Grupo Norte
Os equipos do Norte están liderados polo momento por un conxunto lucense, o Rácing Vilalbés. O equipo verdivermello suma un total de seis puntos despois de impoñerse na casa ao Conxo Santiago B. Foi un partido no que conseguiron poñer o balón no campo rival, tendo moitas accións de balón parado e creando perigo a través de centros. Xairo conseguiu asinar o primeiro gol no minuto 48 cun bo disparo dende a frontal. A superioridade no marcador fixo que fora aínda máis claro o dominio e anotaron o terceiro cun remate de cabeza de Carlos. Cun tiro de Migui pecharon o marcador no 3-0.
Os outros tres equipos da provincia, pola contra, caeron nos seus respectivos encontros. O Viveiro recibiu no Marcos Gómez ao Atlético Arteixo, un acabado de ascender á categoría que conseguiu aproveitarse dos seus erros. A falta de dureza defensiva penalizou aos celestes, que se foron ao descanso con dous goles en contra. Na segunda parte o equipo da Mariña mellorou, pero quedaron cun xogador menos por dobre amarela. Ao final, tiveron un posible penalti non pitado e un gol anulado de Sasha.
No caso do Residencia, saboreou a vitoria contra o Galicia de Caranza, pero o partido deuse a volta nos últimos minutos. Aínda que non saíron demasiado finos ao verde, o equipo de Lugo conseguiu meter o 1-0 cedo cun golazo de Guaramato. Dende aí souberon defender sen sufrir demasiado ata o descanso, con un par de boas intervencións do seu porteiro David. Na segunda metade o duelo tívose que parar dez minutos por unha lesión de Guara e se reanudou con moitas interrupcións. Os de Ferrol conseguiron darlle a volta ao marcador tras dous erros defensivos, pero o Residencia sacou garra e empatou nun córner. Porén, un penalti no 95' deulle a vitoria aos de Caranza.
Pola parte da Sarriana, caeron por un gol en contra co Bergantiños B. Os brancos estiveron moi precipitados con balón, o que lles levou a ter só unha ocasión clara na primeira metade. Recibiron o 0-1 no minuto 13 despois dun mal despexe. A parte dese gol os de Carballo non conseguiron moitas máis xogadas de perigo, pero foi suficiente para que se levaran os tres puntos.
VIVEIRO 0 - 2 ATLÉTICO ARTEIXO
Atlético Arteixo: Guillermo, Pablo, Hugo, Hugo P, Bruno, Alex, Pablo M, Iago, Rubén, Hugo V e Xoel H. Tamén xogaron Damián, David, Amadou e Roque.
Goles: 0-1 (38'): Alex. 0-2 (45'): Rubén.
Árbitro: David Jiménez Jiménez.
BERGANTIÑOS B 1 - 0 SARRIANA
SD Sarriana: Mauro, Xoel, Pablo, Óscar, Nicolás, Rubén, Saúl, Andrés, Nicolás L, Adrián e Adrián G. Tamén xogaron Pablo V, Pablo G, Antoni e Pelayo.
Goles: 1-0 (13'): Lucas.
Árbitro: Pablo Rama Cotelo.
GALICIA DE CARANZA 3 - 2 RESIDENCIA
SD Residencia: David, Anxo, Daniel, Gabriel, Diego, Erik, Manuel, Tsotne, Gabriel F, Alejandro e Alonso S. Tamén xogaron Javier, Borja, Hugo e Lucas.
Goles: 0-1 (5'): Gabriel F. 1-1 (80'): Hugo G. 2-1 (88'): Sergio. 3-1 (90'): Gabriel, de penalti. 3-2 (90'): Gabriel F.
Árbitro: Alejandro Rodríguez Souto.
RACING VILALBÉS 3 - 0 CONXO SANTIAGO B
CD Conxo Santiago B: Hugo, Hugo V, Uxío, Óscar, Enrique, Pedro, Jorge, Raúl, Álvaro, Marcos e Íker. Tamén xogaron André, Pablo, Pablo P, Hugo P e Gabriel.
Goles: 1-0 (48'): Xairo. 2-0 (61'): Carlos. 3-0 (83'): Miguel R.
Árbitro: Brais Rosende Cancela.
Resultados xornada 2
Ural B | 2 | 1 | San Tirso |
Viveiro | 0 | 2 | Atlético Arteixo |
Bergantiños B | 1 | 0 | Sarriana |
Olímpico | 2 | 1 | Xuventude Oroso |
Calasanz | 3 | 3 | Compostela B |
Galicia de Caranza | 3 | 2 | Residencia |
Rácing Vilalbés | 3 | 0 | Conxo Santiago B |
Estrada | 0 | 5 | Bertamiráns |
Rácing Ferrol B | 3 | 0 | Imperátor |
Próxima xornada
Ural B | - | - | Viveiro |
Atlético Arteixo | - | - | Bergantiños B |
Sarriana | - | - | Olímpico |
Xuventude Oroso | - | - | Calasanz |
Compostela B | - | - | Galicia de Caranza |
Residencia | - | - | Rácing Vilalbés |
Conxo Santaigo B | - | - | Estrada |
Bertamiráns | - | - | Rácing Ferrol B |
San Tirso | - | - | Imperátor |
Grupo Sur
O Calasancio xogou o primeiro partido da tempada na casa e conseguiu levarse a vitoria contra o Cented Academy. O equipo de Monforte saíron ao verde con grande intensidade, o que os levou a subir o primeiro gol ao marcador no minuto tres nun córner. Seguiron atacando e xerando moitas ocasións conseguindo dous goles máis antes do descaso. Na segunda parte saíron mellor os visitantes e nunha falta lateral acortaron distancias. Isto non minguou ao Calasancio, que seguiu xerando ocasións ata meter o 4-1 a balón parado.
CALASANCIO 4 - 1 CENTED ACADEMY
Cented Academy: Ibrahima K, Samuel, Pablo, Gabriel V, Hugo, Jose E, Diego, Manuel, Hugo R, Xavier e Ibai. Tamén xogaron Martín, Antonio, Adrián e Carlos.
Goles: 1-0 (3'): Gabriel V, en propia. 2-0 (12'): Youness. 3-0 (45'): Adrián. 3-1 (62'): Ibai. 4-1 (75'): Javier.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.
Resultados xornada 2
Calasancio | 4 | 1 | Cented Academy |
Céltiga | 3 | 1 | Alertanavia |
Verín | 0 | 1 | Pabellón B |
Arosa B | 3 | 1 | Val Miñor B |
Gondomar | 1 | 0 | Monteporreiro |
Salgueiriños | 0 | 2 | Marín |
Santa Mariña | 0 | 2 | Escola DSF |
Ourense CF | 2 | 0 | Colegio Hogar |
Areosa | 2 | 1 | Rápido de Bouzas A |
Próxima xornada
Calasancio | - | - | Céltiga |
Alertanavia | - | - | Verín |
Pabellón B | - | - | Arosa B |
Val Miñor B | - | - | Gondomar |
Monteporreiro | - | - | Salgueiriños |
Marín | - | - | Santa Mariña |
Escola DSF | - | - | Ourense CF |
Colegio Hogar | - | - | Areosa |
Cented Academy | - | - | Rápido de Bouzas A |