O Lugo avanza na táboa de Primeira tras una nova vitoria e o Friol B segue invicto na de Segunda

A Comercial puxo en apuros ao San Lázaro e o Milagrosa goleou de forma contundente ao Cruces

Primeira Galicia

O Lugo aproveitou a derrota do Orzán para recuperar posiciós e poñerse novamente segundo do grupo tras vencer ao Amistade no tempo de desconto. Tres puntos marcan agora a diferenza do equipo lugués con respecto ao líder, o Sárdoma B. Aínda así, o conxunto albivermello está no grupo clasificado para o ascenso.

Vitoria que se complicou un pouco na Cheda, cun banco de reforzo moi escaso. Abriron a conta as do Lugo avanzada a primeira metade, e antes do descanso o rival empataba. Á volta, foi a mesma canción, gol do local e contestación do visitante. Ao final, cando parecía que o resultado no se ía mover, o Lugo, por medio de Candela, marcou o gol da vitoria no tempo de desconto.

Consulta a clasificación aquí

O Antaspola súa banda, a piques estivo de puntuar esta fin de semana pero ao final perdeu ante o Mos por un único gol que marcou o local de penalti no minuto 75. As xogadoras da Ulloa volveron ir xustas ao partido e pesou moito a falta de cambios no desenvolvemento do xogo.

LUGO 3 - 2 AMISTADE

CD Lugo SAD: Judith, Berta, Yanire, Iria, María, Ana, Lola, Andrea, Paula, Marta e Candela. Tamén xogaron Blanca e Naia.
Escola FB Amistade: Lidia, Alicia, Carla, Sabela, Carmen, Marta, Alba, Azuleima, Andrea, Beatriz e Vanesa. Tamén xogaron Marta, Lucía e Uxía.
Goles: 1-0 (29'): Iria. 1-1 (37'): Marta. 2-1 (55'): Ana. 2-2 (72'): Marta. 3-2 (90'): Candela.
Árbitro: Brenda Lence Iglesias.

MOS B 1 - 0 ANTAS

UD Mos B: Olga, Antía, Uxía, Iris, Lucía, Erika, Leylen, Paula D, Miriam, Claudia e Daniela. Tamén xogaron Fátima, Corina, Sofía e Paula F. 
SD Antas: Nuria, Idoia, Laura V, Mel, Iria, Elisa, Yaiza, Tamara, Lindsay, Noa e Laura R.
Goles: Érika no minuto 75 de penalti.
Árbitro: María Trinidad Pérez Riveiro.

 

PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA

Resultados xornada 17

Noia 2-4 Bergantiños
Atl Arousana 3-0 Orzán
Victoria CF B 4-0 Narón O Freixo
Spórting Cambre 3-1 Tordoia
Mos B 1-0 Antas
O Val 4-4 Tomiño
Sárdoma B 2-1 Victoria FC B
Lugo 3-2 Amistade

Próxima xornada

Orzán - Bergantiños
Narón O Freixo - Atl Arousana
Mos B - Victoria FC B
Antas - Spórting Cambre
Sárdoma B - Tordoia
Victoria CF B - O Val
Amistade - Tomiño
Lugo - Noia

 

Segunda Galicia

O Friol B non decepcionou e sumou unha nova vitoria e xa son 13 consecutivas, un pleno que se levou ás costas do Monte Forte e cun banco xustiño, xa que só levou un cambio.

Foron as locais as que se puxeron o primeiro tanto no marcador, nada máis comezar. Tardarían as visitantes en atopar a senda do gol pero foron ao intermedio co empate. Na segunda parte, Nerea Lombardero levantou o resultado ata o 1-4 final cun triplete.

Vitoria tamén contundente do Chantada ante o Arzúa, que lle permite, aproveitando o empate do San Roque, mellorar na táboa dentro dos seleccionados para o ascenso. Tardou en arrancar o local, xa que o primeiro tanto foi do visitante e non sería ata xusto o intermedio que empatou o Chantada. Na Segunda volveu pasar o mesmo e co 2-2 no marcador xogaron os últimos 20, antes de que, no tempo de desconto, o Chantada metese o gol da vitoria.

Goleada clara do Milagrosa sobre o Cruces, equipos moi parellos na clasificación. 6 tantos marcaron as milagrosistas, entre as que destacou o hat trick de Ainara Silvosa. Pola súa banda Leire fixo dobrete. 5-0 ían as locais antes do descanso nun partido que se puxo de cara xa no minuto 5 cando abriron a conta.

Consulta a clasificación aquí

Vitoria in extremis tamén do San Lázaro, segundo na clasificación, ante a Comercial, que pecha a táboa. Moita igualdade que non se puido solventar ata os últimos quince minutos, cando o San Lázaro marcou seguidos os dous goles.

Empate para o San Roque a domicilio co Santiso. Suma un punto o equipo lugués, que lle permite seguir enganchado á zona alta. Marcaron primeiro as locais e non tardaría en facer o mesmo o lugués. A expulsión da porteira local, no último minuto puido cambiar o curso do partido, pero o San Roque non logrou adiantarse.

No capítulo de derrotas, o Carballedo perde posición na táboa trala derrota co Touro. O conxunto da provincia encaixou dous tantos, un antes da pausa e outro mediada a segunda parte e non foi quen de abrir a conta ou achegarse.

CHANTADA 3 - 2 ARZÚA

SD Chantada: Carla, Andrea, María, Natalia, Ángela, Tania G, Rocío, Ángeles, Noela, Eva e Laura. Tamén xogaron Ana, Tania N e Rocío.
Arzúa Fútbol Club Femenino: Alejandra, Isabel, Zaira, Naiara, Sara, Marta, Andrea V, Andrea G, Lucía, Jessica e Iria. Tamén xogou Marina.
Goles: 0-1 (26'): Andrea G. 1-1 (45'): Tania G. 1-2 (52'): Andrea G. 2-2 (69'): Ángeles. 3-2 (90'): Eva. 
Árbitro: Borja Bran López.

TOURO 2 - 0 CARBALLEDO

SD Touro: Mencía, Marina, Laura, Zoila, Ana, María G, María T, Iria, Enma, Rocío e Irene. Tamén xogaron Claudia, Elena, Lucía, Nerea e Noemí.
Carballedo CF: Lali, Lucía, Aránzazu, María Jesús, Ana, Sara, Verónica, Diana G, Tania, Laura e Diana P. Tamén xogaron Uxía e Jessica.
Goles: Zoila (42') e Rocío (63').
Árbitro: Cristina González Abeledo.

 SANTISO 1 - 1 SAN ROQUE

UD Santiso FS: Cristina, Alexandra, Alba, Daniela, Xiana, Patricia, Elsa, Elia, Ana Q, Marta S e Noelia. Tamén xogaron Ana F, Silvia e Marta V.
SDC San Roque: Carla R, Paula, Uxía, María, Eugenia, Saray, Naiara, Diana, Carla P, Maholy e Noa Tamén xogou Anghela.
Goles: 1-0 (61'): Marta. 1-1 (65'): Naiara.
Árbitro: Ángel Penela Rodríguez.

COMERCIAL 0 - 2 SAN LÁZARO

SG Comercial: Patricia, Adriana, Estefanía, Natalia, Estefany, Antía M, Noa, Alba, Yolanda, Diana e Antía T. Tamén xogaron Daniela, Tania e Angélica.
SD San Lázaro: Jesica, Belén, Lucía, Inés, Estefanía, Sandra, Lucía, Salma, Lluanda, Mireia e Xiana. Tamén xogaron Loudes, Aroa e Eukene.
Goles: Sandra no minuto 75 e Aroa no 79.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

MONTE FORTE 1 - 4 FRIOL B

ADC Monte Forte: Paula, Ainhoa G, Emilia, Sheila, Ainhoa L, Vanessa, Sara, Henar, Noa, Laura Correas e Ana Cristina. Tamén xogaron Laura R, Alba e Lucía.
PM Friol B: Patricia, Nerea R, Ana María, Andrea V, Lidia, María, Leire, Valentina, Jessica, Nerea L e Nuria. Tamén xogou Covadonga.
Goles: 1-0 (1'): Henar. 1-1 (42'): Nuria. 1-2, 1-3, 1-4 (47', 70' e 85'): Nerea L.
Árbitro: Joel Lanzós Gómez.

MILAGROSA 6 - 0 CRUCES

SCD Milagrosa: Lara, Nekane, Patricia,  Ainara, Leire, Nazaret, Ana, María, Antía, Uxía R e Uxía S. Tamén xogaron Lucía, Antía, Pedra e Ainara L.
SD Cruces: Antía, Lourdes, Cruz, Celtia, Antía R, Paula, Candela, Begoña, Giselle, Edla e Silvia. Tamén xogaron Beatriz M, Clara, Carmen, Andrea e Beatriz G.
Goles: Ainara S (3), Leire (2) e Patricia.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.

 

SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - GRUPO 3

Resultados xornada 13

Chantada 3-2 Arzúa
Touro 2-0 Carballedo
Milagrosa 6-0 Cruces
Santiso 1-1 San Roque
Silleda 0-1 Bandeira
Comercial 0-2 San Lázaro
Monte Forte 1-4 Friol B

Próxima xornada 

Comercial - Monte Forte
Silleda - San Lázaro
Santiso - Bandeira
Milagrosa - San Roque
Touro - Cruces
Chantada - Carballedo
Arzúa - Friol B