Terceira Federación
Tanto PM Friol A como Lugo, descansaron esta fin de semana para coller folgos de cara á seguinte xornada, na que os dous terán un difícil rival para poder sumar tres novos puntos.
Así, o equipo que dirixe Covi Regueiro recibirá na Reigosa ao Lóstrego, que non coñece aínda a derrota. As friolesas están na sexta praza e queren superar o revés que tiveron na última sesión, na que perderon o Lugo despois de catro xornadas puntuando.
O Lugo pola súa conta terá que viaxar a Avilés para enfrontarse co líder. As de Joaquín Blanco están pasando unha moi mala primeira volta, con oito derrotas, xeira que se rompeu precisamente no derbi.
Próxima xornada
Llanera A | - | - | Victoria FC |
Mos | - | - | Umia |
Avilés | - | - | Lugo |
PM Friol | - | - | Lóstrego |
Olímpico | - | - | Deportivo B |
Bovedana | - | - | Oviedo B |
Victoria CF | - | - | Sárdoma |
Gijón | - | - | Spórting Gijón B |
Primeira División Galega
Co descanso na Terceira Federación, a atención da xornada centrouse nas ligas galegas, onde o PM Friol B volveu caer derrotado na Primeira ante o líder da categoría, o Bergantiños.
As friolesas volveron a casa cun 4-1 e afundidas na táboa, en postos de descenso. Malia o resultado avultado, aguantaron as do PM Friol coa portería a cero ata avanzada a segunda parte do duelo, pero dous goles seguidos fixeron moito dano. Reaccionaron no ecuador do segundo tempo pero no tramo final, o Bergantiños marcou dous máis, o segundo sobre o asubío final.
BERGANTIÑOS 4 - 1 PM FRIOL B
PM Friol B: María del Pilar, Goretti, Nerea, Ana María, Lidia, Andrea, Withney, Antía, Iona e Ángela. Tamén xogaron Alba e Rocío.
Goles: Lara e 3 de Cruz polo local. Withney polo visitante.
Árbitro: Manuel Rodríguez Rojo.
Resultados xornada 10
Arousana | 1 | 2 | Victoria FC B |
Bergantiños | 4 | 1 | PM Friol B |
Umia B | 3 | 0 | Tomiño |
Amistade | 2 | 2 | Noia |
Orzán | 1 | 2 | Victoria CF B |
Lóstrego B | 2 | 1 | Domaio |
O Val | 2 | 2 | Sárdoma B |
Tordoia | 1 | 0 | Cambre |
Próxima xornada
Arousana | - | - | Bergantiños |
PM Friol B | - | - | Umia B |
Tomiño | - | - | Amistade |
Noia | - | - | Orzán |
Victoria CF B | - | - | Lóstrego B |
Domaio | - | - | O Val |
Sárdoma B | - | - | Tordoia |
Victoria FC B | - | - | Cambre |
Segunda División Galega
En Segunda, a vitoria foi para o Antas, que deu un salto importante e necesario cara o medio da táboa. As da Ulla venceron ao Xallas por 4-0. Nuria fixo un hat trick na segunda parte, axudada por Paula, que sentenciou.
O equipo celeste acumula a sexta xornada consecutiva puntuando logo dun mal comezo de Liga.
Tamén puntuou, pero por un empate, o San Roque, que perde a cuarta praza e ve afastarse a zona de play off.
O equipo lugués necesitaba resarcirse da derrota da pasada semana despois de puntuar todas as sesións, agás a primeira.
Dentro da Segunda non tiveron tanta fortuna Milagrosa e Chantada. O primeiro segue pechando a clasificación cunha única vitoria contabilizada ata a data. Nesta ocasión perdeu 1-4 contra un equipo da súa zona. No outro grupo, o Chantada tamén está colista logo de caer por goleada ante o Touro. Atrancóuselle o partido ás vermellas, que tiñan en contra no descanso un 2-0 que se avultou nos últimos 15 minutos.
GRUPO 1
ANTAS 4 - 0 XALLAS
Xallas FC: Andrea, Lucía, Carla, Noelia, María, Maite, Daniela, Paula, Laura, Andrea e Saskia. Tamén xogaron Claudia, Paula e Michelle.
Goles: Nuria e María polo visitante.
Árbitro: Adrián Fernández Teijido.
CARRAL 1 - 1 SAN ROQUE
SDC San Roque: Cristina, Paula, Uxía, María, Miriam, Noa, Saray, Sofía, Carla, Noelia e Wanessa. Tamén xogaron Raquel, Diana e Patricia.
Goles: Sara polo local. Saray polo visitante.
Árbitro: Aurora Málvarez Carleos.
MILAGROSA 1 - 4 MANIÑOS
Cultural Maniños: Eva, Cristina, Laura, Lucía S, Olaya, Lorena, Sheila, Lucía M, Andrea, María e Lucía C. Tamén xogaron Uxía, Jennifer, Olaia e Soraya.
Goles: Carmen polo local. 3 de Lorena e Cristina de penalti polo visitante.
Árbitro: Iván Vilela Soilán.
Resultados xornada 10
Antas | 4 | 0 | Xallas |
Abella | 2 | 1 | Orzán B |
Carral | 1 | 1 | San Roque |
Brexo Lema | 3 | 2 | Silva |
Milagrosa | 1 | 4 | Maniños |
Os Miudos | 1 | 3 | Meicende |
Cee | 4 | 1 | Santiso |
Pastoriza | 5 | 2 | San Pedro |
Próxima xornada
Antas | - | - | Abella |
Orzán B | - | - | Carral |
San Roque | - | - | Brexo Lema |
Silva | - | - | Milagrosa |
Maniños | - | - | Os Miudos |
SP Meicende | - | - | Cee |
Santiso | - | - | Pastoriza |
Xallas | - | - | San Pedro |
GRUPO 2
TOURO 7 - 2 CHANTADA
SD Chantada: Andrea N, Laura, María, Natalia, Sara, Noelia G, Rocío, Noelia P, Saray, Ángeles e Beatriz. Tamén xogaron Rocío, Andrea G, Ana, Noa e Tania.
Goles: Rocío, 2 de Irene, 2 de Zaira, Andrea e Lorena polo local. Natalia e Beatriz polo visitante.
Árbitro: Mnauel Jesús González Vázquez.
Resultados xornada 10
Touro | 7 | 2 | Chantada |
San Mateo | 2 | 1 | Interrías B |
Victoria FC C | 1 | 1 | Arenteiro |
Praíña SP | 0 | 8 | Rosalía |
Xuventú Aguiño | 3 | 3 | Pontellas |
Boiro | 3 | 2 | Cacheiras |
Porriño | 0 | 3 | Mos B |
D | Calo |
Touro | - | - | San Mateo |
Interrías B | - | - | Victoria FC C |
Arenteiro | - | - | Praíña SP |
Rosalía | - | - | Xuventú Aguiño |
Pontellas | - | - | Boiro |
Cacheiras | - | - | Porriño |
Chantada | - | - | Calo |
D | Mos B |
Terceira División Galega
En Terceira, o Lugo B non logrou facerse coa cabeza da táboa xa que non puido pasar do empate co Bandeira, líder do grupo. Terminou o partido sen goles e ás albivermellas quédalles unha nova oportunidade de poñerse primeiras, se gañan, cando igualen ao Bandeira en número de partidos, a próxima fin de semana.
O Monte Forte está xusto por debaixo, tamén en postos de play off logo de vencer 1-2 ao Rois. O seguinte lugar ocupado por un equipo lugués é o quinto, onde o Carballedo se mantén logo de derrotar ao Silleda pola mínima. Mesmo resultado co que o San Lázaro se fixo co derbi local ante a Comercial.
LUGO B 0 - 0 BANDEIRA
SD Bandeira: Noelia C, Lía, Noelia B, María, Andrea, Uxía, Lara, Nerea, Eva, Sofía e Mónica. Tamén xogaron Sara, Laura, Silvia, Andrea C e Andrea A.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.
ROIS 1 - 2 MONTE FORTE
ADC Monte Forte: Camila, Emilia, Ainhoa L, Vanessa, Paula, Henar, Noa, Carla, Alba, Erea e Ana. Tamén xogaron Ainhoa A e Iria.
Goles: Laura polo local. 2 de Paula (un de penalti).
Árbitro: Enrique Refojo Ferreiros.
CARBALLEDO 1 - 0 SILLEDA
Escola de Fútbol Silleda: María, Antía, Carlota, Lucía, Euxea, Leire, Antía, Noelia, Andrea, Xiana e Yudit. Tamén xogou Irea.
Goles: Jenny polo local.
Árbitro: Fernando Fernández López.
SAN LÁZARO 1 - 0 COMERCIAL
SG Comercial: Belé, Estefanía, Aroa, María, Diana, Antía, Noa, Paula, Lorena, Andrea e Iria. Tamén xogaron Yulieth, Margarita e Yolanda.
Goles: Ana polo local.
Árbitro: Pablo López Fernández.
GRUPO 3
Lugo B | 0 | 0 | Bandeira |
Vista Alegre | 0 | 9 | Cruces |
Rois | 1 | 2 | Monte Forte |
Carballedo | 1 | 0 | Silleda |
San Lázaro | 1 | 0 | Comercial |
Arenteiro B | 0 | 5 | Órdenes |
Curtis | 3 | 0 | O Pino |
D | Taragoña |
Lugo B | - | - | Vista Alegre |
Cruces | - | - | Rois |
Monte Forte | - | - | Carballedo |
Silleda | - | - | San Lázaro |
Comercial | - | - | Arenteiro B |
Órdenes | - | - | Curtis |
O Pino | - | - | Taragoña |
D | Bandeira |