O PM Friol descabeza a táboa mentres o Lugo cae ante un Avilés que non deu opcións

O Lugo B xa é o líder da Terceira. Tamén sumaron vitoria o PM Friol B, e Antas e San Roque, en Segunda

Terceira Federación

A xornada de descanso que viviron os equipos da Terceira Federación a fin de semana foi moi necesaria para os dous lugueses, que tiñan como rivais aos primeiros da táboa. Así, o PM Friol colleu forzas para enfrontarse ao Lóstrego e superalo na Reigosa por un claro 3-0, que podería ter sido algo máis.

Ofreceron un gran partido as de Friol, moi intensas e moi xuntas para defender e neutralizar con efectos positivos o fútbol directo das rivais. 

Comezaron pronto as locais a ansia anotadora xa que aos 5 minutos de xogo xa tiñan dous goles no peto, o primeiro obra de Yoleidis e o segundo de Neylla. O primeiro foi un balón que quedou colgado ás costas e que pillou á porteira adiantada. O segundo foi unha asistencia da porteira Tamara a Elena que gaña en velocidade ás rivais para marcar.

Coa seguridade dos dous goles seguiron xogando ben ata xusto o intermedio, cando completaron o resultado. Aínda tiveron máis opcións na segunda metade, dous delas moi claras, pero remataron nun fóra de xogo. O rival só presentou serio perigo cun córner.

O Lugo, pola contra, volveu á senda da derrota logo de ter rota a mala xeira coa vitoria do derbi na anterior sesión. Caeu ante un Avilés que non deu opcións por un contundente 5-0. Os dous primeiros goles entraron no primeiro tempo e xusto á volta da pausa, o terceiro fixo moito dano. Dous goles máis completaron o quinteto para manter ao Lugo fóra da zona segura.

Consulta a clasificación aquí

PM FRIOL  3 - 0 LÓSTREGO

PM Friol: Alba, Yoleidis, Ángela, Yasmin, Asia, Antía, Ingrid, Elena, Nerea, Andrea e Thimote. Tamén xogaron Ana, Marta e Isabel.
Lóstrego Club de Fúbol: Rocío, Andrea M, Tamara, Ana, Adelaida, Irene, Andrea A, Laura, Alexandra, Xeila e Marta. Tamén xogaron Nara, Irene H, Alejandra, Irene R e Irea.
Goles: Yoleidis, Neylla e Elena.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.

AVILÉS 5 - 0 LUGO

Real Avilés CF: Yosune, Elizabet, Carmen, Carolina, Libertad, Marina, Silvia, Lucía, Tayre, Nuria e Natalia. Tamén xogaron Alba, Mirdja, Daniela, Iciar e María.
CD Lugo: Judith, Berta, Yanire, Iria, Laura, María, Ana, Andrea, Paula, Candela e Blanca. Tamén xogaron Marta, Patricia e Esther.
Goles: Carmen, Natalia (2), Silvia e Nuria.
Árbitro: Víctor Jacobo Rodríguez Bernal.

Resultados xornada 11 

Llanera A 0 4 Victoria FC
Mos 4 0 Umia
Avilés 5 0 Lugo
PM Friol 3 0 Lóstrego
Olímpico 3 3 Deportivo B
Bovedana 1 2 Oviedo B
Victoria CF 0 2 Sárdoma
Gijón 1 2 Spórting Gijón B

Próxima xornada  

Victoria FC  - - Gijón
Umia - - Llanera A
Lugo - - Mos
Lóstrego - - Avilés
Deportivo B - - PM Friol
Oviedo B - - Olímpico
Sárdoma - - Bovedana
Spórting Gijón B - - Victoria CF

Primeira División Galega

O PM Friol B rabuñou outros tres puntos ante o Umia B para achegarse á zona segura da táboa, que agora ten só a un punto. Vitoria moi necesaria para o equipo friolés, que levaba moitas xornadas sen gañar.

Consulta a clasificación aquí

PM FRIOL B 3 - 0 UMIA B

PM Friol B: Alba, Goretti, Nerea, Ana María, Andrea F, Lidia, Andrea V, Withney, Iona Jessica e Ángela. Tamén xogaron Maria, Antía e Rocío.
Umia CF B: Sara P, Raquel, Ana, Claudia, Candela, Nuria, Paula, Sara A, Tamara, Yanina e Cristina. Tamén xogaron Lucía B, Nerea e Lucía P.
Goles: Nerea e 2 de Withney polo local.
Árbitro: Víctor Jacobo Rodríguez Bernal.
 

Resultados xornada 11

Arousana 3 2 Bergantiños
PM Friol B 3 2 Umia B
Tomiño 2 2 Amistade
Noia 1 3 Orzán
Victoria CF B 2 2 Lóstrego B
Domaio 1 1 O Val
Sárdoma B 2 2 Tordoia
Victoria FC B 1 1 Cambre

Próxima xornada

Bergantiños - - Victoria FC B
Umia B - - Arousana
Amistade - - PM Friol B
Orzán - - Tomiño
Lóstrego B - - Noia
O Val - - Victoria CF B
Tordoia - - Domaio
Cambre - - Sárdoma B

 

Segunda División Galega

En Segunda boas novas para o San Roque, que se achega á zona de promoción logo de superar ao Brexo Lema por 3-1. Tamén venceu o Antas, cun 2-0 ante o Abella. A cruz da categoría foi para o Milagrosa e o Chantada, ámbolos dous pechan as súas táboas despois dunha nova goleada en contra.

GRUPO 1

Consulta a clasificación aquí

ANTAS 2 - 0 ABELLA

SD Antas: Melanie, Maite, Idoia, Yaiza, Laura V, Elisa, Tamara, Iria, Paula, Nuria e María. Tamén xogaron Laura Q e Aldara.
SE Abella SDEC: Ángela U, Nerea, Ángela G, María, Lucía, Noelia, Antía, Ivana, Carla, Laura e Ángela A. Tamén xogaron Sahara, Alba e Paula.
Goles: 2 de Paula polo local.
Árbitro: Brais piñeiro Lozano.

SAN ROQUE 3 - 1 BREXO LEMA

SDC San Roque: Cristina, Paula, María, Miriam, Noa, Saray, Sofía, Carla, Noelia, Clara e Wanessa. Tamén xogaron Uxía, María E e Diana.
Brexo Lema SD: Lucía, Pilar, Gadea, Rebeca, Irene, Amanda, Alexia, Antía, Laura, Sandra e Nerea. Tamén xogou Elena.
Goles: 2 de Saray e María polo local. Sandra polo visitante.
Árbitro: Pablo López Fernández.

SILVA 7 - 0 MILAGROSA

Silva SD: Laura, Ainhoa, Nuria, Silvia, Sara, Angie, Iria, Erea, Ariadna, Zoraida e Chenoa. Tamén xogaron Cristina, Carla, Carolina e Nair.
SDC Milagrosa: Rosalía, Lucía M, Sheila, Alicia, Marta, Aldara, Lucía P, Eider, Valeria, Carmen e Zaira. Tamén xogou Itziar.
Goles: 4 de Silvia, Nuria, Ariadna e Nair polo local.
Árbitro: Youssef Assahli Assoud.

 

Resultados xornada 11

Antas 2 0 Abella
Orzán B 1 3 Carral
San Roque 3 1 Brexo Lema
Silva 7 0 Milagrosa
Maniños 4 2 Os Miudos
SP Meicende 5 1 Cee
Santiso 0 2 Pastoriza
Xallas 4 1 San Pedro

Próxima xornada

Abella - - Xallas
Carral - - Antas
Brexo Lema - - Orzán B
Milagrosa - - San Roque
Os Miudos - - Silva
Cee - - Maniños
Pastoriza - - Meicende
San Pedro - - Santiso

 

GRUPO 2

Consulta a clasificación aquí

CHANTADA 1 - 6 CALO

SD Chantada: Andrea N, Laura, María, Natalia, Sara, Noelia G, Rocío, Noelia P, Beatriz, Ángeles e Andrea G. Tamén xogaron Lucía, Rocío, Saray, Noa e Andrea M.
SR Calo: Denise, Lucía, Eva, Nerea, Violeta, Melisa, Aurora, Raquel P, Montserrat, Gabriela e Verónica. Tamén xogaron Celia, Laura, Carla, Raquel S e Andrea.
Goles: Beatriz de penalti polo local. Gabriela, Eva, 2 de Nerea, Raquel e Carla polo visitante.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.

 Resultados xornada 11

Touro 9 0 San Mateo
Interrías B 5 0 Victoria FC C
Arenteiro 4 0 Praíña SP
Rosalía 5 1 Xuventú Aguiño
Pontellas 0 5 Boiro
Cacheiras 1 4 Porriño
Chantada 1 6 Calo
  D Mos B
Próxima xornada
San Mateo - - Chantada
Victoria FC C - - Touro
Praíña SP - - Interrías B
Xuventú Aguiño - - Arenteiro
Boiro - - Rosalía
Porriño - - Pontellas
Calo - - Mos B
  D Cacheiras
 

Terceira División Galega

En Terceira o Lugo B accedeu ao liderado do grupo tras golear de forma inclemente ao Vista Alegre (14-1). O Monte Forte mantense en zona de promoción despois do 4-3 ante o Carballedo e o San Lázaro segue medrando na táboa cun novo triunfo. Segunda vitoria da Comercial sobre o colista, o Arenteiro B (4-1).

Consulta a clasificación aquí

LUGO B 14 - 1 VISTA ALEGRE

CD Lugo SAD B: Iyore, Ánxela, Nekane, Lucía, Alba, Ainara, Xiana, Claudia, Natalia, Maria e Lara. 
Vista Alegre SD: Candela, Sainza, Alicia, Olalla, Mayte, Erica, Lidia, Andrea, Noelia, Azul e Uxía.
Goles: 5 de Ainara, 4 de Ánxela, 3 de Iyore, Natalia e Claudia. Mayte polo visitante.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandío.

MONTE FORTE 4 - 3 CARBALLEDO

ADC Monte Forte: Camila, Emilia, Ainhoa L, Vanessa, Paula P, Henar, Noa, Carla, Alba, Erea e Ainhoa A. Tamén xogaron Iria, Ana, Paula S, Lucía e Aicha.
Carballedo CF: María Jesús, Alba, Belén, Uxía G, Jenny, Sara, Verónica, Jésica, Noelia, Paula e Laura. Tamén xogaron Uxía D, Lúa, Tania, Sheyla e Carla.
Goles: Henar, Paula, Noa e Carla polo local. 2 de Alba e Jenny polo visitante. 
Árbitro: Joel Lanzós Gómez.
 

SILLEDA 2 - 5 SAN LÁZARO

Escola de Fútbol Silleda: María, Antía, Carlota, Lucía, Euxea, Leire, Antía, Noelia, Andrea, Xiana e Yudit. Tamén xogaron Irea e Julia.
SD San Lázaro: Jesica, Lucía, Douaa, Hajar, Ekene, Ana, Kaoutar, Luanda, Lourdes, María, Dana e Mireia. Tamén xogou Hajar.
Goles: Xiana e Leire polo local. Mireia, 2 de Eukene, Ana e Lucía polo visitante.
Árbitro: Manuel Paz Hermida.

COMERCIAL 4 - 1 ARENTEIRO

SG Comercial: Belé, Margarita, María, Diana, Noa, Paula, Lorena, Yolanda, Andrea, Iria e Estefanía. Tamén xogaron Antía, Estefanía e Patricia.
CD Arenteiro B: Noelia G, Sheila D, Ariadna, Aroa, Saleta, Sara, Candela, Noelia S, Aloia, Sheila B e Lucía. Tamén xogaron Víctoria e Ainhoa.
Goles: 2 de Diana, María e Noa polo local. Saleta polo visitante.
Árbitro: Daniel Rodríguez Martínez.
 

GRUPO 3

 Resultados xornada 11
 
Lugo B 14 1 Vista Alegre
Cruces 3 0 Rois
Monte Forte 4 3 Carballedo
Silleda 2 5 San Lázaro
Comercial 4 1 Arenteiro B
Órdenes 2 2 Curtis
O Pino 1 1 Taragoña
  D Bandeira
Próxima xornada
Vista Alegre - - Bandeira
Rois - - Lugo B
Carballedo - - Cruces
San Lázaro - - Monte Forte
Arenteiro B - - Silleda
Curtis - - Comercial
Taragoña - - Órdenes
  D O Pino