O Antas suma a segunda vitoria do curso a mesma fin de semana que o Lugo cae goleado polo líder

Marcador avultado do Friol B ante o Comercial, primeiro contra último. Vitoria tamén do San Lázaro, o Carballedo, o Milagrosa e o Monte Forte

Primeira Galicia

O Lugo, que segue escaso de efectivo, caeu derrotado na súa loita directa polo título co Sárdoma B. O equipo local foi moi superior e dominou o electrónico. No intermedio o Sármoda xa estaba tres goles arriba e na segunda parte seguiu aproveitando a vantaxe que lle daba o extenso do banco.

Aínda así, o equipo lugués segue clasificado provisionalmente para o ascenso, no posto de bronce entre Bergantiños e Orzán, dos que o separan un punto en cada caso. Os catro primeiros da clasificación están claramente diferenciados do resto do grupo.

Consulta a clasificación aquí

Segunda vitoria do curso para o Antas, ante o Victoria CF B, un dos equipos da zona media-alta. Foron as locais as que se adiantaron no marcador na primeira parte pero o Antas, antes do descanso aseguraba o empate e o reparto de puntos. Finalmnente, no 80' marcaron o gol da vitoria impedindo ao rival recuperarse.

A vitoria non supón unha melloría na táboa, xa que seguen últimas, pero dá opcións e levanta o ánimo a un equipo que está tendo moitas dificultades xornada a xornada para completar o once inicial pola escaseza de efectivos.

SÁRDOMA B 5 - 0 LUGO

Sárdoma CF B: Lucía, Eva, Sheila, Elisa, María, Lucía, Jimena, Ángela, Carla, Sabela e Estela. Tamén xogaron Marina, Natalia, Noa e Sandra.
CD Lugo SAD: Judith, Berta, Yanire, Iria, María, Ana, Lola, Andrea, Paula, Marta e Candela. Tamén xogou Blanca.
Goles: Ángela (14', 23' e 89'), María (25') e Lucía (62').
Árbitro: Sergio Souto Prado.

VICTORIA FC B 1 - 2 ANTAS

Victoria FC B: María, Alba C, Carla, Natalia, Andrea, Antía, Xiana, Carolina, Irene, Icía e Cristina. Tamén xogaron Alba A e Marta. 
SD Antas: Iria, Laura V, Yaiza, Melanie, Maite, Elisa, Laura, Paula, Uxía, Nuria e Idoia. Tamén xogou Lindsay.
Goles: 1-0 (11'): Icía. 1-1 (34'): Nuria. 1-2 (80'): Paula.
Árbitro: Bárbara Ana Álvarez Castro.

 

PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA

Resultados xornada 19

Noia 1-5 Orzán
Bergantiños 5-1 Narón O Freixo
Atl Arousana 1-0 Tordoia
Victoria CF B 1-2 Antas
Spórting Cambre 4-3 Tomiño
Mos B 1-2 Victoria FC B
O Val 2-1 Amistade
Sárdoma B 5-0 Lugo

Próxima xornada

Narón O Freixo - Orzán
Tordoia - Bergantiños
Atl Arousana - Antas
Tomiño - Victoria FC B
Victoria CF B - Spórting Cambre
Amistade - Mos B
Lugo - O Val
Sárdoma B - Noia

 

Segunda Galicia

Dura derrota da Comercial na Reigosa ante un Friol B que quería resarcirse da derrota da semana pasada, a primeira da tempada. 10-0 foi o resultado final dun duelo moi desigual no que destacaron o póker de Nuria e o hat trick de Nerea Lombardero. 

Malia o resultado final, a Comercial contivo ao líder durante a primeira metade, na que só encaixou dous goles, nos primeiros dez minutos. 

Foi a partir do 50' cando se descontrolou a conta con tres tantos en catro minutos. O resto espaciáronse algo máis, o último un minuto antes do pitido final.

No posto de prata da clasificación segue o San Lázaro, que venceu ao Santiso grazas a Jenny, que levantou un 0-2 en contra da primeira metade para levarse os tres puntos cun 3-2. As locais encaixaron o primeiro tanto no primeiro minuto e no 34' metía o Santiso o segundo deixando ao San Lázaro contra as cordas. 

Jenny, que está terceira na lista de goleadas, marcou un hat trick que lle permite ao equipo asegurarse na táboa para a promoción. O primeiro foi antes do descanso e o empate antes de que se cumpriran cinco minutos do segundo tempo. O gol da vitoria fíxose esperar algo máis.

O San Roque perdeu a oportunidade de subir á terceira praza tras caer ante o Touro no Polvorín, que se alonxa máis na posición. Un único gol foi suficiente para que a vitoria caese para as visitantes.

Non perderon posición, xa que o Chantada, que ocupa a última praza de promoción, tamén perdeu este domingo, 4-1 ante o Cruces. Ás chantadinas púxose o partido de non cando encaixaron un penalti aos catro minutos e antes do descanso xa tiñan o segundo en contra subido ao marcador.

Tardou máis da metade do tempo que quedaba en marcar Ángeles o gol que daba esperanza ao club chantadés, pero todo foi unha ilusión porque o Cruces seguiu sumando tantos, o útlimo sobre a bucina.

Consulta a clasificación aquí

Desde a recuperada sexta praza, o Carballedo aportou unha nova vitoria, nesta ocasión ante o Arzúa, por 3-1. Extraño partido no que os goles foron concentrados ao final. Os dous primeiros foron senllos penaltis a favor do Carballedo, que Ana Lamas converteu en gol, o primeiro no 53' e o segundo xa no 78'.

A dous minutos do final o Arzúa achegouse no electrónico pero Ana completou o triplete cun novo tanto, nesta ocasión en xogada e xa no desconto.

Segunda vitoria consecutiva do Monte Forte, que, situado na oitava praza do grupo, superou ao Silleda, un dos equipos de abaixo. Abriu o reconto o visitante, mediada a primeira parte, pero o reaccionaron as locais aos dous minutos. No 32', un penalti volveu poñer por diante ao Silleda, pero o Monte Forte logrou o empate xusto antes da pausa.

O partido mantívose igualado ata un minuto antes do final, cando Noa marcou o gol da vitoria e na seguinte xogada conseguiu o dobrete.

Tamén logrou a vitoria, pola mínima, o Milagrosa, que derrotou a domiclio ao Bandeira cun único gol obra de Ainara, no minuto 50. Tres puntos que lle permiten seguir na décima praza da clasificación a un paso do descenso.

FRIOL B 10 - 0 COMERCIAL

PM Friol B: Lucía, Nerea R, Ana María, Andrea F, Covadonga, Lidia, María, Jessica, Ángela, Nerea L e Nuria. Tamén xogaron Ariadna, Andrea V, Rocío e Aroa.
SG Comercial: Estefanía, Adriana, Natalia, Diana, Antía, Patricia, Lady, Tania, Estefany, Alba e Antía T. Tamén xogaron Daniela e Angélica.
Goles: Nerea L (3), Nuria (4), Jessica, Andrea e Lidia. 
Árbitro: Marco A. Fernández Vázquez.

CRUCES 4 - 1 CHANTADA

SD Cruces: Antía Rey, Antía S, Andrea, Lourdes, Beatri, Celtia, Antía R, Paula, Begoña, Silvia e Paola. Tamén xogaron Ana, Cruz, Candela, Clara e Trinidad.
SD Chantada: Carla, Rocío, María, Natalia, Andrea, Tania G, Ángeles, Laura Carnero, Ana, Tania N e Laura R. Tamén xogaron Ángela, Laura Rey e Andrea.
Goles: 1-0 (4') Antía R de penalti. 2-0 (34'): Begoña. 2-1 (74'): Ángeles. 3-1 (79'): Candela. 4-1 (90'): Begoña. 
Árbitro: Cristina Gonzále Abeledo.

BANDEIRA 0 - 1 MILAGROSA

SD Bandeira: Alejandra, Lía, Andrea A, Laura, Uxía, Alba, Lara,  Noelia, Eva, Sofía e Mónica. Tamén xogaron Sara, Andrea T, Silvia, María del Pilar e Ana.
SCD Milagrosa: Lara, Uxía R, Patricia, Ainara, Leire, Antía P, Nazaret, Ana, María, Antía R e Uxía S. Tamén xogaron Lucía, Petra e Marta.
Goles: Ainara no minuto 50.
Árbitro: Miriam Abeledo Chorén.

MONTE FORTE 4 - 2 SILLEDA

ADC Monte Forte: Paula, Ainhoa, Lucía, Vanessa, Sara, Henar, Noa, Alba, Laura Correas, Ana Cristina e Sheila. Tamén xogaron Emilia, Camila e Laura Rivas.
Escola de fútbol Silleda: Leire, Antía B, Noemí, Euxea, Carmen, Antía R, Noelia V, Noelia G, Xiana, Iria R e Alba Baulde. Tamén xogaron Samia, Yudit, Laura V e Irea.
Goles: Sara (2), e Noa (2) polo local e Alba e Euxea (de penalti) polo visitante.
Árbitro: María Josefa Fernández Rodríguez.

CARBALLEDO 3 - 1 ARZÚA

Carballedo CF: Lali, Lucía, Noelia M, Aránzazu, María Jesús, Ana, Sara, Verónica, Noelia P, Tania H e Laura. Tamén xogaron Tania M, Jesica e Lúa.
Arzúa Fútbol Club Femenino: Alejandra, Paloma, Zaira, Naiara, Sara, Marta, Andrea V, Andrea G, Lucía, Jessica e Iria. Tamén xogou María.
Goles: 1-0  e 2-0 (53' e 78'): Ana de penalti en ambos casos. 2-1 (88'): Andrea G. 3-1 (90'): Ana. 
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.

SAN LÁZARO 3 - 2 SANTISO

SD San Lázaro: Jesica, Lucía, Estefanía, Jenny, Sandra, Lucía, Ana María, Salma, Luanda, Mireia e Xiana. Tamén xogaron Inés, Eukene, Lourdes e Aroa.
UD Santiso FC: Cristina, Alexandra, Alba, Daniela, Xiana, Marta, Elsa, Elia, Ana, Marta e Noelia. Tamén xogaron Rocio, Lucía, Noa e Ana.
Goles: 0-1 (1'): Noelia. 0-2 (34'): Alexandra. 1-2, 2-2 e 3-2 (41', 49' e 78'): Jenny. 
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

SAN ROQUE 0 - 1 TOURO

SDC San Roque: Carla R, Paula, Uxía, María, Miriam, Saray, Noa, Sofía, Carla P, María Eugenia e Maholy. Tamén xogou Diana.
SD Touro: Mencía, Marina, Natalia, Elena, Ana, Laura, Iria, Enma, Rocío, Irene e Claudia.
Goles: Rocío no minuto 67.
Árbitro: Lidia Álvarez Argerey.

 

SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - GRUPO 3

Resultados xornada 15

Friol B 10-0 Comercial
Monte Forte 4-2 Silleda
San Lázaro 3-2 Santiso
Bandeira 0-1 Milagrosa
San Roque 0-1 Touro
Cruces 4-1 Chantada
Carballedo 3-1 Arzúa

Próxima xornada 

Silleda - Comercial
Santiso - Monte Forte
Milagrosa - San Lázaro
Touro - Bandeira
Chantada - San Roque
Arzúa - Cruces
Carballedo - Friol B