Tanto o Lugo como o PM Friol empataron 1-1 cos de arriba e perderon unha posición

O PM Friol B cae á zona de descenso. Ademais, vitoria en Terceira agás a Comercial, que perdeu co Monte Forte

Terceira Federación

O PM Friol fíxose forte esta fin de semana ante o líder, o Avilés, equipo que vai moi destacado na táboa, e logrou un importantísimo punto despois de saír ao verde listas para a vitoria.

Preparadas para un partido na casa do líder, as friolesas foron a por todas e iso levounas a adiantarse no marcador xa antes do descanso. Foi un gol procedente dunha transición á contra, na que a xogadora visitante gaña en velocidade para coala por riba da  porteira adiantada.

Porén, con esa irregularidade que as caracteriza, na primeira parte foron moi superiores e tiveron incluso varias ocasións para marcar e ter avultado o resultado, pero non mantiveron o nivel.

O Avilés saíu na segunda parte con ganas de empatar e non tardou en facelo pero iso non provocou que o PM Friol se viñera abaixo, xa que aproveitou os minutos restantes para ir polo partido. Nese tempo houbo ocasións para os dous equipos pero o  marcador non se moveu máis. O empate fíxolle ceder a quinta posición ao Lóstrego.

Co mesmo resultado o Lugo pechou a súa sesión. O que parecía unha boa nova xa que se trataba dun dos equipos máis fortes, non o foi tanto xa que a vitoria do Bovedana devolveu ás albivermellas á zona de descenso.

Foi o Sárdoma o que abriu o marcador nos minutos iniciais do duelo e antes do 15’ xa tiña o Lugo subido o empate ao marcador grazas a un penalti. O próximo rival será o Spórting de Gijón B, co que ten unha oportunidade e ouro para saír de novo do pozo.

Consulta a clasificación aquí

LUGO 1 - 1 SÁRDOMA

CD Lugo: Judith, Berta, Yanire, Iria, Ashley, María V, María C, Andrea, Paula, Noa e Blanca. Tamén xogaron Xiana, Ánxela e María P.
Sárdoma CF: Sara, Catarina, Aida, Judith, Sabela, Laura, Estela, María C, Ana, María R e Carla. Tamén xogaron Andrea, Elisa, Jimena e Christiny.
Gol: María P de penalti polas locais. María C polas visitantes.
Árbitro: Gabriel Polo Fraga.

AVILÉS 1 - 1 PM FRIOL

Real Avilés CF: Paula, Carmen, Carolina, Libertad, Silvia, Daniela, Lucía, Mirdja, Tayre, Nuria e Irene. Tamén xogaron Ana, Elizabet, Alba e Natalia.
PM Friol: Alba, Lynda, Yoleidis, Ángela, Yasmin, Fabiola, Asia, Antía, Elena, Nerea e Andrea. Tamén xogaron Ana, Ingrid, Marta e Marie.
Goles: Daniela polas locais. Yoleidis polas visitantes. 
Árbitro: Jonathan Martos Amor.

Resultados xornada 20

Avilés 1 1 PM Friol
Mos 3 2 Olímpico
Llanera A 0 1 Bovedana
Victoria FC 2 1 Victoria CF
Umia 4 3 Spórting Gijón B
Lugo 1 1  Sárdoma
Lóstrego 1 0 Oviedo B
Deportivo B 5 1 Gijón

Próxima xornada 

Gijón - - Avilés
PM Friol - - Mos
Olímpico - - Llanera A
Bovedana - - Victoria FC
Victoria CF - - Umia
Spórting Gijón B - - Lugo
Sárdoma - - Lóstrego
Oviedo B - - Deportivo B
 

Primeira División Galega

O descanso de Entroido non sentou ben ao PM Friol B, que volveu perder, por terceira xornada consecutiva, e cae deste modo á zona de perigo de novo. Foi o Domaio o que goleou ao único representante da provincia na categoría.

Consulta a clasificación aquí

DOMAIO 5 - 0 PM FRIOL B

Domaio CF: Sabela, Nerea, Raquel, Eva O, Paula, Mirian, Lucía, Jennifer, Leylen, Nuria e Ana. Tamén xogaron Rebecca, Zaira, Eva M e Sofía.
PM Friol B: María del Pilar, Goretti, Ana, Lidia, María, Antía, Leire, Iona, Jessica, Ángela e Raluca. Tamén xogou Floarea.
Goles: 2 de Leylen, 2 de Lucía e Nuria polas locais.
Árbitro: Borja Millán Montero.
 

Resultados xornada 19

Victoria FC B 5 0 Noia
Victoria CF B 0 1 Tomiño
Domaio 5 0 PM Friol B
Sárdoma B 6 0 Arousana
Cambre 0 3 Bergantiños
Tordoia 0 1 Umia B
O Val 5 3 Amistade
Lóstrego B 1 2 Orzán

Próxima xornada

Tomiño - - Noia
PM Friol B - - Victoria CF B
Arousana - - Domaio
Bergantiños - - Sárdoma B
Umia B - - Cambre
Amistade - - Tordoia
Orzán - - O Val
Lóstrego B - - Victoria FC B


Segunda División Galega

En Segunda, a única vitoria foi para o San Roque, que venceu pola mínima ao Maniños e ponse a dous puntos dos play off. O Antas tamén puntuou, un empate ante o Santiso, e mantense na sexta praza. Mentres tanto, o Milagrosa segue sen marcar, cunha derrota cos Miudos, equipo da súa zona. Ademais, o Chantada foi goleado polo Rosalía.

GRUPO 1

Consulta a clasificación aquí

OS MIUDOS 2 - 0 MILAGROSA

ED Os Miudos: Adriana S, Atenea, Elba, Alba, Leire, Ximena, Sofía, Marta, Paula, Laura e Ana. Tamén xogaron Cristina, Sabela, Adriana P e Saray.
SDC Milagrosa: Carmen, Aldara, Nayeli, Lucía M, Ana, María, Lucía P, Eider, Martina, Susana e Ainara. Tamén xogaron Sheila e Itziar.
Goles: Laura e Elba polas locais.
Árbitro: Óscar Costa Carou.

ANTAS 1 - 1 SANTISO

SD Antas: Iria, Maite, Lidia, Yaiza, Laura V, Elisa, Paula, Laura Q, Tamara, Nuria e María. Tamén xogou Aldara.
UD Santiso FC: Uxía, Alba, Daniela, Xiana, Marta, V Rocío, Ana F, Elia, Ana M, Marta S e Inés. Tamén xogaron Ana Q e Lucía.
Goles: Nuria polas locais. Elia polas visitantes.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

MANIÑOS 0 - 1 SAN ROQUE

Cultural Maniños: Eva, Jennifer, Laura, Lucía S, Olaya, Lorena, Paula, Lucía Magariños, Andrea, María e Lucía C. Tamén xogaron Olaia, Cristina, Lucía Montero e Nora.
SDC San Roque: Cristina, Paula, María L, Noa, Carla, María E, Noelia, Diana, Wanessa, Sara e Cristina.
Gol: María L polo San Roque.
Árbitro: Iago Expósito Fraga.

Resultados xornada 19

Xallas 5 0 Silva
Maniños 0 1 San Roque
SP Meicende 0 1 Orzán B
Antas 1 1 Santiso
San Pedro 4 1 Abella
Pastoriza 3 0 Carral
Cee - - Brexo Lema
Os Miudos 2 0 Milagrosa

Próxima xornada

San Roque - - Silva
Orzán B - - Maniños
Antas - - Meicende
Abella - - Santiso
Carral - - San Pedro
Brexo Lema - - Pastoriza
Milagrosa - - Cee
Os Miudos - - Xallas

 

GRUPO 2

Consulta a clasificación aquí

CHANTADA 0 - 6 ROSALÍA

SD Chantada: Andrea N, Laura V, Natalia, Ángeles, Noelia, Beatriz, Rocío C, Noelia, Lucía, Eva e Rocío G. Tamén xogaron Saray, Laura C, Andrea M, Ana e Noa.
EFF Rosalía: Noa, Aldara, Zaira, Claudia, Sara B, María, Laura, Noa, Silvia, Sabela e Candela. Tamén xogaron Sofía, Victoria, Matilde, Sara D e Aline. 
Goles: Sara B, 2 de María, Zaira, Victoria e Aldara polas visitantes.
Árbitro: Fernando Fernández López.

 Resultados xornada 19

Chantada 0 6 Rosalía
Pontellas 0 9 Arenteiro
Cacheiras 0 2 Interrías B
Mos B 5 2 Touro
Calo 7 2 San Mateo
Porriño 2 1 Praíña SP
Boiro 9 2 Xuventú Aguiño
  D Victoria FC C
Próxima xornada
Arenteiro - - Rosalía
Interrías B - - Pontellas
Touro - - Cacheiras
San Mateo - - Mos B
Victoria FC C - - Calo
Xuventú Aguiño - - Porriño
Boiro - - Chantada
  D Praíña SP

Terceira División Galega

En Terceira bós resultados para os da provincia. Gañaron todos agás a Comercial, que perdeu o derbi co Monte Forte por 2-5. O Lugo B recupera a senda goleadora co Pino (0-4) mentres Carballedo e San Lázaro tamén sumaron os tres puntos con marcadores máis axustados.

Consulta a clasificación aquí

COMERCIAL 2 - 5 MONTE FORTE

SG Comercial: Estefanía, Sheila, Lucía, Aroa, Diana, Antía, Noa, Lorena, Yolanda, Iria e Estefany. Tamén xogou Belén.
ADC Monte Forte: Camila, Emilia, Ainhoa L, Vanesa, Paula P, Henar, Laura, Carla, Erea, Noa e Paula S. Tamén xogaron Ainhoa A e Lucía.
Goles: Aroa e Noa polas locais. 2 de Carla, 2 de Henar e Lucía polas visitantes.
Árbitro: Noa Cupeiro Castro.

CURTIS 0 - 2 CARBALLEDO

CCD Curtis: Yessica, Sheila, María, Iria, Andrea, Teresa, Alba, Mireya, Laura B, Marta e Uxía. Tamén xogaron Noa S, Meritxell, Laura V, Paloma e Noa M.
Carballedo CF: María Jesús, Uxía D, Alba, Belén, Uxía G, Jenny, Sara, Verónica, Noelia, Lúa e Laura. Tamén xogaron Ariana, Paula, Leticia e Carla.
Goles: 2 de Jenny polas visitantes.
Árbitro: Isabel Pereiro Portos.

ARENTEIRO B 1 - 3 SAN LÁZARO

CD Arenteiro B: Sheila D, Aroa, María, Saleta, Sara, Candela, Aloia, Victoria, Sheila B, Lucía e Alma. Tamén xogaron Ariadna, Noelia e Ainhoa.
SD San Lázaro: Ana A, Inmaculada, Lucía, Douaa, Hajar, Estefanía, Ana M, Kaoutar, Luanda, María José e Mireia. 
Goles: Lucía polas locais. Ana M, Lucía e Douaa polas visitantes.
Árbitro: Javier Luis Prendes Cacabelos.

O PINO 0 - 4 LUGO B

Sociedade Deportiva O Pino: Alejandro, Alba, Silvia, Julia, Laura F, Iria, Eva, Antía, Jaday, Laura S e Yenifer. Tamén xogaron Lúa e Lucía.
CD Lugo B: Lara, Uxía, Iyore, Alba, Ainara, Xiana, Natalia, Iria, Ánxela, Blanca e María.
Goles: Xiana, 2 de Ánxela e Ainara polas visitantes.
Árbitro: Jacobo Rodríguez Moar.
 
 Resultados xornada 19
 
Bandeira 2 0 Silleda
Comercial 2 5 Monte Forte
Órdenes 1 5 Cruces
O Pino 0 4 Lugo B
Taragoña 0 1 Rois
Curtis 0 2 Carballedo
Arenteiro B 1 3 San Lázaro
  D Vista Alegre
 
  Próxima xornada
Monte Forte - - Silleda
Cruces - - Comercial
Lugo B - - Órdenes
Vista Alegre - - O Pino
Carballedo - - Taragoña
San Lázaro - - Curtis
Arenteiro B - - Bandeira
  D Rois