Primeira Galicia
Fíxose esperar, pero finalmente o Antas logrou os seus primeiros tres puntos tras 13 xornadas dunha liga que se está facendo complicada para o equipo da Ulloa. Un gol necesitou ante o Amistade para poñerse por diante no marcador, xa preto do final, no minuto 71. Malia o resultado, o Antas non abandona a última praza da clasificación e se mantén con 0 puntos na conta porque tiña 3 de sanción.
O Lugo tamén se levou os tres puntos do seu enfrontamento co Tordoia por 0-2. Lola foi a encargada de abrir a conta antes do descanso e así continuarían ata o final do duelo, cando no tempo de desconto Paula Casado asegurou a vitoria co segundo tanto.
O equipo albivermello segue terceiro, dentro do grupo que loitará polo ascenso.
TORDOIA 0 - 2 LUGO
CD Lugo SAD: Judith, Berta, Yanire, Iria, Noa, María, Ana, Lola, Andrea, Paula e Marta. Tamén xogaron Candela, Raquel, Blanca e Naia.
Goles: Lola no minuto 33 e Paual C no 90.
Árbitro: Alberto Alvarez Cebreiro.
ANTAS 1 - 0 AMISTADE
Escuela FB Amistade: Tamara, Uxía, Lidia, Carmen, Sabela, Marta, Alba, Eva, Andrea, Alicia e Vanesa. Tamén xogou Xeila.
Goles: Gol de Nuria no minuto 71.
Árbitro: Brais del Olmo Brasero.
PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA |
---|
Tomiño | 0-3 | Victoria CF B |
Antas | 1-0 | Amistade |
Tordoia | 0-2 | Lugo |
Narón O Freixo | 0-11 | Sárdoma B |
Orzán | 2-0 | O Val |
Bergantiños | 3-0 | Mos B |
Atl Arousana | 6-2 | Spórting Cambre |
Noia | 0-4 | Victoria FC B |
Próxima xornada
Noia | - | Victoria CF B |
Amistade | - | Tomiño |
Lugo | - | Antas |
Sárdoma B | - | Tordoia |
O Val | - | Narón O Freixo |
Mos B | - | Orzán |
Spórting Cambre | - | Bergantiños |
Victoria FC B | - | Atl Arousana |
Segunda Galicia
Mala xornada para os equipos da provincia con tres derrotas e unha única vitoria nos enfrontamentos con equipos do resto de Galicia. Ademais de dous derbis, un do cuales quedou en táboas.
O único en vencer foi o Friol B, que segue imparable só con vitorias, semana tras semana. Nesta ocasión foi invencible ante o Bandeira, ao que derrotou 4-0. Xa tiña o Friol B o traballo fieo na primeira metade xa que chegou ao descanso 3-0.
Primeiro punto da tempada para a Comercial, que empatou na casa co Carballedo, equipo que leva catro semanas consecutivas puntuando e se mantén a un paso do grupo de cabeza.
Primeira parte sen goles e cos dous equipos xustos de efectivos. Abriu o local a conta no minuto 58 e non tardaría máis que cinco minutos o empate. Malia que se volveron poñer por diante, o Carballedo empatou a dez do final.
No outro derbi da xornada, o San Lázaro venceu 4-2 ao San Roque. Os dous equipos se manteñen na parte alta da táboa tras un disputado duelo no Rodríguez Lago.
No capítulo de derrotas o Milagrosa caeu na casa ante o Touro, un dos cinco clasificados arriba, e descende posicións. As milagrosistas, que comenzaron moi ben a tempada, levan xa tres derrotas consecutivas achegándose á parte baixa. Non parecía tan avultada a conta na primeira metade, na que o duelo estivo máis reñido. Foron 0-1 ao descanso pero á volta tres goles moi cedo desestabilizaron ao Milagrosa que, co 4-0 ía perdendo opcións. No tramo final encaixou dous máis.
Outra derrota dolorosa foi a do Chantada a domicilio co Santiso. O equipo chantadino, que logra manterse na cuarta posición, tivo como verdugo a un equipo da parte media. As de vermello necesitan volver puntuar para manterse lonxe da zona media, que está moi apertada con distancias mínimas.
Non axudou no duelo do Chantada o gol que encaixou nos primeiros minutos e malia que empatou cedo, un gol en propia porta puxo ao Santiso de novo por diante e aumentaría a distancia co 3-1 antes do descanso.
O Monte Forte viu escapar os tres puntos de novo ante o Cruces. 1-2 foi o resultado co que as de Monforte quedan esta semana coa terceira derrota consecutiva. Encaixaron o primeiro tanto no minuto 22 e aínda que empataron na segunda parte, o Cruces meteu o segundo a catro minutos do final e non se puido facer máis
MILAGROSA 0 - 6 TOURO
SD Touro: Mencía, Marina, Laura L, Natalia, Zoila, María G,Laura T, Iria, Emma, Rocío e Irene. Tamén xogaron Nerea, Ana e Claudia.
Goles: Irene (33' e 85'), María G (48' e 80') e Rocío (50' e 55').
Árbitro: Soufiane Belhelba.
SANTISO 4 - 1 CHANTADA
SD Chantada: Ángela, Candy, Irene, Natalia, Andrea G, Tania G, Rocío, Noela, Ángeles, Laura e María. Tamén xogaron Tania N, Mariam, Rocío e Andrea M.
Goles: 1-0 (6'): Ana. 1-1 (18'): Ángeles. 2-1 (35'): en propia porta. 3-1 (42'): Ana. 4-1 (68'): Alexandra.
Árbitro: Miriam Abeledo Chorén.
COMERCIAL 2 - 2 CARBALLEDO
Carballedo CF: Lali, Noelia M, Aránzazu, Diana, Uxía G, Sara, Verónica, Diana, Ainhoa, Laura e Tania M. Tamén xogou Uxía D.
Goles: 1-0 (58'): Alba. 1-1 (63'): Sara. 2-1 (75'): Daniela. 2-2 (80'): Aranzazu.
Árbitro: Juan Luis Fernández Pita.
MONTE FORTE 1 - 2 CRUCES
SD Cruces: Antía Rey, Antía S, Cruz, Andrea S, Celtia, Antía R, Carmen, Candela, Begoña, Paula e Giselle. Tamén xogaron Andrea L e Xulia.
Goles: 0-1 (22'): Antía S. 1-1 (68'): Henar. 1-2 (86'): Begoña.
Árbitro: David Pérez Rodríguez.
SAN LÁZARO 4 - 2 SAN ROQUE
SDC San Roque: Maholy, Paula, María, Mariam, Irene, Saray, Naiara, Sofía, Diana, Carla e María Eugenia. Tamén xogaron Anghela, Clara e Vanneza.
Goles: Xiana (2), Eukene e Jenny para as locais. Mery e Naiara para o San Roque.
Árbitro: Marco A. Fernández Vázquez.
FRIOL B 4 - 0 BANDEIRA
SD Bandeira: Jessica, Lía, Andrea A, Patricia, Laura, Ana, Andrea T, Uxía, Lara, Eva e Sofía. Tamén xogaron Alba, Sara e Mónica.
Goles: Jessica (9'), Lidia (17'), Andrea V (31') e Nerea (73').
Árbitro: David Comendeiro Sertaje.
SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - GRUPO 3 |
---|
Milagrosa | 0-6 | Touro |
Santiso | 4-1 | Chantada |
Silleda | 0-7 | Arzúa |
Comercial | 2-2 | Carballedo |
Monte Forte | 1-2 | Cruces |
San Lázaro | 4-2 | San Roque |
Friol B | 4-0 | Bandeira |
Próxima xornada
Touro | - | Friol B |
Chantada | - | Milagrosa |
Arzúa | - | Santiso |
Carballedo | - | Silleda |
Cruces | - | Comercial |
San Roque | - | Monte Forte |
Bandeira | - | San Lázaro |