Vitoria in extremis do Lugo, que cun único gol no tramo final suma os tres puntos ante o Arousana

En Segunda, novo esvarón do Friol B, que empate co San Roque mentres o o Chantada super á Comercial e o San Lázaro ao Carballedo

Primeira Galicia

O Lugo logrou unha vitoria in extremis ante o Atlético Arousana xa que só marcou un gol e fíxoo xa preto do final do duelo, salvando deste xeito os tres puntos, moi necesarios para manterse en postos de play off. O tanto de Ana chegou no minuto 78.

Consulta a clasificación aquí

O Antas segue sen levantar cabeza e caeu ante o Tordoia 1-3 malia que se foi gañando ao descanso. O equipo visitante foi contundente na segunda metade e contra o final marcou os tres goles que lle deron a vitoria.

LUGO 1 - 0 AROUSANA

CD Lugo SAD: Judith, Berta, Yanire, Iria, María, Ana, Lola, Andrea, Paula, Marta e Candela. Tamén xogou Blanca.
Atlético Arousana: María Belén, María, Carla, Carmen, Aldara, Bárbara, Zaira, Gabriela, Melanie, Lía e Sofía. Tamén xogaron Elena e María del Carmen.
Goles:  Ana no minuto 78.
Árbitro: Miguel Rodríguez López.

ANTAS 1 - 3 TORDOIA

SD Antas: Iria, Maite, Yaiza, Melanie, Laura V, Elisa, Paula, Laura M. Tamara, Nuria e Idoaia. Tamén xogaron Noa, Uxía, Camila, Lorena e Linsay.
SD Tordoia: Nuria, Andrea, Selenia, Rebeca, Tamara, Marta, Natalia, Jasmina. Laura, Carla e Ana. Tamén xogaron Laura e Lidia.
Goles: 1-0 (11'): Tamara. 1-1 (65'): Ana. 1-2 (79'): Jasmina. 1-3 (89'): Laura M.
Árbitro: Carlos Casas Herrero.

 

PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA

Resultados xornada 24

Antas 1-3 Tordoia
Tomiño 10-0 Narón O Freixo
Victoria CF B 0-0 Orzán
Amistade 1-4 Bergantiños
Lugo 1-0 Atl Arousana
Sárdoma B 2-0 Victoria FC B
O Val 1-1 Spórting Cambre
Mos B 2-2 Noia

Próxima xornada

Noia - Antas
Tordoia - Tomiño
Narón O Freixo - Victoria FC B
Orzán - Amistade
Bergantiños - Lugo
Atl Arousana - Sárdoma B
Victoria CF B - O Val
Spórting Cambre - Mos B

 

Segunda Galicia

O Friol B non puido pasar esta sesión do empate ante o San Roque, equipo que lle puxo as cousas difíciles dende o primeiro minuto. Encaixaron as visitantes un tanto de penalti no primeiro minuto e, malia que empataron cedo, fixo dano. Antes da pausa o Friol B púxose por diante e así estiveron ata que faltaban 4 minutos para o final, cando o San Roque empatou para repatir puntos. Deste modo, ambos os dous están clasificados para os play off.

O San Lázaro asegurou a segunda praza da táboa tras derrotar de forman contundente ao Carballedo, ao que non lle deixou nin marcar. 0-4 foi o resultado para as da capital, que poñen distancia. As do sur seguen na zona morna da táboa. Tardaron en chegar os goles xa que non foi xusto á volta do intermedio que entrou o primeiro, aínda que logo foi máis seguido. O último entrou no tempo de desconto.

No outro dos derbis da xornada, o Chantada venceu claramente a unha Comercial que segue co banco moi xusto e que encaixou o primeiro tanto en forma de penalti. No intermedio o Chantada xa estaba 3 goles arriba e a Comercial non foi quen de marcar ata os últimos minutos.

Consulta a clasificación aquí

O Monte Forte caeu co Arzúa, que se achega máis na táboa. Non perde posición o equipo monfortino, pero diminúe a vantaxe que tiña. Partido moi igualado o que disputaron os dous equipos, que foron moi parellos no marcador. No primeiro tempo só se sacou de renda un gol, deixando o resto para a segunda metade, pasado o ecuador. Laura Correas foi a autora do gol que puxo o empate a 2 no marcador pero non tardarían en adiantarse de novo os locais para levarse os tres puntos.

O Milagrosa tamén quedou sen puntuar esta xornada ao perder co Santiso pola mínima. O único gol do duelo entrou a dez minutos do final e condea ás milagrosistas á 9 praza polo momento.

MILAGROSA 0 - 1 SANTISO

SCD Milagrosa: Lara, Nekane, Nayeli, Uxía R, Ainara, Nazaret, Ana, María, Leire, Antía R e Uxía S. Tamén xogaron Patricia, Antía P e Petra.
UD Santiso FC: Cristina, Alexandra, Alba, Daniela, Xiana, Dulce, Elsa, Elia, Ana, Marta S e Noelia. Tamén xogaron Ana F, Lucía e Rocío.
Goles: Alexandra no minuto 79.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.

CHANTADA 4 - 1 COMERCIAL

SD Chantada: Laura, Andrea, Rocío G, Natalia, Noela, Tania G, Rocío C, Ángeles, Laura, Eva e Andrea. Tamén xogaron Marian, Ana, Ángela e Tania N.
SG Comercial: Patricia, Angélica, Estefanía, Natalia, Lady, Daniela, Diana, Estefany, Yolanda, Tania e Antía.
Goles: 1-0 (16'): Noela de penalti. 2-2 (29'): Eva. 3-0 (39'): Tania G. 4-0 (74'): Ángela. 4-1 (77'): Natalia.
Árbitro: José Luis Cabanas Parrado.

CARBALLEDO 0 - 4 SAN LÁZARO

Carballedo CF: María Jesús, Lucía, Aranzazu, Uxía G, Ana, Sara, Verónica, Noelia, Lúa, Laura e Tania M. Tamen xogaron Diana, Tania H, Paula, Jessica e Ainhoa.
SD San Lázaro: Jesica, Belén, Lucía, Inés, Eukene, Jenny, Sandra, Ana María, Salma, Mireia e Xiana. Tamén xogaron Estefanía, Anne, Luanda, Aroa e Uxía.
Goles: Jenny (46' e 64'), Salma (58') e Sandra (90'). 
Árbitro: Adrián Rodríguez Pacio.

ARZÚA 3 - 2 MONTE FORTE

Arzúa Fútbol Club Feminino: Alejandra, Paloma, Zaira, Aroa, Sara, Marta, Andrea, Jaday, Andrea, Lucía e Iria. 
ADC Monte Forte: Alexandra, Sheila, Emilia, Camila, Sara, Paula, Henar, Noa, Iria, Laura Correas e Ana Cristina. Tamén xogou Lucía.
Goles: 1-0 (22'): Zaira. 1-1 (68'): Camila. 2-1 (69'): Zaira. 2-2 (75' de penalti): Laura Correas. 3-2 (78'): Andrea.
Árbitro: Óscar Enríquez Pereiro.

SAN ROQUE 2 - 2 FRIOL B

SDC San Roque: Maholy, Paula, Uxía, María, Miriam, Noa, Saray, Carla, Sofía, Diana e Patricia. Tamén xogaron Clara e Vanneza.
PM Friol B: Patricia, Nerea R, Ana María, Andrea F, María, Leire, Valentina, Jessica, Nerea L, Andrea e Nuria. Tamén xogaron Lidia e Aroa.
Goles: 1-0 (1'): María de penalti. 1-1 (6'): Nerea L. 1-2 (16'): Andrea. 2-2 (86'): Sofía.
Árbitro: Diego Seco Barreira.

 

SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - GRUPO 3

Resultados xornada 20

Milagrosa 0-1 Santiso
Touro 5-2 Silleda
Chantada 4-1 Comercial
Arzúa 3-2 Monte Forte
Carballedo 0-4 San Lázaro
Cruces 0-0 Bandeira
San Roque 2-2 Friol B

Próxima xornada 

Friol B - Milagrosa
Santiso - Touro
Silleda - Chantada
Comercial - Arzúa
Monte Forte - Carballedo
San Lázaro - Cruces
Bandeira - San Roque