Ao Viveiro complicóuselle o partido contra o Conxo B, xa que ao longo da semana fóronselle acumulando as baixas de xogadores importantes. Presentáronse ao duelo con cadetes para reforzar o equipo, pero estiveron condicionados ao ter que poñer a xogadores en posicións nas que non estaban acostumados a xogar. No duelo, non encontraron en ningún momento a posesión do balón e apenas xeraron perigo ante un rival que se plantou atrás e que saía aos contragolpes debido aos seus erros. Ningún dos dous equipos foi quen de crear finalizacións e o partido morreu co 0-0. Os celestes seguen no quinto posto e a un punto do Bertamiráns, pois estes empataron precisamente esta xornada contra o Vilalbés.
Os chairegos comezaron dominando o duelo celebrado no Roca, tendo varias chegadas que logran sacar baixo paus os visitantes. Pouco a pouco a dinámica mudou e os de Santiago fixéronse co partido, pero foronse ao descanso 0-0. Na segunda metade o choque está igualado, o Bertamiráns adiantase no minuto 57 e o Vilalbés lanzouse na búsqueda do empate. O premio á insistencia chegou pasado os 90 minutos nun penalti que transfromou Migui.
Boas noticias para a Milagrosa, pois cortou coa seca de vitorias ganándolle a domicilio ao Rácing Ferrol B. Os lucenses, que non se levaban os tres puntos dende a xornada número 15, conseguiron un marcador de 0-2 na Gándara. Teo adiantou aos albivermellos nos primeiros minutos de encontro e o 0-1 mantívose ata o descanso. No segundo tempo os locais intentaron ir polo empate, pero co segundo gol do Milagrosa, que anotou Juan, quedou sentenciado o resultado.
O Residencia despregou o seu mellor fútbol no duelo contra o Olímpico, pero non se levaron o premio. Os lucenses estiveron sobresaíntes na primeira metade, amosaron un grande nivel, sobre todo defensivamente. Tiveron unha morea de ocasións e hasta lle sacaron unha baixo paus, pero nunha contra dos visitantes fan unha volea coa que se poñen 0-1. No segundo tempo o Residencia seguiu dominando o balón, tiveron o empate nunha acción a balón parado, pero comezaron a ser máis imprecisos. Noutra xogada desafortunada o Olímpico consegue facer o segundo e a partir de aí o equipo local non soubo manter o nivel.
Tampouco se fixo cos tres puntos o Ribadeo, que caeu por 3-1 contra o Imperátor, sexto clasificado. Nun partido complicado un erro a mediados da primeira parte custoulles aos da Mariña o primeiro gol en contra. Na segunda modificaron o esquema, pero as forzas minguaron e sufriron o 2-0. A pesar do resultado o Ribadeo comezou a xerar algo de perigo e conseguiron poñerse 2-1. Foron polo empate, pero nunha contra o Imperátor sentenciuo o partido co 3-1.
VIVEIRO 0 - 0 CONXO SANTIAGO B
CD Conxo Santiago B: Santiago, Gonzalo, Brais, Oscar, Joel R, Nicolás, Diego, Manuel, Abhimanyu S, Aitor e Pablo. Tamén xogaron Jorge F, Jorge e Adrián.
Goles: Sen goles.
Árbitro: Gabriel Polo Fraga.
RESIDENCIA 0 - 2 OLÍMPICO
Olímpico CF: Pablo, Sergio, Gonzalo G, Santiago, Johansy R, Yago, Anxo, Hugo, Mauro, Javier e Ramón. Tamén xogaron Alejandro M, Víctor, Samuel e Pelayo.
Goles: 0-1 (23'): Hugo. 0-2 (68'): Anxo.
Árbitro: Iván Prado López.
RÁCING FERROL B 0 - 2 MILAGROSA
SCD Milagrosa: Borja, Francisco, Christian, Miguel, Juan, Rafael, Gabriel F, Gonzalo, Teo, Brais e Bruno. Tamén xogaron Leo, David, Brais P, Diego e Hugo.
Goles: 0-1 (9'): Teo. 0-2 (70'): Juan.
Árbitro: Juan Carlos Blanco García.
IMPERÁTOR 3 - 1 RIBADEO
SD Ribadeo: Aaron, Adan, Hugo, Ignacio, Lucas, Anxo, Antón, Ignacio G, Sergio, Ayoub e Aaron B. Tamén xogaron Oscar, Roi, Kevin e Kai.
Goles: 1-0 (41'): Xoel. 2-0 (63'): David. 2-1 (81'): Antón. 3-1 (90'): Mohamed S.
Árbitro: Sergio Espasandin Cores.
RÁCING VILALBÉS 1 - 1 BERTAMIRÁNS
Bertamiráns FC: Ángel, Mauro, Enrique, Iván, Brais, José M, Manuel, Samuel, Iván M, Rodrigo e Álvaro. Tamén xogaron Manuel A, Manuel R, Roi e Nicolás.
Goles: 0-1 (56'): Iván M. 1-1 (90'): Miguel, de penalti.
Árbitro: Álvaro Valín González.
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE |
---|
Estrada | 0-2 | Victoria |
O Val | 0-2 | Lalín |
San Tirso | 1-4 | Boiro |
Vilalbés | 1-1 | Bertamiráns |
Viveiro | 0-0 | Conxo B |
Imperátor | 3-1 | Ribadeo |
Residencia | 0-2 | Olímpico |
Rácing Ferrol B | 0-2 | Milagrosa |
Bergantiños B | 4-2 | Dumbría |
Galicia de Caranza | 3-2 | Ribeira |
Ribeira | - | Estrada |
Victoria | - | O Val |
Lalín | - | San Tirso |
Boiro | - | Vilalbés |
Bertamiráns | - | Viveiro |
Conxo B | - | Imperátor |
Ribadeo | - | Residencia |
Olímpico | - | Rácing Ferrol B |
Milagrosa | - | Bergantiños B |
Dumbría | - | Galicia de Caranza |