O Viveiro aguanta dentro do grupo de ascenso malia caer contra o Lalín

Os celestes volveron ter moitas baixas e non conseguiron facerse co partido. A única vitoria lucense foi para o Milagrosa, pero segue na zona de perigo. O Residencia foi quen de empatar ante o número catro da lista

Nove xornadas por diante e o Viveiro, malia a mala xeira, resiste manténdose no grupo de ascenso. Os celestes caeron contra o Lalín e seguen tendo moitas baixas. Ao equipo da Mariña faltoulles rapidez e precisións nos pases, fóronse ao descanso con dous goles en contra, un resultado moi avultado para o que se viu no terreo de xogo. Na segunda parte, pesoulles o marcador en contra e aínda que conseguiron recortar distancias cun penal remataron perdendo 3-1.

O Vilalbés tamén foi derrotado, xa que non puido cos líderes da lista do norte, o Victoria. No inicio saíron dominando os locais e na primeira chegada á area conseguiron facer o 1-0 nun centro lateral mal defendido por parte dos chairegos. Dende aí o Victoria tivo máis o balón, pero o Rácing estivo ben plantado e saíu ben ás contras. Tiveron un tiro de Alfredo dende fóra da área e un man a man de Molina para empatar o partido. Malia isto no minuto 37 os da Coruña fixeron o segundo e co 2-0 se foron os vestiarios. Á volta o Victoria matou o partido co 3-0 nunha saída de córner e pecharon o resultado co 4-0 definitivo.

No caso do Residencia, leva tres xornadas puntuando e segue coa intención de apartarse o máis lonxe posible da parte baixa. Esta semana enfrontáronse contra o Bertamiráns, equipo metido no grupo de promoción e conseguiron empatarlles 2-2. No inicio os lucenses comezaron mal e tras sacar un balón baixo paus metéronlles o 1-0. Ata o minuto 25 seguiron sen centrarse, pero os locais baixaron o ritmo e o partido igualouse, sen case ocasións. No segundo tempo o Residencia axustou en defensa e apostou polo xogo directo, creceu no partido e conseguiu o 1-1 nun penalti. Cando mellor estaban marcáronlles o 2-1, pero reaccionaron ben e nun balón parado conseguiron o empate. 

O Milagrosa e o Ribadeo seguen no grupo de descenso, pero os da capital conseguiron vencer esta semana ao Dumbría, equipo localizado un posto por detrás na lista. Á media hora de partido Garbiel abriu o marcador para os lucenses e co 1-0 se foron ao descanso. O Milagrosa dominou e tivo ocasións na segunda metade ata facer o 2-0 definitivo a través de Gonzalo. No caso do Ribadeo, enfrontouse contra o Bergantiños B no Pepe Barrera e perderon por 1-4. No primeiro tempo adiantáronse os da Mariña e conseguiron aguantar o resultado ata o paso polos vestiarios. Á volta, esgotáronselles as forzas e regalaron o partido.

Consulta a clasificación aquí 

VICTORIA 4 - 0 VILALBÉS

Victoria CF: Jorge, Iván, Javier, Julián, David, Teo, Jorge F, Alberto, Samuel, Iván V e Pedro. Tamén xogaron Javier Q, Adrián, Jorge G e Daniel.
Rácing Club Vilalbés: Yago, Xairo, Carlos, Brais, Hugo X, Carlos C, Luis A, Noel, Alfredo, Alberto e Hugo. Tamén xogaron Antonio, Miguel, Borja e Alex.
Goles: 1-0 (8'): Samuel. 2-0 (37'): Pedro. 3-0 (47'): Julián. 4-0 (58'): Samuel.
Árbitro: Aitor Maneiro Santos.

 LALÍN 3 - 1 VIVEIRO 

EF Lalin: Adrián, Jacobo, Alberto, Lois, Alberto F, Nuno, Manuel, Luis A, Enrique, Iván e Anxo. Tamén xogaron Lucas, Adrián S, Diego, Cristian e Martín.
Viveiro CF: Mateo, Carlos, Hugo, Martí, Hugo R, Adrián, Saúl, Javier, Lucas, Rafael e David. Tamén xogaron Mauro, Daniel e Unai.
Goles: 1-0 (39'): Luis A. 2-0 (45'): Nuno, de penalti. 2-1 (60'): Martí. 3-1 (64'): Alberto F, de penalti.
Árbitro: Óscar Enríquez Pereiro.

BERTAMIRÁNS 2 - 2 RESIDENCIA

Bertamiráns FC: Ángel, Mauro, Enrique, Adrián, Brais, Jose M, Samuel, Iván, Iván M, Rodrigo e Manuel. Tamén xogaron Manuel A, Manuel R, Nicolás, Francisco e Roi.
SD Residencia: David, Jorge, Erik, Andrés, Javier, Ignacio, Xavi, Daniel, Hugo, Alejandro e Óscar. Tamén xogaron Gabriel, Alejandro N, Manuel e Borja.
Goles: 1-0 (9'): Ivan M. 1-1 (52'): Jorge, de penalti. 2-1 (77'): Iván M. 2-2 (84'): Jorge.
Árbitro: Daniel Rodríguez Munin.

 RIBADEO 1 - 4 BERGANTIÑOS B

SD Ribadeo: Aarón, Adán, Hugo, Brais, Ignacio, Arturo, Anxo, Roi, Antón, Ayoub e Aarón B. Tamén xogaron Kai, Alexandro A, Fabián e Álvaro.
Bergantiños CF B: Sergio, Bruno, Óscar, Adrián, Samuel, Pablo, Jose, Nicolás, Diego, Íker e Alex. Tamén xogaron Diego R, Hugo, Blas e Jose T.
Goles: 1-0 (25'): Anxo. 1-1 (53'): Alex. 1-2 (56'): Iker. 1-3 (67'): Pablo. 1-4 (77'): Iker.
Árbitro: Álvaro Valín González.

MILAGROSA 2 - 0 DUMBRÍA

SCD Milagrosa: Borja, Francisco, David, Christian, Brais, Miguel, Juan, Rafael, Gabriel F, Brais N e Bruno. Tamén xogaron Leo, Gonzalo e Diego.
CF Dumbria: Íker, Antón, Gabriel, Álvaro, Íker A, Yeray, Martín, Óscar, Samuel, Enrique e Samuel L. Tamén xogaron Sandro, Breixo e Íker R.
Goles: 1-0 (27'): Gabriel F. 2-0 (80'): Gonzalo.
Árbitro: David Rodríguez López.
 
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 29

Ribeira 5-2 O Val
Estrada 2-3 San Tirso
Victoria 4-0 Vilalbés
Lalín 3-1 Viveiro
Boiro 4-0 Imperátor
Bertamiráns 2-2 Residencia
Conxo B 6-0 Rácing Ferrol B
Ribadeo 1-4 Bergantiños B
Olímpico 2-2 Galicia de Caranza
Milagrosa 2-0 Dumbría

Próxima xornada

San Tirso - O Val
Vilalbés - Estrada
Viveiro - Victoria
Imperátor - Lalín
Residencia - Boiro
Rácing Ferrol B - Bertamiráns
Bergantiños B - Conxo B
Galicia de Caranza - Ribadeo
Dumbría - Olímpico
Cidade de Ribeira - Milagrosa