Primeira Galicia
O Lugo volveu recuperar o seu toque esta fin de semana e goleou de forma inclemente ao Narón. 7-0 foi o resultado co que as de Joaquín se quedaron para resarcirse do empate da pasada fin de semana. O conxunto albivermello foi claramente superior e María Valcárcel fixo un papel inmenso ao rubricar cinco dos goles co seu nome.
Catro goles estaban no marcador no descanso e outros tres entraron na segunda parte para sentenciar no minuto 81. As luguesas seguen na parte alta da táboa, preparadas para entrar no grupo que loitará polo título e o ascenso.
O Antas quedou de novo sen puntuar ante o Victoria CF, que foi vencedor nun duelo que avultou o resultado nos últimos minutos. As da Ulloa encaixaron dous tantos na primeira metade e na segunda mantiveron o resultado intacto ata sete minutos antes do final, cando un penalti e un gol posterior fixo máis amplo un resultado de volve saber a derrota.
LUGO 7 - 0 NARÓN
SDCYR Narón O Freixo: Lara, Miriam, Patricia, Zaira, Andrea C, Nuria, Hortensia, Alessandra, Andrea R, Celia e Sabela.
Goles: María (22', 26', 31', 52' e 65'), Paula (35' e 81').
Árbitro: Miguel Pil Calvín.
VICTORIA CF B 4 - 0 ANTAS
SD Antas: Nuria, Maite, Mel, Iria, Elisa, Yaiza, Lucía, Lindsey, Uxía, Laura e Paula M. Tamén xogaron Paula G e Tamara.
Goles: Naiara (15'9, Lucía (30'), Claudia B (83') de penalti e Carla A (88').
Árbitro: Alejandro Luis Verissimo Nogueira.
PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA |
---|
Tomiño | 6-0 | Noia |
Victoria CF B | 4-0 | Antas |
Amistade | 2-3 | Tordoia |
Lugo | 7-0 | Narón O Freixo |
Sárdoma B | 2-2 | Orzán |
O Val | 0-4 | Bergantiños |
Mos B | 3-5 | Atl Arousana |
Spórting Cambre | 1-2 | Victoria FC B |
Próxima xornada
Tomiño | - | Victoria CF B |
Antas | - | Amistade |
Tordoia | - | Lugo |
Narón O Freixo | - | Sárdoma B |
Orzán | - | O Val |
Bergantiños | - | Mos B |
Atl Arousana | - | Spórting Cambre |
Noia | - | Victoria FC B |
Segunda Galicia
O Friol B non dá tregua, e venceu de novo, sumando o oitavo triunfo dunha tempada na que só sabe gañar. Nesta ocasións a vítima do líder foi o Milagrosa, que se mantén na parte media. Dous goles de Nuria manteñen ao equipo no máis alta da táboa, con cinco puntos por riba do seu inmediato perseguidor, o San Lázaro.
E é que o segundo tamén venceu este domingo ante o Cruces, e fíxoo por 1-3. Os da capital de Lugo sementaron a vitoria no minuto 4, cando entrou o primeiro dos goles. Foron ao descanso 1-3 tras acurtar distancias o Cruces xusto antes da pausa. Ese resultado mantívose ata o tempo de desconto, cando o San Lázaro fixo máis ampla a diferenza co 1-3 final.
Na cuarta posición da listaxe do grupo está o Chantada, que goleou inclemente ao Silleda, cun 6-0. Clara derrota do conxunto vermello, que avultou o resultado no tramo final xa que chegou ao descanso cun só gol no marcador. A entrada de Larua R Carnero marcou un antes e un depois porque os goles sucedéronse cun dobrete dela mesma e outro de Tania Gómez, ao que se sumou o tanto de Ángeles. Como curiosidade, ningunha das tres xogou de titular.
O San Roque, situado no quinto posto, firmou este domingo unha importante e completa goleada sobre o Bandeira. Un 8-2, que non deixa lugar a dúbidas do interese das lugueses no ascenso. Foron como un ciclón as locais, que comezaron no minuto 3 e xusto no intermedio marcaba o Bandeira o seu primeiro gol co marcador en 6-1.
Á volta, o visitante tamén foi o primeiro en marcar pero no tramo final o San Roque, por medio de Irene, que se fixo un póker, setenciaba con dous máis.
O derbi da Ribeira Sacra, entre Carballedo de Monte Forte, saldouse con vitoria das locais por 3-0 tras un partido no que os goles tardaron moito en chegar. O primeiro entrou no minuto 65 e o segundo no 80', mentres que o colofón non se marcou ata o tempo de desconto. Partido de intensidade clasificatoria xa que este resultado deixa aos dous equipos empatados a puntos no medio da táboa, estando as monfortinas por diante polo gol average.
Derrita cuantiosa para a Comercial, que foi derrotada claramente polo Arzúa. O equipo da capital adoleceu novamente de banco para facer cambios. Recibiu os tres primeiros goles no tramo inicial co 1-0 no minuto 7. Trala pausa chegaría o 3-1, que daba esperanza pero o cansazo deixouse notar con dous goles seguidos para poñer o marcador 5-1. O último sería no desconto, obra de Zaira, que marcou seis dos 7 goles locais.
MILAGROSA 0 - 2 FRIOL B
PM Friol B: Patricia, Ana María, Andrea F, Covadonga, Andrea V, María, Noelia, Leire, Valentina, Nerea e Nuria. Tamén xogaron Jessica, Lidia e Iria.
Goles: Goles de Nuria nos minutos 60 e 80.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.
CHANTADA 6 - 0 SILLEDA
Escola de Fútbol Silleda: Alba, Antía B, Almudena, Euxea, Leire, Antía R, Noelia V, Noelia G, Iria, Alba e Yudit. Tamén xogou Laura.
Goles: Noela (26), Laura R Carnero (51' e 77'), Ángeles (57') e Tania G (83' e 85').
Árbitro: Dariel Pardo Veitia.
ARZÚA 7 - 1 COMERCIAL
SG Comercial: Estefanía, Adriana, Natalia, Noa, Patricia, Yolanda, Tania, Alba M e Antía T.
Goles: Zaira (6) e Marta polo local e Natalia pola Comercial.
Árbitro: Jesús Baliño Castiñeiras.
CARBALLEDO 3 - 0 MONTE FORTE
ADC Monte Forte: Alexandra, Sheila, Noa, Emilia, Ainhoa, Alba, Sara, Paula, Henar, Laura C e Ana Cristina. Tamén xogaron Camila, Laura R, Jellian e Lucía.
Goles: Noelia (65'), Sara (80') e Jésica (90').
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.
CRUCES 1 - 3 SAN LÁZARO
SD San Lázaro: Jesica, Belén, Anne, Eukene, Lucía, Jenny, Sandra, Lucía, Luanda, Wanessa e Xiana. Tamén xogaron Inés e Salma.
Goles: 0-1 (4'): Anne. 0-2 (33'): Eukene. 1-2 (43'): Begoña. 1-3 (90'): Jenny.
Árbitro: Miriam Abeledo Chorén.
SAN ROQUE 8 - 2 BANDEIRA
SD Bandeira: Lía, Patricia, María, Laura, Ana, Andrea T, Uxía, Noelia, Eva, Sofía e Mónica. Tamén xogaron María del Pilar, Lara e Andrea A.
Goles: Saray, Mariam, Irene (4) e María (2) polo local e Sofía e María del Pilar polo visitante.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandío.
SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - GRUPO 3 |
---|
Milagrosa | 0-2 | Friol B |
Touro | 2-0 | Santiso |
Chantada | 6-0 | Silleda |
Arzúa | 7-1 | Comercial |
Carballedo | 3-0 | Monte Forte |
Cruces | 1-3 | San Lázaro |
San Roque | 8-2 | Bandeira |
Próxima xornada
Milagrosa | - | Touro |
Santiso | - | Chantada |
Silleda | - | Arzúa |
Comercial | - | Carballedo |
Monte Forte | - | Cruces |
San Lázaro | - | San Roque |
Friol B | - | Bandeira |