Comeza a Segunda Feminina con dúas goleadas do Monte Forte e o San Lázaro

En Primeira, o Lugo rompe a xeira de vitorias cun empate co Sárdoma B, que meteu o gol no tempo de desconto

Primeira Galicia

Só o Lugo foi quen de puntuar esta fin de semana para a provincia de Lugo en Primeira. Os da capital perderon no último minuto a posiblidade de sumar 3 puntos e quedáronse con 1. O Lugo foi dominando o partido e marcou o primeiro, por medio de Yanire, no minuto 17. Sen embargo, malia que dominou o marcador, no tempo de desconto Ángela, das visitantes, fixo o empate.

As de Joaquín rompen deste xeito a progresión que levaban dende o comezo da tempada, na que tiñan tres vitorias de tres partidos. Ademais, seguen no grupo dos catro equipos situados nos catro postos de ascenso empatados a puntos.

Consulta a clasificación aquí

O Antas pola súa conta quedou lastrado pola falta de efectivos e caeu na casa de forma abrumadora co líder da competición, o Victoria FC B. 0-7 foi o marcador co que as da Ulloa sangraron na tarde do domingo.

Ao descanso, o Antas perdía de tres goles pero no tramo final o cansazo pola falta de cambios pasou factura e encaixaron os tres últimos en 8 minutos.

LUGO 1 - 1 SÁRDOMA B

CD Lugo SAD: Judith, Berta, Yanire, Iria, Noa, Esther, María, Ana, Lola, Marta e Candela. Tamén xogaron Raquel, Andrea, Blanca e Carla. 
Sárdoma CF VB: Sarai, Eva, Sara, Sheila, Elisa, María, Lucía, Noelia, Ángela, Sabela e Estela. Tamén xogaron Iria, Natalia e Marina.
Goles: 1-0 (17'): Yanire. 1-1 (90'): Ángela.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.

ANTAS 0 - 7 VICTORIA FC B

SD Antas: Nuria, Maite, Yaiza, Melanie, Iria, Elisa, Laura, Paula G, Paula F, Lucía e Lindsay. Tamén xogou Laura R.
Victoria FC B: María, Alba, Almudena, Liana, Natalia, Andrea, Alba, Xiana, Carolina, Carla e Noa. Tamén xogaron Daniela, Irene, Icía, Mara e Sheila. 
Goles: Xiana (8' e 70'), Carolina (22' 3 81'), Alba (35'), Carla (80') e Daniela (88').
Árbitro: Marco A. Fernández Vázquez.

 

PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA

Resultados xornada 4   

      
Orzán 4-0 Noia
Narón O Freixo 0-6 Bergantiños
Tordoia 3-1 Atl Arousana
Antas 0-7 Victoria FC B
Tomiño 2-2 Spórting Cambre
Victoria CF B 2-1 Mos B
Amistade 9-1 O Val
Lugo 1-1 Sárdoma B

Próxima xornada            

Orzán - Narón O Freixo
Bergantiños - Tordoia
Antas - Atl Arousana
Victoria FC B - Tomiño
Spórting Cambre - Victoria CF B
Mos B - Amistade
O Val - Lugo
Noia - Sárdoma B

    

Segunda Galicia

Deu comezo a competición en Segunda Galicia para as féminas cos equipos da provincia de Lugo inscritos no grupo 3. Un total de oito participan este ano no que os primeiros compases apuntan xa algunha desigualdade.

Unha delas foi entre Monte Forte e Comercial, que rematou cun dominio absoluto das monfortinas cun marcador de 7-0 onde tres xogadoras comezaron cun dobrete de goles. Deste xeito o equipo do Cabe domina a táboa nesta primeira sesión.

As locais non marcaron ata o minuto 18 pero unha vez collido o truco, na primeira parte subiron ata 4 ao marcador. Na segunda os goles foron chegando espaciados.

Superioridade tamén para o San Lázaro, que se coloca no segundo lugar da táboa tras vencer con rotundidade ao Silleda por 6-0. Comezaron con tranquilidade as locais que no descanso estaban 2-0 pero que no tramo final meteron dous goles seguidos que desaxustaron o marcador.

Outra das vitorias da xornada foi a do Chantada sobre o Carballedo a domicilio. Malia o resultado, foron as locais as primeiras en marcar, de penalti e xa no segundo tempo. Non tardarían máis de catro minutos as visitantes en empatar o duelo pero non foi ata o tramo final cando as chantadinas conseguiron darlle a volta ao marcador para sumar os tres puntos.

Consulta a clasificación aquí

Vitoria tamén para o Friol B que superou ao Arzúa no seu primeiro partido de competición. As xogadoras locais marcaron posición cedo, collendo ao Arzúa co pé cambiado e facéndolle dous goles nos minutos iniciais. Malia que o rival marcou de seguido, a conta mantívose co 2-1 ata o minuto 70, cando o Friol B logrou ampliar a vantaxe e manter seguros os tres puntos ata o final. 

Puntuaron tamén San Roque e Milagrosa, que empataron a 2 no Polvorín deixando para o final toda a emoción.  O partido desenvolveuse praticamente ata 8 minutos do final co 0-1 no marcador, pero no último intre empataron os locais para ser contestadas na seguinte xogada. O San Roque volveu empatar tres minutos máis tarde e xa non houbo máis sorpresas.

Con este resultado, catro dos equipos ocupan as prazas de promoción de ascenso mentres a Comercial colócase pechacancelas.

MONTE FORTE 7 - 0 COMERCIAL

ADC Monte Forte: Alexandra, Sheila, Noa, Emilia, Sara, Elena, Henar, Laura R, Laura C, Ana e Claudia. Tamén xogaron Paula P, Vanessa, Alba, Aitana e Lucía.
SG Comercial: Estefanía, Angélica, Adriana, Natalia, Daniela, Antía M, Noa, Patricia, Yolanda, Alba e Antía D. 
Goles: Sara (18' e 43'), Noa (20' e 83'), Henar (24' e 47') e Laura Correas (57').
Árbitro: María Josefa Fernández Rodríguez.

SAN LÁZARO 6 - 0 SILLEDA

SD San Lázaro: Jesica, Belén, Salma, Anne, Inés, Xiana, María, Jenny, Sandra, Lucía e Luanda. Tamén xogaron Lourdes, Wanessa e Ana María. 
Escola de Fútbol Silleda: Leire, Antía, Noemí, Marta Elena, Paula, Noelia V, Noelia G, Iria, Almudena, Alba e María Eva. Tamén xogaron Euxea, Xiana, Antía, Irea e Yudit. 
Goles: María (26'), Jenny (37' e 72'), Salma (60' e 86') e Xiana (85').
Árbitro: Vicente Castro Rico.

SAN ROQUE 2 - 2 MILAGROSA

SDC San Roque: Maholy, Noa, Sofía, Uxía, María L, Mariam, Naiara, Diana, Anghela, Vanneza e María G. Tamén xogou Tania
SCD Milagrosa: Lara, Nekane, Ana, María, Uxía, Nazaret, Ainara, Leire, Uxía, María de la O e Antía R. Tamén xogaron Nayeli, Patricia, Clara e Antía P. 
Goles: 0-1 (10'): Antía R. 1-1 (82'): Mariam. 2-1 (83'). Naiara. 2-2 (86'); Antía R.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandío.

CARBALLEDO 1 - 2 CHANTADA

Carballedo CF: Adelaida, Lucía, Noelia, Aranzazu, María, Ana, Sara, Verónica, Noelia, Laura V e Laura D. Tamén xogaron Uxía, Jesica, Alba, Tania e Diana.
SD Chantada: Andrea, Laura R, María, Natalia, Noela, Tania G, Rocío, Ana, Ángeles, Tania N e Laura Carnero. 
Goles: 1-0 (57'): Ana de penalti. 1-1 (61'): Laura Carnero. 1-2 (85'): Tania G.
Árbitro: Brais del Olmo Brasero.

FRIOL B 3 - 1 ARZÚA

PM Friol B: Patricia, Valentina, Nerea, Lidia, Covadonga, Andrea, María, Noelia, Jessica, Anta María e Ángela. Tamén xogaron Andrea, Nuria, Mahine e Leire.
Arzúa Fútbol Club Femenino: Isabel, María G, Zaira, Alejandra, Sara, Marta, Andrea, Lucía F, Lucía R, Jessica e Iria. Tamén xogou María Pose.
Goles: 1-0 (6'): Jessica. 2-0 (9'): Lidia. 2-1 (11'): Zaira. 3-1 (70'): María.
Árbitro: Sadoum Losada Moreda.

 

SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - GRUPO 3

Resultados xornada 1         

Monte Forte 7-0 Comercial
San Lázaro 6-0 Silleda
Bandeira 3-1 Santiso
San Roque 2-2 Milagrosa
Cruces 1-2 Touro
Carballedo 1-2 Chantada
Friol B 3-1 Arzúa

   

               Próxima xornada               

Comercial - Friol B
Silleda - Monte Forte
Santiso - San Lázaro
Milagrosa - Bandeira
Touro - San Roque
Chantada - Cruces
Arzúa - Carballedo