marina e Covadonga.
PM Friol: Isabel, Lynda, Yoleidis, Ana, Yasmin, Fabiola, Asia, Antía, Bella, Elena e Nerea. Tamén xogaron Marta, Ángela, Neylla, Andrea e Iona.
Goles: Daniela polas locais. Lynda e Bella polas visitantes.
Árbitro: Elena Labra Fernández.

Resultados xornada 30

Lugo 2 1 Umia
Lóstrego 3 2 Victoria FC
Deportivo B 8 1 Llanera 
Oviedo B 1 0 Mos
Sárdoma 3 0 Avilés
Spórting Gijón B 1 2 PM Friol
Victoria CF 1 1 Olímpico
Gijón A 2 2 Bovedana
 

Primeira División Galega

Esta penúltima xornada deixa a tres equipos en perigo de descenso e a dous cun pé na promoción. En Primeira, o PM Friol B empatou e é un dos equipos a piques de descender. Ten unha última oportunidade a próxima semana, pero non depende só del xa que ten que perder o Amistade para salvarse.

Consulta a clasificación aquí

PM FRIOL B 1 - 1 LÓSTREGO B

PM Friol B: María del P, Nerea, Ana, Andrea V, María, Withney, Iona, Jessica, Ángela, Iliana e Marie. Tamén xogou Andrea F.
Lóstrego Club De Fútbol B: Lola, Laudith, Olivia, Ainhoa, Cristina, Mónica M, Noa C, Alejandra, Mónica R, Lucía e Sara. Tamén xogou Noa U.
Goles: Marie polas locais. Noa C polas visitantes.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.
 

Resultados xornada 29

Umia B 2 5 Victoria FC B
Bergantiños 9 0 Amistade
Arousana 0 4 Orzán
PM Friol B 1 1 Lóstrego B
Tomiño 1 2 O Val
Noia 2 3 Tordoia
Victoria CF B 2 3 Cambre
Domaio 1 1 Sárdoma B

Próxima xornada

Amistade - - Umia B
Orzán - - Bergantiños
Lóstrego B - - Arousana
O Val - - PM Friol B
Tordoia - - Tomiño
Cambre - - Noia
Sárdoma B - - Victoria CF B
Victoria FC B - - Domaio

 

Segunda División Galega

Na Segunda, o San Roque está agora mesmo en postos de play off, pero ten un último duelo cun dos aspirantes ao ascenso e de perder quedaría fóra. O Antas camiña seguro despois de vencer a un Milagrosa que xa é de Terceira. Último duelo  tamén para o Chantada, que perdeu de novo e está fóra do descenso por un punto.

GRUPO 1

Consulta a clasificación aquí

SAN ROQUE 6 - 1 CEE

SDC San Roque: Cristina F, Paula, María L, Miriam, Noa, Saray, Sofía, Carla, María E, Noelia e Wanessa. Tamén xogou Raquel.
UC Cee: Noemí, Lucía R, Lucía F, Nerea, Paula, Nayara, Ruth, Lucía M, Laura, Sabela e Minerva.
Goles: 3 de Sofía, Miriam, Raquel e Saray polas locais. Nerea  polas visitantes.
Árbitro: Eduardo Feijoo Trigo.

ANTAS 4 - 0 MILAGROSA

SD Antas: Melanie, Laura Q, Maite, Idoia, Laura V, Elisa, Ania, Lidia, Paula, Nuria e María. Tamén xogaron Aldara, Tamara, Iria e Eva.
SDC Milagrosa: Rosalía F, Aldara, Antía L, Ana, Lucía, Eider, Valeria, Martina, Marta, Ainara e Carmen. Tamén xogaron María del P, Sheila e Antía P.
Goles: 2 de Paula e 2 de Nuria polas locais.
Árbitro: José Luis Cabanas Parrado.

Resultados xornada 29

Carral 3 2 Xallas
Abella 2 1 Brexo Lema
Antas 4 0 Milagrosa
Orzán B 6 0 Os Miudos
San Roque 6 1 Cee
Silva 3 7 Pastoriza
Maniños 0 2 San Pedro
SP Meicende 3 0 Santiso

Próxima xornada

Brexo Lema - - Carral
Milagrosa - - Abella
Os Miudos - - Antas
Cee - - Orzán B
Pastoriza - - San Roque
San Pedro - - Silva
Santiso - - Maniños
Xallas - - Meicende
GRUPO 2
 

Consulta a clasificación aquí

VICTORIA FC C 2 - 0 CHANTADA

Victoria FC C: Martina, Lola B, Lola O, Deonisa, Lucía B, Laura, Irene D, María, Irene M, Sara e Xiana. Tamén xogaron Lucía Q, Maitane, Carmen C e Carmen P.
SD Chantada: Andrea N, Natalia, Rocío G, Noelia P, Beatriz, Sara, Rocío C, Noelia G, Ángeles, Eva e Saray. Tamén xogaron Lucía, Andrea M, Tania, Noa e Elisa.
Goles: 2 de Lucía B polas locais.
Árbitro: Manuel Ignacio Mosquera Francisco.

Resultados xornada 29

Victoria FC C 2 0 Chantada
San Mateo 6 1 Praíña SP
Touro 7 2 Xuventú Aguiño
Interrías B 0 2 Boiro
Arenteiro 3 4 Porriño
Pontellas 1 6 Calo
Cacheiras 0 4 Mos B
  D Rosalía
Próxima xornada
Praíña SP - - Victoria FC C
Xuventú Aguiño - - San Mateo
Boiro - - Touro
Porriño - - Interrías B
Calo - - Rosalía
Mos B - - Pontellas
Chantada - - Cacheiras
  D Arenteiro
 

Terceira División Galega

Na Terceira, o Carballedo aproveitou o aprazamento do Lugo B para coarse na promoción, que perdería se este gaña antes do último partido. San Lázaro, Monte Forte e Comercial seguirán un ano máis na categoría baixa.

Consulta a clasificación aquí

MONTE FORTE 4 - 4 CURTIS

ADC Monte Forte: Carla, Lucía, Emilia, Ainhoa L, Henar, Laura, Alba, Erea, Ainhoa A, Ana e Paula. Tamén xogaron Sara e Noa.
CCD Curtis: Yessica, Laura V, Sheila, María, Iria, Noa S, Andrea, Noa M, Alba, Mireya e Paloma. Tamén xogaron Uxía, Teresa, Laura B e Marta.
Goles: Lucía, Ainhoa L, Sara de penalti e Henar polas locais. 2 de Noa S, Alba e Mireya polas visitantes.
Árbitro: Yatlem Díaz López.

 VISTA ALEGRE 0 - 4 CARBALLEDO

Vista Alegre SD: Iria, Azul, Mayte, Gloria, Lidia, Olalla, Isabella, Laura, Andrea, Uxía e Xoana.
Carballedo CF: María Jesús, Noelia M, Alba, Uxía G, Jenny, Sara, Verónica, Candela, Laura, Leticia e Sheyla. Tamén xogaron Paula, Carla e Jesica.
Goles: 4 de Jenny (un de penalti) polo Carballedo.
Árbitro: Álvaro Rivas Añón.


 Resultados xornada 29

Rois 1 0 Bandeira
Vista Alegre 0 4 Carballedo
Lugo B A San Lázaro
Cruces 6 2 Arenteiro B
Monte Forte 4 4 Curtis
Silleda 0 8 Taragoña
Órdenes 3 2 O Pino
  D Comercial
 
Próxima xornada
Carballedo - - Rois
San Lázaro - - Vista Alegre
Arenteiro B - - Lugo B
Curtis - - Cruces
Taragoña - - Monte Forte
O Pino - - Comercial
Bandeira - - Órdenes
  D Silleda