O Lugo non decepciona e logra unha nova vitoria para manter o posto de prata

As vitorias na Segunda foron para o líder, o Friol B, e para o San Roque e o Milagrosa en derbi, ademais da do Monte Forte

Primeira Galicia

O Lugo segue colleitando vitorias e puntos nesta competición coa mirada posta no ascenso. Unha xornada máis venceu e fíxoo ante o Cambre, polo que mantén a segunda praza da clasificación.

Foron dous goles de Ana o que marcaron a diferenza nun partido no que o Lugo acudiu moi baixo de efectivos pero que controlou de principio a fin deixando a súa porta a cero.

Consulta a clasificación aquí

O Antas non puido co Orzán, aspirante ao título, e foi derrotado este domingo por 0-5. Aguantaron a presión as da Ulloa, que mantiveron a súa portería a cero ata que faltaban 5 minutos para a pausa. Na segunda parte as forzas foron fallando e encaixaron o resto de goles repartidos no tempo. O equipo lugués está xa afundido na táboa e cun pé no descenso.

LUGO 2 - 0 CAMBRE

CD Lugo SAD: Judith, Berta, Yanire, Iria, María, Ana, Lola, Andrea, Paula, Marta e Candela. Tamén xogou Blanca.
Spórting Cambre: Claudia, Saray, María, Tatiana, Gorety, Noelia, Inés, Guadalupe, Marta, Lucía e Paula. Tamén xogaron Carla, Eva, Alicia, Ana María e Estefanía.
Goles: Ana (50' e 59').
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

ANTAS 0 - 5 ORZÁN

SD Antas: Nuria, Maite, Yaiza, Melanie, Laura M, Elisa, Laura V, Uxía, Paula, Iria e Idoia. Tamén xogaron Noa, Camila e Lindsay
Orzán SD: Uxía R, Uxía L, Daniela, Sara, Iria, Laura, Emma, Noelia F, Antía, Noelia G e Paula. Tamén xogaron Martina, Ivana, Macarena, Nadia e Candela.
Goles: Laura (2), Daniela e Candela (2).
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.

 

PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA

Resultados xornada 22

Tordoia 5-1 Narón O Freixo
Antas 0-5 Orzán
Tomiño 2-1 Bergantiños
Victoria CF B 1-0 Atl Arousana
Amistade 2-5 Victoria FC B
Lugo 2-0 Spórting Cambre
Sárdoma B 7-2 Mos B
O Val 5-2 Noia

Próxima xornada

Noia - Tordoia
Narón O Freixo - Antas
Orzán - Tomiño
Bergantiños - Victoria FC B
Atl Arousana - Amistade
Victoria CF B - Lugo
Spórting Cambre - Sárdoma B
Mos B - O Val

 

Segunda Galicia

O Friol B segue liderando a categoría sen mácula. Volveu gañar esta fin de semana ás costas do Cruces ao que venceu pro 2-4. Tardaron en arrancar as líderes, que primeiro encaixaron un gol pouco antes da pausa, o que lles fixo reaccionar e empatar. Na segunda metade o local chegou con contundencia e meteu o segundo, que as poñía por diante. A partir dese momento, o Friol B lanzou a Nuria cara arriba para facer un hat trick que lles deu a vitoria cun último tanto de penalti.

O San Lázaro mantén a segunda praza da clasificación malia o empate co Chantada, que pola contra cae á sexta. Ambos os dous equipos empataron este domingo no Sangoñedo xusto no tramo final. No duelo estivo por diante o equipo visitante desde o primeiro gol, no minuto 24. Empataron rápido as locais pero volveu liderar o partido o San Lázaro xa antes da pausa e ata que faltaban 5 minutos para a clausura.

O San Roque recuperou esta fin de semana o seu lugar entre os cinco equipos que xogarán polo ascenso tras vencer ao Carballedo a domicilio. O equipo da capital marcou distancias xa no primeiro tempo, que rematou 0-3. No segundo, o Carballedo marcou para pechar a fenda pero o San Roque non terminara co seu afán anotador e meteu o cuarto.

Consulta a clasificación aquí

Vitoria tamén para o Monte Forte, que mantén a sétima praza da clasificación e que esta fin de semana sumou tres puntos máis ante o Touro co 1-2 co que rematou o duelo. As monfortinas foron por diante desde o minuto 6 cando Laura Correas marcou o primeiro gol do dobrete da xornada. Na pausa xa estaban 2 por diante e mantiveron o resultado ata o gol que achegou ao Touro pero que non foi suficiente para cambiar a sétima praza do equipo na táboa.

Na zona baixa, o Milagrosa venceu con contundencia á Comercial por 4-0. Un hat trick de Leire puxo as cousas claras de cara ao final aínda que sería Nekane a que pecharía a conta a tres minutos do final. O Milagrosa non tiña tan clara a vitoria na primeira metade, que rematou 1-0.

MILAGROSA 4 - 0 COMERCIAL 

SCD Milagrosa: Ainhoa, Nekane, Lucía, Patricia, Ainara, Leire, Nazaret, Ana, María, Antía R e Antía P. Tamén xogaron Uxía R, Nayeli e Petra.
SG Comercial: Patricia, Adriana, Estefanía, Natalia, Antía M, Diana, Estefany, Alba A, Yolanda, Tania e Alba M. Tamén xogou Angélica.
Goles: Leire (24', 65' e 78') e Nekane (87').
Árbitro: David Ferreira Valín.

CHANTADA 2 - 2 SAN LÁZARO

SD Chantada: Ángela, Laura, María, Natalia, Andrea, Tania G, Rocío C, Noela, Candi, Eva e Marian. Tamén xogaron Rocío, Ángeles, Laura e Andrea.
SD San Lázaro: Jesica, Belén, Lucía, Inés, Eukene, Jenny, Sandra, Ana María, Salma, Mireia e Xiana. Tamén xogaron Luanda, Lucía, Lourdes, Anne e Aroa.
Goles: 0-1 (24'): Salma. 1-1 (26'): Tania G. 1-2 (36'): Jenny. 2-2 (85'): Ángeles. 
Árbitro: Fernando Fernández López.

TOURO 1 - 2 MONTE FORTE

SD Touro: Mencía, Marina, Laura, Natalia, Elena, Lucía, María, Laura, Enma, Irene e María. Tamén xogaron Ana, Lara e Nerea.
ADC Monte Forte: Alexandra, Sheila, Emilia, Camila, Vanessa, Sara, Paula, Henar, Noa, Laura Correas e Ana Cristina. Tamén xogaron Alba, Laura Rivas e Iria.
Goles: 0-1 e 0-2 (6' e 27'): Laura Correas. 1-2 (53'): Irene.
Árbitro: Secundino Soto Pérez.

CARBALLEDO 1 - 4 SAN ROQUE

Carballedo CF: Adelaida, Noelia, Alba, María Jesús, Ana, Sara, Verónica, Tania H, Lúa, Laura e Tania M. Tamén xogaron Noelia, Uxía, Paula. Diana P e Diana G.
SDC San Roque: Carla R, Paula, Uxía, María, Miriam, Noa, Saray, Sofía, Diana, Clara e Maholy. Tamén xogaron Milagrosa e Carla.
Goles: 0-1 (20'): María. 0-2 (26'): Sofía. 0-3 (37'): Mariam. 1-3 (70'): Ana. 1-4 (76'): María. 
Árbitro: Joel Lanzós Gómez.

CRUCES 2 - 4 FRIOL B

SD Cruces: Antía Rey, Antía S, Andrea, Cruz, Clara, Celtia, Antía R, Paula, Candela, Silvia e Giselle. Tamén xogaron Águeda, Lourdes, Trinidad e Beatriz.
PM Friol B: Nerea L, Nerea R, Ana María, Andrea F, Covadonga, Andrea V, María, Leire, Valentina, Jessica e Nuria. Tamén xogou Iria.
Goles: Silvia e Candela polo local e Nerea e Nuria (3, 1 de penalti) polo Friol B.
Árbitro: Sarai Fernández López.

 

SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - GRUPO 3

Resultados xornada 18

Santiso 2-1 Silleda
Milagrosa 4-0 Comercial
Touro 1-2 Monte Forte
Chantada 2-2 San Lázaro
Arzúa 2-1 Bandeira
Carballedo 1-4 San Roque
Cruces 2-4 Friol B

Próxima xornada 

Friol B - Santiso
Silleda - Milagrosa
Comercial - Touro
Monte Forte - Chantada
San Lázaro - Arzúa
Bandeira - Carballedo
San Roque - Cruces