O Vilalbés triunfou despois de catro xornadas, mentres que o Viveiro empatou a domicilio

O Rácing gañou ao Dumbría a domicilio, nun partido que parecía estar controlado e no que case se lle escapan os tres puntos. Os da Mariña remataron sen goles contra o Caranza 

Na Galega xuvenil o Viveiro segue sendo o lucense mellor clasificado e despois de dúas vitorias volveu rematar en empate. Foi contra o Galicia de Caranza, terceiro na táboa, nun choque moi disputado e cunha parte de dominio para cada un. Na primeira, empezaron mellor os de Ferrol con varias contras nas que puideron adiantarse, pero nas que se encontraron con Álvaro. Despois do paso polos vestiarios, chegou a mellor versión do Viveiro, que tiveron dous man a man e un disparo de Ferro que non entraron e o duelo rematou sen goles.

O Vilalbés reencontrouse coa vitoria contra o Dumbría despois de catro xornadas. Os chairegos saíron enchufados ao verde e adiantáronse no 12' a través de Iago Vázquez. Despois dunha ocasión clara e un gol anulado fixeron o segundo nunha vaselina de Gegunde. Na segunda parte, co vento en contra, o Dumbría fixo dano con balóns ás costas e así logrou poñerse 1-2. Os de Vilalba foron polo terceiro, pero os locais tamén empuxaron e conseguiron o empate no 89'. Cando todo parecía visto para sentencia, un remate de Alfredo fixo que o Vilalbés se levara o merecido triunfo co 2-3 definitivo.

Quen si viu como se lle esfumaron os tres puntos foi o Milagrosa que se enfrontou ao San Tirso nun duelo que se resolveu nos últimos 20 minutos. Despois dunha primeira metade na que non atinaron nas finalizacións, os de Lugo adiantáronse cun tanto de Juan. Os visitantes puxeron o empate no marcador, pero o 22 volveu poñer ao Milagrosa por diante. Nos derradeiros intres do partido o San Tirso volveuse arriba e acabou dándolle a volta ao marcador (2-3).

O Residencia e o Ribadeo seguen enrolados nas derrotas. Os albiazuis enfrontáronse contra o Rácing de Ferrol B nun choque que de primeiras, non tiña moito ritmo, pero nunha acción de córner adiantaronse os locais e o partido vaise ao descanso co 1-0. Tralo intermedio, o Ferrol marcou o segundo a balón parado e o Residencia quedou cun xogador menos, co que se lle complicou revertir o resultado. No caso do Ribadeo, non conseguiu impoñerse ao Estrada, que lles gañou por 0-3. 

Consulta a clasificación aquí 

GALICIA DE CARANZA 0 - 0 VIVEIRO

Galicia De Caranza: David, Mehdi, Iago, Mathias, David L, Víctor, Alexander, Bruno, Sergio, Sergio P e Bruno V. Tamén xogaron Adrián, Joel, Israel, David P e Marcos.
Viveiro CF: Álvaro, Bruno, Marco, Carlos, Alejandro, Martí, Hugo, Adrián, Xoel, Adrián D e Rafael. Tamén xogaron Lucas, Javier B, Hugo V e Daniel.
Goles: Sen goles.
Árbitro: Daniel Barrera Lourido.

 MILAGROSA 2 - 3 SAN TIRSO

SCD Milagrosa: Borja, Francisco, David, Christian, Miguel, Brais, Mario, Juan, Rafael, Gonzalo e Bruno. Tamén xogaron Leo, Gabriel F e Diego.
San Tirso SD: Unai, Álvaro, Unai M, Manuel, Martín, Daniel, Pedro, Anxo, Daniel L, Bruno e Marco. Tamén xogaron Raúl, Mateo, Alejandro e Lucas.
Goles: 1-0 (72'): Juan. 1-1 (77'): Martín. 2-1 (87'): Juan. 2-2 (89'): Raúl. 2-3 (90'): Alejandro.
Árbitro: Álvaro Valín González.

DUMBRÍA 2 - 3 RÁCING VILALBÉS

CF Dumbría: Íker, Iván, Gabriel, Íker A, Fabio, Adrián, Hugo, Álvaro, Kevin, Pablo e Brais. Tamén xogaron Iván F, Yeray, Álvaro E, Samuel e Martín.
Rácing Club Vilalbés: Yago, Xairo, Sergio, Carlos, Miguel, Yago V, David, Brais, Antonio, Alfredo e Hugo. Tamén xogou Reda.
Goles: 0-1 (13'): Yago V. 0-2 (24'): David. 1-2 (60'): Adrián. 2-2 (89'): Fabio. 2-3 (90'): Alfredo.
Árbitro: Alberto Pombo Parga.

RÁCING FERROL 4 - 0 RESIDENCIA

Rácing Club Ferrol SAD: Marcos, Martín, Felipe, Pablo, Axel, David, Lucas, Marcos P, Diego N, Bruno e Yaderson E. Tamén xogaron Nicolás, Hugo, Carlos M e Iván.
SD Residencia: David, Manuel, Jorge, Ignacio, Erik, Gabriel, Andrés, Javier, Hugo, Diego e Alonso S. Tamén xogaron Alejandro, Anxo, Rodrigo, Lucas e Diego M.
Goles: 1-0 (39'): Diego N. 2-0 (47'): Diego N. 3-0 (73'): Nicolás. 4-0 (90'): Diego N, de penalti.
Árbitro: Alejandro Miño Pico.

RIBADEO 0 - 3 ESTRADA 

SD Ribadeo: Aarón, Adán, Hugo, Lucas, Anxo, Roi, Óscar, Antón, Martín, Ayoub e Brais. Tamén xogaron Ignacio, Aarón B, Kai, Sergio e Jorge.
Escola Estrada Futbol Base: Ángel, Marco, Daniel, Andrés, Íker, Iago J, Francisco, Hugo, Sergio, Sergio G e Francisco J. Tamén xogaron Daniel M, Marcos, Cesar e Jesús.
Goles: 0-1 (14'): Íker. 0-2 (61'): Sergio. 0-3 (82'): Íker.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

 

 
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 21

Ribeira 1-2 Boiro
Bertamiráns 2-0 Lalín
Conxo B 2-3 Victoria
Ribadeo 0-3 Estrada
Olímpico 2-1 O Val
Milagrosa 2-3 San Tirso
Dumbría 2-3 Vilalbés
Galicia de Caranza 0-0 Viveiro
Bergantiños B 1-2 Imperátor
Rácing Ferrol B 4-0 Residencia

Próxima xornada

Lalín - Boiro
Victoria - Bertamiráns
Estrada - Conxo B
O Val - Ribadeo
San Tirso - Olímpico
Vilalbés - Milagrosa
Viveiro - Dumbría
Imperátor - Galicia de Caranza
Residencia - Bergantiños B
Rácing Ferrol B - Ribeira