O Lugo perde dous puntos ao empatar co Orzán un partido que lideron toda a segunda metade

Na Segunda, o líder, o Friol, venceu ao San Roque, o Carballedo ao San Lázaro e o Chantada á Comercial. Derrotas de Milagrosa e Monte Forte

Primeira Galicia

Duelo de altura esta fin de semana na Coruña entre o Orzán e o Lugo que rematou con reparto de puntos tras liderar o resultado as albivermellas durante toda a segunda metade.

Tras unha primeira parte igualada, o Lugo marcou un gol de efecto xusto antes da pausa polo que na segunda saiu ao verde marcando unha diferenza que se quedou en nada a tres minutos do final cando o Orzán empatou e deu paso ao reparto de puntos.

Queda por tanto o equipo albivermello por detrás este na clasificación, na terceira posición.

Consulta a clasificación aquí

Nova derrota do Antas co Tomiño, no que as locais conseguiron marcar un único tanto polos 4 do Tomiño. Gol inicial das locais por medio dun penalti xusto antes do intermedio. Na segunda, o Tomiño aproveitou o cansazo do equipo celeste para abrir unha importante fenda, que tamén se viu apoiada por un gol en propia local.

Unha nova xornada na que as da Ulloa seguen se sumar puntos.

ORZÁN 1 - 1 LUGO

Orzán SD: Martina, Uxía, Daniela, Sara, Iria, Laura, Ana, Ivana, Emma, Antía e Noelia. Tamén xogaron Noelia, Macarena, Paula e Daniela.
CD Lugo SAD: Judith, Berta, Yanire, Iria, Noa, María, Ana, Lola, Raquel, Marta e Candela. Tamén xogaron Blanca e Andrea.
Goles: 0-1 (43'): Yanire. 1-1 (87'): Sara.
Árbitro: Mayra Camila Araújo.

ANTAS 1 - 4 TOMIÑO

SD Antas: Nuria, Maite, Yai, Mel, Iria, Elisa, Paula G, Laura M, Lindsey, Paula M e Uxía. Tamén xogou Laura R.
Tomiño FC Feminino: .Ángela, Nerea, Judit, Carla, Sara, Noa, Lucía, Alba, María, Carla e Paula. Tamén xogaron Claudia, Sofía, Nerea, Andrea e Mar.
Goles: Gol de Iria para o Antas de penalti no 42'. E para o Tomiño: Carla (68'), Nerea (77'): en propia porta (79') e Carla (81'). 
Árbitro: Laura Correas Martínez.

 

PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA

Resultados xornada 11

Antas 1-4 Tomiño
Tordoia 0-1 Victoria CF B
Narón O Freixo 1-0 Amistade
Orzán 1-1 Lugo
Bergantiños 1-2 Sárdoma B
Atl Arousana 4-1 O Val
Victoria FC B 4-2 Mos B
Noia 3-3 Spórting Cambre

 Próxima xornada   

Tomiño - Noia
Victoria CF B - Antas
Amistade - Tordoia
Lugo - Narón O Freixo
Sárdoma B - Orzán
O Val - Bergantiños
Mos B - Atl Arousana
Spórting Cambre - Victoria FC B

 

Segunda Galicia

O Friol volveu xogar o venres para sumar unha nova vitoria clara que o mantén no posto de liderado. O San Roque encaixou dous tantos máis un en propia porta que o colocan no sexto lugar da táboa.

Vitoria tamén do Chantada sobre a Comercial no outro derbi da xornada. A Comercial foi a responsable do primeiro gol en contra, que foi en propia meta e o Chantada redondeou o resultado cinco minutos despois, ambos os dous antes da pausa. O marcador non se movería máis.

O San Lázaro mantén a segunda praza malia perder este domingo ante o Carballedo por 2-1. Estiveron contundentes os visitantes que abriron a conta no minuto 6. Os da capital non quixeron chegar á segunda metade con desvantaxe polo que empataron sobre o pitido do intermedio.

Co empate aguantaron ata o minuto 80, cando o Carballedo, que sobe ata a oitava posición da táboa, marcou de novo para facerse cos tres puntos.

Consulta a clasificación aquí

No capítulo de derrotas, o Monte Forte rompeu a súa xeira para caer co Arzúa por 2-4 nun partido con moita tensión. Foi o local o primeiro en abrir a conta, no minuto 3 por medio de Sara pero no último tercio da primeira parte a visitante Zaira marcou un hat trick que deixou ás locais fóra de xogo.

Recuperadas trala pausa, as monfortinas por medio de Laura Correas acurtaron distancias nada máis reiniciarse o duelo pero cando parecía posible unha recuperación o Arzúa volveu marcar. Mantense o Monte Forte enganchado aínda ao grupo de cabeza con dous puntos de marxe.

Varapalo tamén para o Milagrosa, que caeu co Santiso e que queda fóra do grupo de promoción na sétima praza aínda que o último posto está a tres puntos de distancia. O Santiso, equipo co que empata a puntos agora, comezou gañando o duelo no seu feudo na primeira parte. O marcador mantívose estable ata tres minutos do final, cando o propio equipo local nun rexeite mete o gol do empate, situación que solucionou dous minutos despois co segundo tanto.

COMERCIAL 0 - 2 CHANTADA

SG Comercial: Estefanía, Adriana, Natalia, Antía M, Noa, Patricia, Alba A, Yolanda, Tania, Alba M e Antía T.  Tamén xogou Daniela.
SD Chantada: Ángela, Irene, María, Natalia, Andrea, Tania G, Rocío, Mariam, Noela, Eva e Laura. Tamén xogaron Candy, Ana, Uxía e Tania N.
Goles: 0-1 (24'): En propia porta. 0-2 (31'): Noela.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.

SANTISO 2 - 1 MILAGROSA

UD Santiso: Cristina, Alexandra, Alba, Daniela, Xiana, Marta, Elsa, Elia, Ana, Marta e Noelia. Tamén xogaron Patricia, Ana, Lucía, Rocío e Noa.
SCD Milagrosa: Lara, Lucía, Nayeli, Patricia, Ana, Ainara S, Leire, María, Uxía, María de la O, e Antía R. Tamén xogaron Antía P e Nekane.
Goles: 1-0 (15'): Ana. 1-1 (87'): en propia porta do local. 2-1 (89'): Marta.
Árbitro: Rubén Fernández Montouto.

MONTE FORTE 2 - 4 ARZÚA

ADC Monte Forte: Alexandra, Sheila, Noa, Emilia, Camila, Alba, Sara, Paula, Henar, Laura R e Laura C. Tamén xogaron Ainhoa e Ana Cristina.
Arzúa Fútbol Club Feminino: Alejandra, Paloma, Zaira, Naiara, Sara, Marta, Andrea, Marina, Lucía F, Lucía R e Jessica. Tamén xogou Georgiana.
Goles: 1-0 (3'): Sara. 1-1, 1-2 e 1-3 (29', 36' e 40'): Zaira. 23 (48'): Laura Correas. 2-4 (60'): Sara.
Árbitro: Joel Lanzós Gómez.

SAN LÁZARO 1 - 2 CARBALLEDO

SD San Lázaro: Jesica, Belén, Anne, Inés, Eukene, Sandra, Lucía, Lourdes, Luanda, Wanessa e Xiana. Tamén xogaron Salma, Estefanía, Aroa, Jenny e Mireia.
Carballedo CF: Lali, Lucía, Alba, María, Uxía, Ana, Sara, Noelia, Paula, Laura e Tania M. Tamén xogaron Diana, Lúa, Tania H, Aranzazu e Verónica.
Goles: 0-1 (6'): Ana. 1-1 (45'): Xiana. 1-2 (80'): Diana.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandío.

FRIOL B 3 - 0 SAN ROQUE

PM Friol B: Lucía, Nerea, Ana María, Andrea F, Covadonga, Andrea V, Noelia, Mahine, Valentina, Jessica e Nuria. Tamén xogaron Leire e Lidia.
SDC San Roque: Carla, Uxía, María, Mariam, Noa, Saray, Carla P, María E, Diana, Clara e Paula. Tamén xogou Anghela.
Goles: Covadonga (15' e 50') e o último en propia do San Roque (64').
Árbitro: Gabriel Fernández Grandío.

 

SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - GRUPO 3

Resultados xornada 7 

Santiso 2-1 Milagrosa
Silleda 0-4 Touro
Comercial 0-2 Chantada
Monte Forte 2-4 Arzúa
San Lázaro 1-2 Carballedo
Bandeira 3-1 Cruces
Friol B 3-0 San Roque

    Próxima xornada

Milagrosa - Friol B
Touro - Santiso
Chantada - Silleda
Arzúa - Comercial
Carballedo - Monte Forte
Cruces - San Lázaro
San Roque - Bandeira