O Viveiro levouse o derbi contra o Milagrosa nos últimos instantes do partido

O duelo, moito máis competido que na xornada de ida, caeu do lado dos celestes grazas a un balón colgado na área antes do tempo engadido

A Galega xuvenil celebrou esta fin de semana a xornada número 23 da liga regular e enfrontáronse o Milagrosa e o Viveiro na capital lucense. O duelo, moito máis igualado que na Mariña, volveu caer do lado dos celestes, que se manteñen no cuarto posto da clasificación. O Viveiro empezou adiantándose tras unha boa contra de Dean, que pon un centro raso que remata Hugo Rodríguez.

Os albivermellos apertaron arriba e dispuxeron das mellores ocasións, obrigando a intervir ao porteiro visitante, que fixo un gran partido. Nunha acción rápida o Milagrosa ve un penalti a favor que transformaron para empatar o partido. Na segunda metade, o Viveiro encontra o seu xogo combinatorio e conseguen achegarse á área rival ata que nos últimos intres do partido conseguen o gol da vitoria nun balón colgado que controla Deán e bate ao porteiro cun tiro cruzado.

O outro dos triunfos desta fin de semana foi para o Ribadeo, que malia seguir entre os derradeiros postos, conseguiu a segunda vitoria consecutiva esta fin de semana. Os da Mariña venceron na casa ao San Tirso. Comezaron moi ben o duelo, apostaron polo fútbol combinatorio e conseguiron irse 2-0 ao descanso. No segundo tempo pecaron de individualidades e encaixaron o 2-1. Malia algunha imprecisión, souberon asegurar unha desexada vitoria.

En canto ao Vilalbés, empatou a domicilio contra o Olímpico. No primeiro tempo os chairegos estiveron moi serios, sen conceder nada defensivamente e con dúas ocasións moi claras de Yago e Hugo. Despois do descanso os locais melloraron, marcaron o primeiro gol á saída dun córner e estiveron máis cómodos no verde. Pouco a pouco o Rácing repúxose e empataron nun saque de esquina no 70'. Ao final do partido o Olímpico tivo unha moi clara que parou o porteiro lucense.

O Residencia leva sete xornadas sen conseguir os tres puntos. Malia isto, non baixan a cabeza e esta semana competiron moi ben contra o Galicia de Caranza, terceiro no podio. Os de Ferrol adiantáronse na primeira parte nas únicas dúas chegadas a portería que tiveron, mentres que o Residencia tamén chegou a área rival en dúas ocasións e ata tivo un gol fantasma que non deron por válido. No segundo tempo o equipo lucense non estivo tan fino, pero apertaron e conseguiron poñerse 2-1 e ter un par de ocasións para empatar.

Consulta a clasificación aquí 

 MILAGROSA 1 - 2 VIVEIRO

SCD Milagrosa: Borja, Francisco, David, Leo, Brais, Miguel, Mario, Juan, Rafael, Gonzalo e Bruno. Tamén xogaron Gabriel F e Brais N.
Viveiro CF: Javier, Bruno, Marco, Carlos, Marti, Hugo, Adrián, Xoel, Adrián D, Javier B e Rafael. Tamén xogaron Hugo V, David, Daniel e Matías.
Goles: 0-1 (24'): Hugo. 1-1 (29'): Rafael, de penalti. 1-2 (86'): Adrián.
Árbitro: Adrián Fernández Teijido.

 RIBADEO 2 - 1 SAN TIRSO 

SD Ribadeo: Aarón, Adán, Brais, Ignacio, Lucas, Anxo, Roi, Óscar, Antón, Ayoub e Aarón B. Tamén xogaron Kai, Ignacio G e Hugo.
San Tirso SD: Daniel P, Álvaro, Unai, Manuel, Miguel, Daniel, Lucas, Anxo, Raúl, Daniel L e Bruno. Tamén xogaron Alejandro, Pedro, Marco, Martín e Mateo.
Goles: 1-0 (1'): Antón. 2-0 (13'): Aarón B. 2-1 (63'): Daniel L.
Árbitro: Raúl López Martínez.

OLÍMPICO 1 - 1 RÁCING VILALBÉS

Olímpico CF: Alejandro, Gonzalo G, Pelayo, Alejandro M, Johansy R, Yago, Hugo, Santiago, Luca, Anxo e Juan. Tamén xogaron Ramón, Mauro, Víctor e Sergio.
Rácing Club Vilalbés: Yago, Xairo, Sergio, Carlos, Hugo X, Yago V, Alberto, Brais, Alfredo, David e Hugo. Tamén xogaron Miguel, Antonio e Miguel R.
Goles: 1-0 (47'): Pelayo. 1-1 (66'): Alfredo.
Árbitro: Alejandro García Mosquera.

GALICIA DE CARANZA 2 - 1 RESIDENCIA

Galicia De Caranza: Noel, Israel, Iago, Mathias, David, Víctor, Sergio, Bruno, Alexander, Sergio P e Bruno V. Tamén xogaron Adrián, Sergio B, Gabriel, Joel e Mehdi.
SD Residencia: David, Manuel, Óscar, Diego, Jorge, Erik, Daniel, Andrés, Javier, Rodrigo e Alejandro. Tamén xogaron Alonso S, Ignacio e Hugo.
Goles: 1-0 (22'): Alexander. 2-0 (44'): Bruno V. 2-1 (81'): Javier.
Árbitro: Juan Jose Silven Montes.

 

 
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 23

Ribeira 2-2 Lalín
Boiro 1-1 Victoria
Bertamiráns 1-0 Estrada
Conxo B 2-3 O Val
Ribadeo 2-1 San Tirso
Olímpico 1-1 Vilalbés
Milagrosa 1-2 Viveiro
Dumbría 1-5 Imperátor
Galicia de Caranza 2-1 Residencia
Bergantiños B 0-3 Rácing Ferrol

Próxima xornada

Victoria - Lalín
Estrada - Boiro
O Val - Bertamiráns
San Tirso - Conxo B
Vilalbés - Ribadeo
Viveiro - Olímpico
Imperátor - Milagrosa
Residencia - Dumbría
Rácing Ferrol B - Galicia de Caranza
Bergantiños B - Ribeira