Primeira derrota da tempada para o Friol B

O equipo de Segunda mantén o liderado do grupo mentres que o Lugo de Primeira volve vencer cun marcador avultado

Primeira Galicia

Vitoria contundente do Lugo, que superou ao Noia amplamente aínda que lle costou coller o ritmo ao xogo. Acudiron ao duelo xustas as albivermellas, que só levaron un cambio pero acabaron indo de menos a máis para manter o seu posto de prata da táboa. O primeiro tanto das locais entrou no minuto 15 e habería que esperar ata avanzada a segunda metade para que entrara o segundo. 

Completou o equipo lugués o seu marcador na quenda final, entrando o último sobre a bucina.

Consulta a clasificación aquí

Mala fortuna para o Antas, que rematou 1-4 tras marcar dous goles en propia porta. De feito, o primeiro tanto do duelo, moi madrugador, entrou no minuto 9. Engrosarían a distancia as visitantes antes do intermedio. Paula marcou para o Antas á volta de vestiarios e contestou avanzada a segunda metade de novo o Cambre. Finalmente no desconto, as da Ulloa marcaron de novo en propia porta para avultar un resultado que non se viu así no verde.

LUGO 4 - 0 NOIA

CD Lugo SAD: Iyore, Berta, Yanire, Iria, María, Lola, Andrea, Paula, Blanca, Marta e Candela. Tamén xogou Ana.
CF Noia: Noelia, Uxía S, Diana, Antía, Julia, Noelia, M, Sara, Celia, Lorena, Xiana e Adriana. Tamén xogaron Mar, Melania, Xulia, Sandra e Uxía P.
Goles: Iria (15'), Ana (68' e 81') e María (90').
Árbitro: David Comendeiro Sertaje.

ANTAS 1 - 4 CAMBRE

SD Antas: Nuria, Idoia, Laura V, Mel, Iria, Elisa, Yaiza, Lindsay, Tamara, Paula e Maite. Tamén xogaron Laura M, Uxía e Laura R.
Spórting Cambre: Elena, Noelia, María, Tatiana, Lucía, Andrea, Paula, Eva, Guadalupe, Inés e Ana María. Tamén xogaron Lucía, Estefanía, Marta, Lorena e Gorety. 
Goles: 0-1 (9'): en propia porta. 0-2 (39'): Paula. 1-2 (52'): Paula. 1-3 (79'): Lucía. 1-4 (90'): en propia porta.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.

 

PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA

Resultados xornada 18

Orzán 1-5 Bergantiños
Narón O Freixo 2-1 Atl Arousana
Tordoia 1-0 Victoria FC B
Antas 1-4 Spórting Cambre
Mos B 2-3 Tomiño
Victoria CF B 2-0 O Val
Amistade 1-1 Sárdoma B
Lugo 4-0 Noia

Próxima xornada

Noia - Orzán
Bergantiños - Narón O Freixo
Atl Arousana - Tordoia
Victoria CF B - Antas
Spórting Cambre - Tomiño
Mos B - Victoria FC B
O Val - Amistade
Sárdoma B - Lugo

 

Segunda Galicia

Primera derrota do Friol B do que vai de tempada e fíxoo cunha avultada goleada do Arzúa (6-0). O líder do grupo deixou polo tanto de ser imbatible e perdeu os primeiros tres puntos do curso ante un Arzúa que foi superior e onde Zaira sacou do bolso un póker de goles.

Tres tantos meteu no peto o Arzúa no primeiro tempo e o segundo, pouco depois de comezar, xa estaba con 5 a favor.

O San Lázaro segue marchando segundo trala súa vitoria do domingo ante o Silleda. Foron 4 tantos, con dobrete de Jenny, os que subiron ao marcador das luguesas, que xogaron a domiclio e que recuperan a xeira das vitorias coa segunda consecutiva tras unha derrota e un empate. Malia o resultado avultado, os catro goles tardaron moito en chegar, xa que non entraron ata dez minutos despois de empezar o segundo tempo.

Consulta a clasificación aquí

Nun dos tres derbis da xornada, o Monte Forte venceu á Comercial no Rodríguez Lago. Anodina primeira e segunda metade xa que un gol de Laura Correas no minuto 19 mantívose en solitario ata o tramo final.

Vitoria tamén en duelo local do San Roque sobre o Milagrosa no Luis Gorgoso. Igualdade no campo que durante a primeira parte do partido se reflectiu nun marcador a cero. Na segunda abriu a caixa o San Roque, que sumaría dous tantos antes de que no tempo de desconto metese en propia porta tamén para dar un gol ao Milagrosa.

Cando faltaban 8 minutos para o fin do partido empatou o equipo local, pero o Monte Forte reaccionou con dous goles máis en catro minutos antes do pitido final.

Superioridade do Carballedo sobre o Chantada no duelo deste domingo no que un único gol deu os tres puntos ao equipo visitante no terceiro derbi provincial. O gol tardou en chegar e non foi ata avanzada a segunda metade cando entrou o tanto da vitoria.

CHANTADA 0 - 1 CARBALLEDO

SD Chantada: Carla, Andrea, María, Natalia, Ángela, Tania G, Rocío, Ángeles, Candy, Eva e Noela. Tamén xogaron Laura Carnero, Laura R, Ana, Tania N e Rocío.
Carballedo CF: Lali, Noelia M, Aránzazu, María Jesús, Ana, Sara, Verónica, Noelia P, Tania, Laura e Diana P. Tamén xogaron Lucía, Tania M, Jessica e Lúa.
Goles: Ana no minuto 63. 
Árbitro: Borja Bran López.

 MILAGROSA 1 - 2 SAN ROQUE

SCD Milagrosa: Lara, Maria, Uxía R, Patricia, Nekane, Ainara, Leire, Nazaret, Ana, Antía R e Uxía S. Tamén xogaron Antía P, Marta e Eider.
SDC San Roque: Carla R, Noa, Paula, Uxía, María, Miriam, Irene, Saray, Carla P, Diana e María Eugenia. Tamén xogaron Maholy, Anghela, Clara e Vanezza.
Goles: 0-1 (47'): Mariam. 0-2 (71'): Irene. 1-2 (90'): En propia porta.
Árbitro: Carlos Casas Herrero.

COMERCIAL 1 - 3 MONTE FORTE

SG Comercial: Patricia, Adriana, Estefanía, Natalia, Estefany, Diana, Noa, Alba, Yolanda, Tania e Antía T. Tamén xogaron Antía M, Daniela, Lady, Angélica e Alba.
ADC Monte Forte: Paula, Sheila, Emilia, Camila, Ainhoa L, Vanessa, Sara, Henar, Noa, Alba e Laura Correas. Tamén xogaron Laura Rivas, Ana Cristina e Lucía.
Goles: 0-1 (19'): Laura Correas. 1-1 (82'): Antía M. 1-2 (85'): Henar. 1-3 (89'): Sara.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

ARZÚA 6 - 0 FRIOL B

Arzúa Fútbol Club Femenino: Alejandra, Paloma, Zaira, Marlene, Sara, Marta, Andrea V, Andrea G, Lucía, Jessica e Iria. Tamén xogaron María, Haday e Marina.
PM Friol B: Mahine, Ariandna, Ana María, Andrea V, Lidia, María, Leire, Aroa, Valentina, Iria e Raluca. Tamén xogaron Paula e Rocío Covadonga.
Goles: Nadre (2) e Zaira (4).
Árbitro: José Luis Miguélez Granja.

SILLEDA 0 - 4 SAN LÁZARO

Escola de fútbol Silleda: Leire, Antía B, Noemí, Euxea, Carmen, Antía R, Noelia, Xiana, Iria R, Alba Baulde e Yudit. Tamén xogaron Laura, Miriam, Irea, Iria V e Alba Bugallo.
SD San Lázaro: Jesica, Belén, Lucía, Inés, Aroa, Sandra, Lucía, Lourdes, Salma, Mireia e Xiana. Tamén xogaron Jenny e Luanda.
Goles: Sandra (56'), Jenny (68' e 87') e Xiana (71').
Árbitro: Cristina González Abeledo.

 

SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - GRUPO 3

Resultados xornada 14

Comercial 1-3 Monte Forte
Silleda 0-4 San Lázaro
Santiso 3-2 Bandeira
Milagrosa 1-2 San Roque
Touro 5-2 Cruces
Chantada 0-1 Carballedo
Arzúa 6-0 Friol B

Próxima xornada 

Friol B - Comercial
Monte Forte - Silleda
San Lázaro - Santiso
Bandeira - Milagrosa
San Roque - Touro
Cruces - Chantada
Carballedo - Arzúa