O Residencia gaña á Sarriana na Cheda cun penalti sobre o minuto 90

O Vilalbés sobe ao terceiro posto despois de superar na casa ao Calasanz, mentres que o Viveiro segue no grupo de promoción malia caer contra o Imperátor. No sur, o Calasancio subiu ao cuarto banzo

Grupo Norte

A xornada número 12 enfrontou no grupo norte ao Residencia e á Sarriana na Cheda. O conxunto local comezou dominando o balón, mentres que os sarrianos tiñan moi claro que non querían cometer riscos atrás. Estiveron sólidos, concedendo poucas opcións aos branquiazuis, que tiveron unha ocasión clara de Alonso.

Na segunda metade a Sarriana conseguiu contraataques perigosos, mentres que o Residencia tivo chegadas, pero faltoulle claridade nos metros finais. O partido acabouse decidindo no minuto 89, cando un penalti a favor dos locais que anotou Manuel fixo que se acabaran levando o partido.

O Vilalbés subiu ao terceiro posto da lista coa vitoria desta quenda contra o Calasanz no Roca. A primeira metade foi igualada, houbo poucas chegadas, pero os chairegos adiantáronse nun saque de esquina. Pasados dez minutos os visitantes conseguiron o empate noutro córner.

Despois do paso polos vestiarios os locais foron máis dominadores e agresivos. O Rácing foi quen de meter moi cedo o 2-1 moi cedo e foi conseguindo espazos para manter a vantaxe. No minuto 70 Migui meteu un golazo que deixaba case sentenciado o partido e Diego fixo o 4-1 nun penalti. Os últimos minutos o duelo foi máis lento e o Vilalbés encaixou un gol por exceso de confianza.

No caso do Viveiro, aínda se mantén no grupo alto mais esta quenda caeu contra o Imperátor. O partido estivo marcado pola expulsión de Mauro á media hora de partido, que deixou aos celestes cun menos e custoulles seguir o ritmo aos locais. Tras quedar con 10 o Imperátor adiantouse cun penalti e fóronse 2-0 ao descanso. Xoel achegou ao Viveiro co 2-1, pero o Imperátor acabou levándose o duelo cun 4-1.

Consulta a clasificación aquí

 RESIDENCIA 1 - 0 SARRIANA

SD Residencia: David, Daniel, Alonso S, Erik, Rodrigo, Iván, Alejandro, Borja, Jorge, Pablo e Alejandro G. Tamén xogaron Manuel, Tsotne, Gabriel F e Anxo.
SD Sarriana: Mauro, Andrés, Adrián, Nicolás, Pablo, Saúl, Pablo G, Óscar, Brais, Pablo V e Nicolás R. Tamén xogaron Xoel, Pelayo, Jose, Uxío e Antoni.
Goles: Manuel, de penalti, para o Residencia.
Árbitro: Álvaro Valín González.

RACING VILALBÉS 4 - 2 CALASANZ

Rácing Club Vilalbés: Yago, Yago V, Xairo, Eduardo, Hugo X, Miguel, Brais, Borja, Álex, Miguel R e David. Tamén xogaron Diego, Miguel F, Paulo, Álex e Mario.
CD Calasanz: Jose L, Guillermo, Guillermo L, Ruben, Javier, Gabriel, Marc, Alejandro, Roi M, Naim e Jaime. Tamén xogaron Álvaro, Daniel, Iker e Iago.
Goles: Borja, Rubén, en propia, Miguel R e Diego, de penalti, para o Vilalbés. Eduardo, en propia, e Marc para o Calasanz.
Árbitro: Jesús López Fernández.

IMPERATOR 4 - 1 VIVEIRO

Imperátor OAR: Xacobe, Alfonso, Manuel, Javier, Aitor, David A, Saúl, Alex, Darío, Jorge e Carlos. Tamén xogaron Eloy, David, Mohamed S e Daniel.
Viveiro CF: Javier, Lucas, Bruno, Mauro, Javier B, Carlos, Elías, Rafael, Xoel, Claudio e Xoel P. Tamén xogaron Adrián, Luis E, Pablo e Unai.
Goles: Saúl, de penalti, Álex (3) e David para o Imperátor. Xoel para o Viveiro.
Árbitro: Alexandre López Vila.

 

Resultados xornada 12

Galicia de Caranza 1 2 San Tirso
Vilalbés 4 2 Calasanz
Estrada 0 1 Olímpico
Rácing Ferrol B 4 0 Bergantiños B
Imperátor 4 1 Viveiro
Bertamiráns 1 0 Ural B
Conxo B 1 0 Atl Arteixo
Residencia 1 0 Sarriana
Compostela B 1 2 Xuventude Oroso

Próxima xornada

Galicia de Caranza - - Vilalbés
Calasanz - - Estrada
Olímpico - - Rácing Ferrol B
Bergantiños B - - Imperátor
Viveiro - - Bertamiráns
Ural B - - Conxo B
Atl Arteixo - - Residencia
Sarriana - - Compostela B
San Tirso - - Xuventude Oroso

 

Grupo Sur

O Calasancio subiu ao cuarto posto na clasificación do grupo sur. Os de Monforte desprazáronse a mañá do domingo para enfrontarse co Colegio Hogar e volveron a casa cunha ampla vitoria no peto. A primeira media hora de partido estivo bastante igualada, pero, despois de algún acercamento, os lucenses abriron o marcador nun córner que empuxa Noé á rede.

Dende aí o Calasancio empeza a dominar o encontro e nunha boa xogada dende banda dereita, un pase da morte chégalle a Pallín que adiantándose á defensa marca o 0-2.

No segundo tempo, o equipo monfortino saíu moi enchufado e no 55' Miguel aproveita un rexeite para facer o 0-3. Dende aí o Colegio Hogar embotellouse atrás, e noutra xogada Pallín volve tomar o balón para regatear o porteiro e facer un dobrete. Case na seguinte xogada o Calasancio fixo o cuarto nunha boa xogada por banda dereita tras un centro raso no que David empuxando ao segundo pau (0-5).

Consulta a clasificación aquí

COLEGIO HOGAR 0 - 5 CALASANCIO

Colegio Hogar SR: Joel, Lucas, Diego, Daniel, Diego R, Adrián, Yago, Miguel, Nicolás, Kevin e Pablo. Tamén xogaron Pablo F, Nicolás F, Mykyta e Juan C.
CP Calasancio: Manuel, Juan, Álvaro, Noé, Javier, Hugo, Youness, Jacobo, Eric, Adrián e Diego. Tamén xogaron Miguel, Jorge A, Brais e David.
Goles: Noé, Diego (2), Miguel e David para o Calasancio.
Árbitro: Ruben Extremadura Hernandez.

 

Resultados xornada 12

Salgueiriños 2 2 Cented Academy
Santa Mariña 1 0 Gondomar
Ourense 1 2 Arosa B
Areosa 6 1 Verín
Rápido de Bouzas A 0 3 Céltiga
Colegio Hogar 0 5 Calasancio
Escola DSF 1 1 Alertanavia
Marín 1 2 Pabellón B
Monteporreiro 0 1 Val Miñor B

Próxima xornada

Salgueiriños - - Santa Mariña
Gondomar - - Ourense CF
Arosa B - - Areosa
Verín - - Rápido de Bouzas A
Céltiga - - Colegio Hogar
Calasancio - - Escola DSF
Alertanavia - - Marín
Pabellón B - - Monteporreiro
Cented Academy - - Val Miñor B