Primeira Galicia
O Lugo logrou o ascenso tras superar ao Bergantiños na quenda de penaltis. O equipo de Joaquín venceu 2-1 no partido deste domingo pero tiña unha derrota do duelo de ida co mesmo resultado polo que nesta sesión foise primeiro á prórroga, sen que o marcador se movese, e logo á quenda de penaltis.
Foi moi madrugador o primeiro gol, que entrou na primeira xogada, a favor do visitante, pero antes dos dez minutos xa tiña empatado o Lugo. Pasado o ecuador do duelo o Bergantiños marcou en propia e o electrónico non se moveu máis. Tras unha intensa quenda de penaltis, o Lugo segue medrando no fútbol feminino.
LUGO 2 - 1 BERGANTIÑOS
Bergantiños CF: Ainhoa, Lara, Noelia, Eva, Cruz, Alba, Carmen, Alejandra, Blanca, Sofía e Paula P. Tamén xogaron Laura, Mariam e Isabela.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.
Penaltis: 4-2
PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA - FASE DE ASCENSO |
---|
Lugo | 1-0 | Arousana |
Bergantiños | 6-3 | Tordoia |
Bergantiños | 2-1 | Lugo |
Lugo | 2-1 | Bergantiños |
Segunda Galicia
O Friol B non logrou adiantar nada na súa carreira polo ascenso a Primeira xa que non puido pasar do empate este domingo co Touro, equipo do seu grupo e vello coñecido da competición. Un gol en cada tempo e igualdade de xogo e marcador, polo que haberá que esperar á volta para saber quen pasará á seguiente fase.
Na fase de Consolación, o Milagrosa e Chantada seguen adiante. As milagrosistas venceron ao Corme 1-3, que mellora o resultado da ida (2-1) e pasan sen problemas á seguinte fase. O Milagrosa case non pasou apuros para salvaguardar o progreso na competición.
Pola contra, moito sufrimento para o Chantada co Orillamar, que tivo que chegar aos penaltis, tras empatar nos 90 minutos de xogo (1-1) e logo na prórroga (2-2). O equipo viña de empatar tamén na ida polo que foi necesario chegar ao final cos tiros penales. 4-3 foi a vitoria para o equipo chantadino, que recibiu vermella directa para o delegado dous minutos antes do final do tempo regulamentado, cando o Chantada gañaba de 1. Finalmente o Orillamar empatou sobre o asubío, e foron á prórroga. Dúas tarxetas botaron a Natalia do campo e despois o adestrador recibiu a segunda e tamén tivo que marchar sen saber o que ía pasar.
Con este resultado tan axustado, o Chantada segue na pelexa.
O San Lázaro si que dice adeus á competición ao caer co Praíña pola mínima cun gol nos últimos minutos. Os dous equipos empataran sen goles á ida polo que ese gol foi o único que fixo falta para decantar a balanza.
TOURO 1 - 1 FRIOL B
PM Friol B: Patricia, Nerea R, Ana María, Covadonga, Andrea V, María, Leire, Valentina, Jessica, Nerea L e Nuria. Tamén xogaron Lidia e Andrea F.
Árbitro: Carmen Villanueva Ansedes.
SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - FASE DE ASCENSO 1ª |
---|
Pontellas | 0-2 | Umia B |
Touro | 1-1 | Friol B |
San Pedro | 0-6 | Lóstrego |
Domaio | 2-3 | Rosalía |
CORME 1 - 3 MILAGROSA
SCD Milagrosa: Lara, Nekane, Nayeli S, Lucía, María, Ainara, Leire, Nazaret, Antía P, Antía R e Uxía. Tamén xogaron Ana, Marta e Petra.
Árbitro: David Castreje Ferrio.
CHANTADA 2 - 2 ORILLAMAR
Orillamar SD: Yaiza, Laura, Sara, María, Antía, Ana R, Isabel, Aldara, Zaira, Alyssa L e Inés. Tamén xogaron Ana C, Carla, Xiana e Alba.
Árbitro: Antón Llenderrozas Ron.
SAN LÁZARO 0 - 1 PRAÍÑA
Praíña Sporting Club: Laura G, Lucia, Estefanía, Natalia, Carla, Consuelo, Vanesa, Diana, Silvia M, Iria e Aintzane. Tamén xogaron Laura A e Carmen.
Árbitro: José Luis Cabanas Parrado.
SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - FASE DE ASCENSO CONDICIONADA |
---|
Unión Campestre | 1-3 | Santiso |
Carral | 3-2 | Unión |
San Mateo | 7-1 | Burgo |
Chantada | 2-2 | Orillamar |
Brexo Lema | 0-1 | Caldas |
Pastoriza | S | Vilariño |
San Lázaro | 0-1 | Praiña |
Boiro | 6-0 | Discalzas |
Arenteiro | 1-0 | Victoria CF |
Eiris | 4-2 | Maniños |
Puentearnelas | 4-0 | Puenteceso |
Dumbría | 2-6 | Aguiño |
Almeiras | 1-3 | Arzúa |
Galicia Caranza | 0-0 | Os Miudos |
Cacheiras | 1-1 | Guardesa |
Corme | 1-3 | Milagrosa |
Abella | 6-0 | Casablanca |
Copa Deputación
A próxima fin de semana terá continuidade a Copa Deputación que se relanza na fase de cuartos.
COPA DEPUTACIÓN |
---|
Chantada | - | Lugo |
San Roque | - | Milagrosa |
Monte Forte | - | Antas |
Friol B | - | Carballedo |