O Residencia afástase da zona de perigo despois de catro vitorias en cinco xornadas

Os de Adrián Vázquez superaron ao Conxo B e están a tres puntos do Vilalbés, que empatou contra o Lalín. O Viveiro mantense ao límite no grupo de ascenso, mentres que o Milagrosa e o Ribadeo seguen na zona de perigo

 

 

O Residencia segue na liña ascendente con catro vitorias nos últimos cinco partidos e consegue afastarse un pouco máis da zona de perigo. Esta vez gañou na Cheda ao Conxo B por 2-0. Na primeira parte os lucenses tiveron o dominio ante un rival que os repregado. Conseguiron materializar o primeiro gol nun balón ao espazo e no minuto 26 chegou o segundo nun balón parado. No segundo tempo cambiaron as tornas, o Conxo comezou a apertar e o Residencia dedicouse a defender o resultado. Sacaron un balón baixo paus e souberon sufrir ata pechar o partido coa portería a cero.

Os da capital teñen tres puntos menos que o Vilalbés, que se mantén no décimo posto. Os chairegos empataron esta fin de semana contra o Lalín. No primeiro tempo dominaron e tiveron as mellores ocasións, pero adiantáronse os rivais nun rexeite tras un córner. Dende aí o partido seguiu igual e o Rácing conseguiu empatar antes do descanso nun penalti transformado por Migui. Tralo intermedio o choque abriuse máis e iso non interesaba aos de Vilalba, que recibiron un gol en contra nunha acción a balón parado.

Custoulles volver ao partido, pero a partir do minuto 75 volveron dominar e buscaron o empate con varias chegadas perigosas ata que meteron o 2-2 nunha saída dun córner. Dende aí tiveron algunha máis para adiantarse, pero non foron quen de convertelas.

No caso do Viveiro, os celestes seguen no grupo alto, pero empatan a puntos co sexto clasificado, xa que esta semana volveron caer. Os celestes seguen sufrindo numerosas baixas e pagárono caro contra un grande rival coma o Boiro. Á primeira media hora de xogo os da Mariña estiveron moi ben, anuláronlles un gol e amosaron boa actitude e bo fútbol.

Malia isto, foron os rivais quen inauguraron o marcador tras un saque de esquina protestado. O Viveiro trato de repoñerse, pero un balón ás costas da defensa rematou no 0-2. Despois do paso polos vestiarios os lucenses foron polo partido, pero o Boiro soubo contragolpear e remataron 0-4.

Pola contra, o Milagrosa e o Ribadeo seguen na zona de perigo e ambos foron derrotados esta xornada coma visitantes. Os da Mariña caeron contra o Rácing Ferrol B despois de aguantar ben a primeira metade. Foron ao descanso 0-1, pero na segunda os ferroláns aproveitáronse da súa superioridade física para meter tres tantos máis. No caso do Milagrosa, caeu cun resultado máis corto ante o Galicia de Caranza. Na primeira metade, dous tantos dos locais deixaron sentenciado o  marcador.

Consulta a clasificación aquí 

 VILALBES 2 - 2 LALÍN

Rácing Club Vilalbés: Yago, Yago V, Xairo, Carlos, Hugo X, Brais, Luís A, Noel, Alfredo, Miguel e Hugo. Tamén xogaron Carlos L, David e Alberto.
EF Lalín: Adrián, Jacobo, Alberto, Lois, Alberto F, Nuno, Manuel, Luís A, Enrique, Iván e Anxo. Tamén xogaron Daniel, Diego, Adrián S, Manuel C e Cristian.
Goles: 0-1 (24'): Nuno. 1-1 (40'): Miguel, de penalti. 1-2 (56'): Alberto. 2-2 (93'): Carlos.
Árbitro: Iván Prado López.

VIVEIRO 0 - 4 BOIRO

Viveiro CF: Javier, Bruno, Marco, Carlos, Hugo, Martí, Hugo R, Adrián, Adrián D, Rafael e David. Tamén xogaron Daniel e Axel.
CD Boiro: Yoel, Javier, Pablo, Daniel, Carlos, Manuel, Víctor, Eloy, Óscar, Jorge e Iván. Tamén xogaron Manuel L, Juan F, Daniel G, Miguel e Gael.
Goles: 0-1 (25'): Víctor. 0-2 (31'): Jorge. 0-3 (75'): Víctor. 0-4 (88'): Juan F.
Árbitro: Gabriel Polo Fraga.

RESIDENCIA 2 - 0 CONXO SANTIAGO B

SD Residencia: David, Erik, Gabriel, Ignacio, Xavi, Alejandro, Diego, Alejandro G, Alonso S, Óscar e Borja. Tamén xogaron Javier, Lucas, Daniel e Anxo.
CD Conxo Santiago B: Juan M, Gonzalo, Diego, Brais, Nicolás, Óscar, Hugo, Manuel, Pablo, Aitor e Jorge. Tamén xogaron Abhimanyu S, Roque, Adrián e Jorge R.
Goles: 1-0 (8'): Borja. 2-0 (26'): Gabriel.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.

RÁCING FERROL B 4 - 0 RIBADEO

Rácing Club Ferrol SAD B: Carlos, Martín, Felipe, Pablo, Carlos M, Axel, Lucas, Hugo, Marcos, Axel Q e Diego N. Tamén xogaron Íker, Gael, Yaderson E e David.
SD Ribadeo: Aarón, Adán, Hugo, Arturo, Lucas, Anxo, Roi, Antón, Sergio, Alexandro A e Aarón B. Tamén xogaron Kevin, Álvaro B, Fabián e Álvaro.
Goles: 1-0 (29'): Lucas. 2-0 (71'): Gael. 3-0 (80'): Felipe. 4-0 (86'): Yaderson E.
Árbitro: Juan Jose Silven Montes.

GALICIA DE CARANZA 2 - 0 MILAGROSA

Galicia De Caranza: Noel, Mehdi, Iago, Mathias, Raúl, David, Joel, Bruno, Alexander, Sergio e Bruno V. Tamén xogaron Adrián, Sergio T, David P e Gabriel.
SCD Milagrosa: Borja, Francisco, David, Christian, Brais, Miguel, Juan, Rafael, Gabriel F, Gonzalo e Bruno. Tamén xogaron Leo, Teo, Hugo, Brais N e Alejandro.
Goles: 1-0 (28'): Iago. 2-0 (34'): David.
Árbitro: Iago Bertalo Sequeiro.

 

 
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 28

O Val 2-2 Estrada
San Tirso 0-3 Victoria
Vilalbés 2-2 Lalín
Viveiro 0-4 Boiro
Imperátor 0-0 Bertamiráns
Residencia 2-0 Conxo B
Rácing Ferrol B 4-0 Ribadeo
Bergantiños B 0-0 Olímpico
Galicia de Caranza 2-0 Milagrosa
Dumbría 1-4 Ribeira

Próxima xornada

Ribeira - O Val
Estrada - San Tirso
Victoria - Vilalbés
Lalín - Viveiro
Boiro - Imperátor
Bertamiráns - Residencia
Conxo B - Rácing Ferrol B
Ribadeo - Bergantiños B
Olímpico - Galicia de Caranza
Milagrosa - Dumbría