Primeira Galicia
O Lugo segue na pelexa polo ascenso e enfrontarse nas dúas próximas semanas ao Bergantiños en xornada de ida e volta para coarse na seguinte categoría. O equipo que adestra Joaquín non necesitou máis que un gol, de penalti, para ter xa un pé no seguinte escalón.
Ademais, o gol foi moi madrugador, porque se marcou no minuto 6 e deu forzas ao equipo para manterse firme na súa portería.
LUGO 1 - 0 AROUSANA
Atlético Arousana: María Belén, María, Carla, Carolina, Bárbara, Zaira, Gabriela, Melanie, Nerea, Lía e Adriana. Tamén xogaron Carmen, Sofía e Aldara.
Árbitro: Álvaro Valín González.
PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA - FASE DE ASCENSO |
---|
Lugo | 1-0 | Arousana |
Bergantiños | 6-3 | Tordoia |
Segunda Galicia
Rematou a primeira quenda da fase de ascenso a Primeira División Galega Feminina coa clasificación de Friol B e San Roque.
O Friol B, que liderou a súa táboa de segunda bateu ao Brexo Lema por 3-2 cun gol na prórroga tras empatar o rival de penalti nos últimos minutos do tempo regulamentado. Tras unha primeira parte sen goles foi o visitante o que abriu a conta pero o Friol B empatou rapidamente e de seguido púxose por diante
No derbi de San Lázaro e San Roque, foi o local o que se fixo co pase para a seguinte fase. O San Roque dominou o marcador desde a primeira parte. Abriu a conta aos 11 minutos e malia que empatou o San Lázaro, no ecuador do segundo tempo marcou o segundo e asegurou a vitoria no tramo final co 1-3 co que se fixo coa vitoria.
O Chantada, pola súa conta, foi derrotado de goleada polo Rosalía. O equipo lugués encaixou 5 goles, os dous primeiros xa na primeira parte. Non tardaron as locais en marcar dous máis case seguidos xusto á volta da pausa, polo que o duelo quedou visto para sentenza. A piques de rematar, marcaron o quinto.
No outro grupo de ascenso, para manterse na Segunda Galega Feminina, o Milagrosa logrou ser o único en quedarse nesa categoría polo momento xa que non fixo falta xogar co Orzán B, que queda eliminado por non poder coincidir co equipo do que é filial.
O Carballedo perdeu o tren tras ser derrubado a domicilio polo Cultural Maniños. O equipo local foi contundente xa na primeira parte, que rematou 4-1 tras comezar con dous goles o Maniños e rematar o parcial cun penalti. Na segunda, os dous goles restantes máis o segundo do Carballedo se concentraron ao final.
O Monte Forte tamén di adeus á competición e non pasa á segunda ronda tras perder esa posibilidade na quenda de penaltis do partido disputado no Luis Bodegas co Discalzas. Os equipo monfortino empatou 3-3 pero os penaltis botáronos da loita.
ROSALÍA 5 - 0 CHANTADA
SD Chantada: Laura, Andrea, Rocío G, Natalia, Ángela G, Tania G, Rocío C, Candy, Noela, Eva e María. Tamén xogaron Irene, Andrea M e Ana.
Árbitro: Brais Rodríguez García.
SAN LÁZARO 1 - 3 SAN ROQUE
SDC San Roque: Maholy, Paula, María, Mariam, Noa, Saray, Sofía, Carla, María Eugenia, Patricia e Raquel. Tamén xogaron Diana e Clara.
Árbitro: Josué Villabrille Forja.
FRIOL B 3 - 2 BREXO LEMA
Brexo Lema: LUcía, Cristina, Pilar, Rebeca, Lara, Mercedes, Amanda, Andrea, Alexia, Nekane e Leticia. Tamén xogaron Elvira, Laura, Katia, Antía e Sandra.
Árbitro: Abdelouadoud Boutzakate.
SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - FASE DE ASCENSO 1ª |
---|
Meicende | 1-0 | Galicia Caranza |
Pontellas | 4-0 | Carral |
Umia B | 7-1 | Arenteiro |
San Lázaro | 1-3 | San Roque |
Pastoriza | 3-4 | Porriño |
Touro | 5-4 | Abella |
Friol B | 3-2 | Brexo Lema |
Xallas | 3-2 | Eiris |
San Pedro | 2-0 | Dumbría |
Unión Campestre | 1-2 | Interrías |
Calo | 6-1 | Almeiras |
Domaio | 2-3 | San Mateo |
Lóstrego | 4-0 | Boiro |
Cee | 5-1 | Cacheiras |
Rosalía | 5-0 | Chantada |
Puentearnelas | 1-1 | Silva |
MONTE FORTE 3 - 3 DISCALZAS
Discalzas SD: Carmela, Blanca, Lucía, Nuria, Laura, Sofía, Carla, Irene D, María, Nerea e Irene L. Tamén xogaron Paula, Cristina e Carme.
Árbitro: Óscar Cabañas López.
MANIÑOS 6 - 2 CARBALLEDO
Carballedo CF: María Jesús, Uxía D, Noelia, Uxía G, Ana, Sara, Verónica, Noelia, Tania M, Lúa e Laura.
Árbitro: María Sheila Rodríguez González.
SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - FASE DE ASCENSO 2ª |
---|
Os Miudos | 2-1 | Sárdoma |
Santiso | 3-0 | Cruces |
Orzán B | S | Milagrosa |
Xuventú | 8-2 | Órdenes |
Unión | 1-0 | Balaídos |
Corme | 2-0 | O Pino |
Orillamar | 3-0 | Perlio |
Praiña | 5-2 | Chispa |
Arzúa | 4-3 | Cañiza |
Guardesa | 1-0 | Valladares |
Casablanca | S | Nicrariense |
Monte Forte | 3-3 | Discalzas |
Maniños | 6-2 | Carballedo |
Victoria FC | 4-0 | Cambre B |
Burgo | 3-0 | Torre |
Caldas | 6-1 | Mazaricos |
Bandeira | 1-4 | Vilariño |
Peñasco | 7-0 | Puenteceso |