O PM Friol cae co Deportivo e o Lugo co Mos, e xogará o 28 un partido vital co Llanera

As opcións para salvarse esgótanse, o PM Friol B e o Chantada teñen catro sesións para lograr a permanencia

Terceira Federación

A provincia non facturou ningún punto esta fin de semana e implicou a caída na táboa para os dous representantes.

Para o PM Friol foi unha xornada dura. Á derrota ante o Dépor, sumáronlle nesta sesión unha nova multa, tres puntos de sanción, o que implica xa a perda dun total de 9 e a caída ata a oitava praza. Non viron xusto as de Friol o resultado, xa que aínda que fixeron os primeiros minutos non moi bos, despois melloraron moito e estiveron intensas. Aínda así, deixaron espazos e así chegou o primeiro gol en contra, nunha acción de córner. Arriscaron buscando o empate e así foi máis visible a melloría, dificultado o xogo ao rival e con moitas ocasións para empatar ou mesmo gañar, pero nunha transición, foi o Deportivo, que non tivo máis ocasións que o primeiro gol, o que matou o partido nunha transición. 

O Lugo tampouco estivo nada afortunado, caendo cun amplo marcador no campo dun Mos moi potente en ataque pero frouxo en defensa. Non entraron ben as luguesas polo que encaixaron un parcial de 3-0 en media hora, o primeiro gol xa no 5’. Aínda que se achegaron faltou a intensidade e a concentración que caracteriza ás albivermellas e no descanso o marcador era favorable ao local (4-1). Na segunda parte, melloraron e chegaron ata o 4-2, pero cando as xogadoras comezaron a ver que non era suficiente o feito para darlle a volta ao resultado, notouse  unha baixada de brazos e entraron dous goles máis do local. A vitoria co Llanera é imprescindible para seguir vivas na competición.

Consulta a clasificación aquí

MOS 6 - 2 LUGO

UD Mos: Andrea G, Claudia, Paula G, María, Noelia, Paula L, Ana, Sara, Emma, Carla Z e Candela. Tamén xogaron Carla C, Andrea O, Xiana, Marta e Ángela.
CD Lugo: Judith, Berta, Iria, Yanire, María, Andrea, Paula, Marta, Candela V, Blanca e Noa. Tamén xogaron Ashley, Esther e Candela. 
Goles: Emma, 2 de Candela, Paula L, Carla C e Marta polas locais. Iria e Yanire polas visitantes.
Árbitro: Manuel Ángel Rodríguez Barreira.

PM FRIOL 0 - 2 DEPORTIVO B

PM Friol: Isabel, Lynda, Yoleidis, Ángela, Yasmin, Fabiola, Antía, Ingrid, Elena,  Nerea e Withney. Tamén xogaron Andrea, Marta, Ana, Marie e Iona.
RC Deportivo de La Coruña B: Martina, Paula N, Carmen, Marta, Laura O, Noelia S, Uxía, Macarena, Paula M, Laura S e Noelia M. Tamén xogaron Sara, Lucía, Emma, Laura T e Antía. 
Goles: Paula N e Paula M polas visitantes
Árbitro: Asier Manuel Fariña Biasi.

Resultados xornada 27

Gijón A 0 1 Victoria FC
Llanera 1 0 Umia
Mos 6 2 Lugo
Avilés 1 2 Lóstrego
PM Friol 0 2 Deportivo B
Olímpico 2 2 Oviedo B
Bovedana 2 2 Sárdoma
Victoria CF 1 0 Spórting Gijón B
Próxima xornada 
Umia - - Victoria FC
Lugo - - Llanera
Lóstrego - - Mos
Deportivo B - -  Avilés
Oviedo B - - PM Friol
Sárdoma - - Olímpico
Gijón A - - Bovedana
Victoria CF - - Spórting Gijón B

Primeira División Galega

O PM Friol B segue en postos de descenso despois de dúas derrotas consecutivas, e esgota o tempo para saír desta situación, da que só lle quedan catro intentos. Esta fin de semana caeu 2-1 ante o Umia B.

Consulta a clasificación aquí

UMIA B 2 - 1 PM FRIOL B

Umia CF B: Sara, Lía, Raquel, Claudia, Silvia, Candela, Nuria, Yaiza, Tamara, Nerea e Cristina. Tamén xogaron Ana, Sela, Alba e Lucía.
PM Friol B: María del P, Nerea, Ana, Lidia, Andrea V, María, Whitney, Marie, Iona, Jesica e Iliana. Tamén xogaron Andrea F, Ángela e Leire.
Goles: Sela e Alba polas locais. María polas visitantes.
Árbitro: Jorge Chan Pérez.
 

Resultados xornada 26

Bergantiños 3 2 Arousana
Umia B 2 1 PM Friol B
Amistade 0 0 Tomiño
Orzán 1 0 Noia
Lóstrego B 1 0 Victoria CF B
O Val 1 3 Domaio
Tordoia 1 4 Sárdoma B
Cambre 1 4 Victoria FC B
Próxima xornada
Victoria FC B - - Bergantiños
Arousana - - Umia B
PM Friol B - - Amistade
Tomiño - - Orzán
Noia - - Lóstrego B
Victoria CF B - - O Val
Domaio - - Tordoia
Sárdoma B - - Cambre

Segunda División Galega

En Segunda, o Milagrosa, que xa é equipo de Terceira, perdeu de novo mentres que o Antas e o San Roque sumaron os tres puntos, para manterse no medio da táboa, no primeiro caso, e a un paso da promoción, no segundo. Tampouco estivo afortunado o Chantada, derrotado ante un dos que promocionarán a Primeira, o Calo. Está a tres puntos da salvación.

GRUPO 1

Consulta a clasificación aquí

MILAGROSA 0 - 4 SILVA

SDC Milagrosa: Rosalía, Aldara, Alicia, Ana, Lucía, Eider, Valeria, Martina, Susana, Marta e Zaira. 
Silva SD: Laura, Cristina, Ainhoa, Ana, Inés, Angie, Ariadna, Iria, Erea, Zoraida e Chenoa.
Goles: Zoraida, Iria de penalti e 2 de Ariadna.
Árbitro: Marcos Antonio Cupeiro Blanco.

BREXO LEMA 1 - 3 SAN ROQUE

Brexo Lema S: Lucía T, Pilar, Rebeca, Amanda, Ana, Antía, Laura, Sandra, Isabel, Alexia e Nekane. Tamén xogaron Nerea, Irene, Lucía V, Elena e Nuria.
SDC San Roque: Cristina F, Uxía, María, Miriam, Noa, Saray, Sofía, Carla, Sofía L, Noelia, Wanessa e Cristina S. Tamén xogou Clara.
Goles: Alexia polas locais. 3 de María polas visitantes.
Árbitro: Aurora Malvárez Carleos.

ABELLA 0 - 1 ANTAS

SE Abella SDEC: Eva, Nerea, Sahara, Ángela G, María, Noelia, Antía, Carla, Tamara, Laura e Ángela A. Tamén xogaron Ivana e Paula.
SD Antas: Melanie, Maite, Idoia, Iria, Laura V, Elisa, Paula, Lidia, Tamara, Nuria e María. Tamén xogaron Laura Q, Aldara e Ania.
Gol: María polas visitantes.
Árbitro: José Luis Ferreiro Varela.

Resultados xornada 26

Abella 0 1 Antas
Carral 2 1 Orzán B
Brexo Lema 1 3 San Roque
Milagrosa 0 4 Silva
Os Miudos 0 7 Maniños
Cee 1 1 Meicende
Pastoriza 5 0 Santiso
San Pedro 2 0 Xallas

Próxima xornada

Xallas - - Abella
Antas - - Carral
Orzán B - - Brexo Lema
San Roque - - Milagrosa
Silva - - Os Miudos
Maniños - - Cee
SP Meicende - - Pastoriza
Santiso - - San Pedro

GRUPO 2

Consulta a clasificación aquí

CALO 5 - 0 CHANTADA

SR Calo: Violeta, Nerea, Raquel, Carla, Andrea, Melisa, Noa, Lidia, Cintia, Gabriela e Verónica. Tamén xogaron Lucía, Eva, Celia e Aurora.
SD Chantada: Andrea N, Laura, Natalia, Andrea G, Noelia P, Ángeles, Rocío, Noelia G, Saray, Andrea M e Lucía. Tamén xogaron Noa e Tania.
Goles: Andrea, Cintia, 2 de Eva e Nerea polas locais. 
Árbitro: Eusebio Rodríguez Rodríguez

Resultados xornada 26

San Mateo 1 2 Touro
Victoria FC C 0 4 Interrías B
Praíña SP 1 10 Arenteiro
Xuventú Aguiño 1 5 Rosalía
Boiro 5 0 Pontellas
Porriño 4 2 Cacheiras
Calo 5 0 Chantada
  D Mos B

Próxima xornada

Chantada - - San Mateo
Touro - - Victoria FC C
Interrías B - - Praíña SP
Arenteiro - - Xuventú Aguiño
Rosalía - - Boiro
Pontellas - - Porriño
Mos B - - Calo
  D Cacheiras

Terceira División Galega

Destacou a goleada do Lugo B (0-10), que segue a ser o equipo máis goleador, o que o mantén en postos de play off. Dous puntos por baixo está o Carballedo, que esta fin de semana derrotou a outro dos aspirantes, o Monte Forte, e sumáronse ao carro das vitorias San Lázaro e Comercial.

Consulta a clasificación aquí

VISTA ALEGRE 0 - 10 LUGO B

Vista Alegre SD: Xoana, Sainza, Azul, Mayte, Noelia, Lidia, Laura, Andrea, Uxía e Candela.
Lugo B: Iyore, Nayra, Nekane, Alba, Ainara, Xiana, Claudia, Natalia, Iria, Ánxela e María. Tamén xogaron Lucía e Uxía.
Goles: Claudia, 2 de Ánxela, 3 de Nayra, 2 de Ainara, Natalia e Lucía polas visitantes.
Árbitro: David Franco Saborido.

ARENTEIRO B 2 - 4 COMERCIAL

CD Arenteiro B: Sheila, Aroa, Mara, Saleta, Sara, Candela, Aloia, Ariadna, Sheila, Lucía e Alma. Tamén xogaron Ainhoa, Noelia e Victoria.
SG Comercial: Estefanía, Sheila, Lucía, Aroa, Diana, Antía, Noa, Lorena, Andrea e Estefany. 
Goles: Lucía e Candela polas locais. 3 de Noa e Diana polas visitantes.
Árbitro: Ignacio Iglesias Rodríguez

SAN LÁZARO 3 - 0 SILLEDA

SD San Lázaro: Jesica, Lucía, Douaa, Hajar, Eukene, Estefanía, Ana, Kaoutar, Luanda, María José e Mireia. Tamén xogaron Loreto, Inmaculada e Sara.
Escola de Fútbol Silleda: María, Antía, Julia, Lucía, Euxea, Leire, Irea, Noelia, Xiana, Iria e Yudit. 
Goles: Eukene, Douaa e María José polas locais.
Árbitro: Marco Fernández Vázquez

CARBALLEDO 5 - 2 MONTE FORTE

Carballedo CF: María Jesús, Uxía D, Noelia, Alba, Belén, Uxía G, Jenny, Verónica, Noelia, Lúa e Laura. Tamén xogaron Sara, Paula, Leticia, Jesica e Candela.
ADC Monte Forte: Camila, Ainhoa G, Lucía, Emilia, Ainhoa L, Henar, Laura, Noa, Carla, Erea e Ainhoa A. Tamén xogaron Cristina e Iria.
Goles: 4 de Jenny e Sara polas locais. 2 de Henar polas visitantes. 
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.


 Resultados xornada 26

Vista Alegre 0 10 Lugo B
Rois 1 1 Cruces
Carballedo 5 2 Monte Forte
San Lázaro 3 0 Silleda
Arenteiro B 2 4 Comercial
Curtis 2 0 Órdenes
Taragoña 9 1 O Pino
  D Bandeira

Próxima xornada

Bandeira - - Vista Alegre
Lugo B - - Rois
Cruces - - Carballedo
Monte Forte - - San Lázaro
Silleda - - Arenteiro B
Comercial - - Curtis
Órdenes - - Taragoña
  D O Pino