O Pepe Barrera e o Luís Gorgoso acolleron derbis provinciais con resultados dispares

O Viveiro impúxose ao Ribadeo coma visitante con seis goles e o outro duelo lucense caeu do lado do Residencia, que se impuxo pola mínima ao Milagrosa

A xornada número 25 chegou para poñer dous derbis lucenses sobre o verde. O Viveiro impúxose ao Ribadeo coma visitante nun partido que rematou en goleada. Os celestes dominaron claramente o encontro de principio a fin, apostando polo xogo combinatorio conseguiron irse ao descanso 0-4. Na primeira metade os locais tiveron dúas contras perigosas nos primeiros minutos que o Viveiro soubo solventar. Despois da visita os vestiarios a partitura foi a mesma, os visitantes meteron o quinto gol e o Ribadeo conseguiu non deixar o seu marcador a cero ao marcar o 1-5 nun contraataque. Ao final, o Viveiro baixou o ritmo a través de posesións largas e no 87 volveron a encontrar o oco na portería para selar o triunfo co 1-6.

O duelo entre o Milagrosa e o Residencia rematou cun resultado bastante máis curto. Comezou moi disputado, marcador polo xogo directo e as segundas xogadas. Os locais tiveron un gol anulado por man e un tiro cruzado que conseguiu sacar ben David. No segundo tempo, o Milagrosa aumentou aínda máis a intensidade, tiveron dúas ocasións clarísimas que conseguiu sacar o Residencia sobre liña de gol. Nos últimos 15 minutos, os visitantes creceron e empezaron e embotellar aos rivais no seu campo. No 93', Alejandro recibe un balón en banda no pico da área que consegue enchufar entre paus dándolle así os tres puntos ao Residencia. Unha vitoria moi importante para afastarse dos postos baixos, o Milagrosa está no número 17 e o Ribadeo no 19.

 O Vilalbés xogou o domingo coma visitante ante o Conxo B e conseguiu vencerlle por 1-2. Os chairegos comezaron xogando en campo rival os primeiros dez minutos, pero pouco a pouco tomou a iniciativa o equipo de Santiago, que mandou no partido e adiantouse cun gol olímpico. Aos cinco minutos tiveron un penalti que conseguiu parar o porteiro lucense, o que axudou aos chairegos a asentarse defensivamente. Antes do descanso un rexeite tras un tiro dende a frontal fixo que o Rácing se puxera 1-1. Na segunda metade os de Vilalba saíron moito mellor defensivamente e aproveitaron unha contra para facer o 1-2. Ámbolos dous equipos tiveron un par de ocasións máis, pero o resultado non se moveu e o Vilalbés levouse a vitoria ante un equipo que o puxo moi difícil.

Consulta a clasificación aquí 

RIBADEO 1 - 6 VIVEIRO

SD Ribadeo: Aarón, Adán, Brais, Ignacio, Lucas, Anxo, Roi, Óscar, Antón, Ayoub e Aarón B. Tamén xogaron Sergio, Ignacio G, Hugo, Arturo e Álvaro.
Viveiro CF: Álvaro, Bruno, Marco, Carlos, Hugo, Martí, Adrián, Rafael, Xoel, Adrián D e Javier. Tamén xogaron Daniel, Lucas, David e Mateo.
Goles: 0-1 (14'): Xoel. 0-2 (22'): Martí. 0-3 (27'): Adrián. 0-4 (35'): Hugo. 0-5 (47'): Martí. 1-5 (71'): Óscar. 1-6 (78'): Adrián D.
Árbitro: Álvaro Valín González.

MILAGROSA 0 - 1 RESIDENCIA

SCD Milagrosa: Samuel A, Francisco, David, Christian, Leo, Juan, Rafael, Gabriel F, Gonzalo, Brais e Bruno. Tamén xogaron Borja, Hugo, Ignacio, Teo e Diego.
SD Residencia: David, Manuel, Jorge, Erik, Gabriel, Andres, Javier, Ignacio, Diego, Alonso S e Oscar. Tamén xogaron Alejandro, Borja, Hugo e Daniel.
Goles: 0-1 (90'): Alejandro.
Árbitro: Jorge Mendez Lopez.

CONXO SANTIAGO B 1 - 2 VILALBÉS

CD Conxo Santiago B: Juan M, Gonzalo, Marcos, Oscar, Joel R, Nicolas, Diego, Hugo, Pedro, Aitor e Cristian. Tamén xogaron Abhimanyu S, Brais, Roque e Adrian.
Racing Club Villalbes: Yago, Yago V, Xairo, Carlos, Hugo X, Brais, David, Noel, Alfredo, Miguel e Hugo. Tamén xogaron Luis A, Carlos L, Antonio e Alberto.
Goles: 1-0 (22'): Marcos. 1-1 (41'): Brais. 1-2 (64'): Miguel.
Árbitro: Carlos Villaverde Mogo.

 

 
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 25

Cidade de Ribeira 0-3 Victoria
Lalín 0-1 Estrada
Boiro 4-0 O Val
Bertamiráns 4-1 San Tirso
Conxo B 1-2 Vilalbés
Ribadeo 1-6 Viveiro
Olímpico 1-0 Imperátor
Milagrosa 0-1 Residencia
Dumbría 1-4 Rácing Ferrol B
Galicia de Caranza 2-0 Bergantiños

Próxima xornada

Estrada - Victoria
O Val - Lalín
San Tirso - Boiro
Vilalbés - Bertamiráns
Viveiro - Conxo B
Imperátor - Ribadeo
Residencia - Olímpico
Rácing Ferrol B - Milagrosa
Bergantiños B - Dumbría
Galicia de Caranza - Ribeira