O Residencia supera á Sarriana na Ribela

O Vilalbés e o Calasancio leváronse os tres puntos esta xornada, mais o Viveiro non conseguiu sumar contra o Imperátor

Grupo Norte

Xornada número 29 na Galega xuvenil e o Vilalbés segue pegado á zona de play off. Os chairegos conseguiron gañar esta fin de semana ao Calasanz a domicilio. Na primeira metade os lucenses apenas sufriron, adiantáronse nun saque de esquina despois de varios tiros con perigo. O segundo gol chegou dende un bo inicio de xogo do porteiro por banda dereita que finalizou cun pase atrás dentro da área para Álex. Os rivais puideron achegarse nunha xogada por banda e centro, que remataron fora.

No segundo tempo o Vilalbés tivo apostou polo control defensivo, para saír na contra, pero non tiveron acerto no último pase. Con isto, apertou o Calasanz co 1-2 tras unha perda de balón. Os verdivermellos conseguiron darlle calma ao duelo co segundo de Álex, aínda que xa no desconto encaixaron o 2-3. O partido rematou cunha boa parada de Yago que evitou o empate.

Ao Viveiro tocoulle enfrontarse co Imperátor, segundo clasificado, nun partido con dous tempos ben diferenciados. O inicio foi do equipo celeste, que conseguiu adiantarse con dous goles de Xoel e tiveron, ademais, un tiro ao pau e unha gran parada do porteiro rival. Logo da pausa os mariñaos baixaron o nivel de concentración, cousa que aproveitou o Imperátor para darlle a volta ao partido en dez minutos. Tras isto, sentenciaron o partido cun contraataque ante un Viveiro que non foi quen de xerar dano no segundo tempo.

Houbo derbi lucense na zona baixa da táboa, entre a Sarriana e o Residencia. Os brancos entraron mellor ao céspede da Ribela e chegaron a área, sobre todo a través do xogo directo. Ademais, os locais tiveron algún córner para adiantarse. Pouco a pouco creceron os visitantes, despois dunha de Calderón viron un gol anulado e, ao pouco, tras unha perda dos locais, fixeron o 0-1 nun pase de Alexito a Fio. 

Con ese resultado comezaron a segunda metade e dende aí ambos os dous tiveron ocasións. A Sarriana tivo unha de Rubén moi clara, pero o acerto foi do Residencia, que encontrou o 0-2 a través de Gabriel nunha transición. Os visitantes puideron ampliar a distancia con Dono e Calde, que balóns que non entraron.

Consulta a clasificación aquí

 CALASANZ 2 - 3 VILALBÉS

CD Calasanz: José L, Rubén, Gabriel, Marc, Iago, Roi M, Álvaro, Guillermo, Sergio, Guillermo S e Iker. Tamén xogaron Gabriel F, Jaime, Álvaro A, Jose e Joel.
Rácing Club Vilalbés: Yago, Yago V, Xairo, Brais, Hugo X, Miguel, David, Diego, Alex, Miguel R e Carlos. Tamén xogaron Mario, Álex, Cristian, Iago e Paulo.
Goles: Marc e Guillermo, de penalti, para o Calasanz. Yago V e Álex (2) para o Vilalbés.
Árbitro: Óscar Núñez Mayo.

VIVEIRO 2 - 4 IMPERÁTOR

Viveiro CF: Javier, Lucas, Bruno, Mauro, Javier B, Carlos, Unai, Rafael, Xoel, Claudio e Xoel P. Tamén xogaron Axel, Sasha, Álvaro, Antón e Pablo.
Imperátor OAR: Xacobe, Daniel, Alfonso, Manuel, Javier, Miguel, David A, Saúl, Alex, Darío e Carlos. Tamén xogaron Eloy, Eder e Martín.
Goles: Xoel (2) para o Viveiro. Álex (2) e Saúl (2) para o Imperátor.
Árbitro: David Jiménez Jiménez.

SARRIANA 0 - 2 RESIDENCIA

SD Sarriana: Fabián, Brais, Nicolás, Saúl, Adrián, Pablo, Pablo G, Manuel, Fiz, Boyan S e Uxío. Tamén xogaron Pablo N, Rubén, Ignacio, Antoni e Pelayo.
SD Residencia: Cristian, Adrián, Javier, Alonso S, Erik, Alejandro, Gabriel, Xabier, Lucas, Gabriel F e Fiovert L. Tamén xogaron David, Hugo, Pablo, Tsotne e Ignacio.
Goles: Fiovert L e Gabriel F para o Residencia.
Árbitro: Brais Rosende Cancela.

 

Resultados xornada 29

San Tirso 3 2 Galicia de Caranza
Calasanz 2 3 Vilalbés
Olímpico 0 2 Estrada
Bergantiños 1 3 Rácing Ferrol B
Viveiro 2 4 Imperátor
Ural B 0 2 Bertamiráns
Arteixo 2 0 Conxo B
Sarriana 0 2 Residencia
Xuventude Oroso A Compostela B

Próxima xornada

Vilalbés - - Galicia de Caranza
Estrada - - Calasanz
Rácing Ferrol B - - Olímpico
Imperátor - - Bergantiños B
Bertamiráns - - Viveiro
Conxo B - - Ural B
Residencia - - Atl Arteixo
Compostela B - - Sarriana
Xuventude Oroso - - San Tirso

 

Grupo Sur

No grupo Sur, o Calasancio volveu ver a vitoria tras dúas derrotas consecutivas. Os de Monforte gañaron a domicilio ao Colegio Hogar. Os visitantes saíron ao partido con mais ritmo e aproveitaron un mal despexe dos lucenses para adiantarse nun man a man. Co marcador en contra o Calasancio tivo algunha chegada por banda e centros que non atoparon rematador. Pallín tivo un man a man e houbo achegamentos a balón parado sen finalización.

Na segunda parte os locais saíron moito mellor, dominando en tódalas facetas do xogo. Despois dalgunha oportunidade a balón parado chegou o empate tras un centro de Pallín que remata Noé no segundo pau. O Calasancio seguiu insistindo na área rival ata que no minuto 77 Youness asinou o gol da remontada. Tras isto, os monfortinos tiveron outra para avultar aínda máis o marcador.

Consulta a clasificación aquí

CALASANCIO 2 - 1 COLEGIO HOGAR

CP Calasancio: Rubén, Amadeo, Álvaro, Noé, Jacobo, Miguel, Pallín, Gonza, Martín, Cereijo e Díaz. Tamén xogaron Juan, Eric, Toni, Youness e Izan.
Colegio Hogar SR: Joel, Pablo, Lucas, Daniel, Adrian, Nicolas, Yago, Miguel, Nicolas L, Kevin e Ricardo. Tamén xogaron Javier, Mykyta, Diego, Gabriel e Xabi.
Goles: Youness e Noé para o Calasancio. Ricardo para o Colegio Hogar.
Árbitro: Laura Correas Martínez.

 

Resultados xornada 29

Cented Academy 0 0 Salgueiriños
Gondomar 2 4 Santa Mariña
Arosa B 3 0 Ourense CF
Verín 0 2 Areosa
Céltiga 4 2 Rápido de Bouzas A
Calasancio 2 1 Colegio Hogar
Alertanavia 3 3 Escola DSF
Pabellón B 3 2 Marín
Val Miñor B 5 0 Monteporreiro

Próxima xornada

Santa Mariña - - Salgueiriños
Ourense CF - - Gondomar
Areosa - - Arosa B
Rápido de Bouzas A - - Verín
Colegio Hogar - - Céltiga
Escola DSF - - Calasancio
Marín - - Alertanavia
Monteporreiro - - Pabellón B
Val Miñor B - - Cented Academy