O Residencia levouse o choque lucense contra o Ribadeo na Mariña

Un derbi con pouco ritmo no que ambos os dous equipos quedaron cun xogador menos. O Viveiro foi derrotado nun duelo importante contra o Bertamiráns, mentres que o Vilalbés tamén quedou sen puntuar malia dar unha boa imaxe en Boiro

O derbi lucense desta xornada enfrontou a dous representantes da zona baixa, o Ribadeo e o Residencia. O partido comezou mellor para os da capital, xa que se adiantaron nun penalti. Os locais non apostaron por un ritmo moi alto e o Residencia contaxiouse, deixando crecer ao rival a través do xogo directo. O Ribadeo puido empatar nunha acción que rematou nun gol anulado. Preto do final da primeira parte os visitantes quedaron cun xogador menos, pero aínda así conseguiron facer o 2-0 a balón parado. A volta do intermedio o Residencia armouse defensivamente, pero un despiste consultoulles o 1-2 e despois fallaron un penalti. Ao final o Ribadeo perdeu tamén un xogador e o partido morreu ata o pito final.

Duro golpe para o Viveiro, que foi superado por goleada por un rival directo na clasificación, o Bertamiráns. Os celestes disputaron un partido moi importante sen actitude, o que lles levou a irse ao descanso con catro goles en contra. Non houbo momentos de luz e nunca encontraron o seu xogo, co que remataron perdendo por 6-0. 

Ao Vilalbés derrotoulle o Boiro no Valiño, campo no que só conseguiu puntuar o líder. Os locais dominaron a primeira metade, tiveron ocasións mais que suficientes para adiantarse, pero a súa falta de acerto e a boa actuación do porteiro chairego fixeron que se foran co 0-0 ao descanso. No segundo tempo o Boiro abriu o marcador e baixaron a intensidade, o que permitiu ao Rácing ter unha clara de Toni. Dúas expulsións deixaron o partido dez para dez e o Vilalbés intentouno ata que no 89' lles meteron o 2-0 definitivo.

Pola parte do Milagrosa, tocáballe recibir ao Bergantiños B en Lugo, pero tiveron que suspender o partido por enfermidade dos xogadores albivermellos.

Consulta a clasificación aquí 

BOIRO 2 - 0 VILALBÉS

CD Boiro: Manuel, Javier, Daniel, Carlos, Eloy, Manuel Q, Víctor, Óscar, Adrián, Iván e Jorge. Tamén xogaron Miguel, Juan F, Gael e Iván C.
Rácing Club Vilalbés: Yago, Xairo, Sergio, Carlos, Hugo X, Yago V, David, Brais, Luis A, Miguel e Hugo. Tamén xogaron Antonio, Alberto e Alex.
Goles: 1-0 (71'): Óscar. 2-0 (88'): Víctor.
Árbitro: Beatriz María Torres Corral.

 RIBADEO 1 - 2 RESIDENCIA

SD Ribadeo: Aarón, Adán, Hugo, Ignacio, Lucas, Anxo, Roi, Óscar, Antón, Sergio e Ayoub. Tamén xogaron Ignacio G, Kai, Jorge, Arturo e Álvaro.
SD Residencia: Diego, Jorge, Alonso S, Diego V, Xavi, Erik, Gabriel, Ignacio, Borja, Daniel e Manuel. Tamén xogaron Andrés, Javier, Lucas e Hugo.
Goles: 0-1 (5'): Jorge, de penalti. 0-2 (44'): Borja. 1-2 (56'): Lucas.
Árbitro: Jose Luis Fraga Torres.

BERTAMIRÁNS 6 - 0 VIVEIRO

Bertamiráns FC: Manuel A, Mauro, Enrique, Adrián, Brais, José M, Manuel, Iván, Iván M, Rodrigo e Álvaro. Tamén xogaron Samuel, Manuel R, Roi, Nicolás e Ángel.
Viveiro CF: Javier, Bruno, Marco, Hugo, Adrián, Adrián D, Javier B, Lucas, Rafael, David e Daniel. Tamén xogaron Carlos, Lucas F e Hugo R.
Goles: 1-0 (1'): Rodrigo. 2-0 (8'): Rodrigo. 3-0 (19'): Adrián. 4-0 (38'): Mauro. 5-0 (64'): Iván M. 6-0 (89'): Nicolás.
Árbitro: Oscar Martínez Santos.

 

 
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 27

Ribeira 2-1 Estrada
Victoria 5-2 O Val
Lalín 2-4 San Tirso
Boiro 2-0 Vilalbés
Bertamiráns 6-0 Viveiro
Conxo B 3-2 Imperátor
Ribadeo 1-2 Residencia
Olímpico 0-2 Rácing Ferrol B
Milagrosa S Bergantiños B
Dumbría 1-10 Galicia de Caranza

Próxima xornada

O Val - Estrada
San Tirso - Victoria
Vilalbés - Lalín
Viveiro - Boiro
Imperátor - Bertamiráns
Residencia - Conxo B
Rácing Ferrol B - Ribadeo
Bergantiños B - Olímpico
Galicia de Caranza - Milagrosa
Dumbría - Ribeira