A segunda volta comezou cunha nova vitoria do Viveiro e empate para o Milagrosa

Foron os únicos puntos que conseguiron os lucenses, xa que tanto o Vilalbés coma o Residencia e o Ribadeo foron derrotados

A xornada 20 deu comezou á segunda volta da Galega xuvenil. O Viveiro, que viña dunha xeira bastante intermitente, encadea tres xornadas puntuando coa vitoria desta xornada contra o Bergantiños B. O equipo da Mariña empezou cunha grande intensidade e levándose tódalas disputas. Adiantáronse nun penalti que meteu o capitán e tras un roubo en medio campo fixeron o 2-0. Dende aí, intentaron calmar o partido, pero unha boa xogada combinatoria dos visitantes fixo que se achegaran co 2-1. Tralo descanso o Viveiro recuperou intensidade, pero o partido parou por momentos cos cambios e estes perderon por lesión a Hugo Rodríguez. No 75', penalti a favor do Viveiro e expulsión para o Bergantiños, que deixou o duelo co 3-1 definitivo. 

O Milagrosa esta xornada rematou outra vez repartindo os puntos. Os albivermellos enfrontáronse a domicilio contra o Val e malia comezar perdendo na primeira metade, conseguiron empatar na saída da segunda. Os lucenses conseguiron poñerse por diante co 2-3 de Rafael, pero nos derradeiros intres do partido o conxunto local puxo o 3-3 final. No caso do Vilalbés, leva catro xornadas sen ver a vitoria. Os chairegos comezaron adiantándose ao Galicia de Caranza, pero pouco lles durou a vantaxe xa que nunha xogada desafortunada os visitantes empataron. No segundo tempo, os de Ferrol puxeron o 1-2 e o Rácing quedou cun menos. O equipo lucense seguiu dando a cara e tendo ocasións, pero co 1-3 pechouse o marcador.

Pola parte do Residencia, sufriu unha derrota complicada nun partido importante contra o Cidade de Ribeira no que houbo decisións arbitrais polémicas. Os lucenses empezaron o partido sendo protagonistas e poñéndose por diante cun tanto de Gabri. Malia isto, un par de erros individuais provocaron as dúas mellores ocasións dos visitantes, que as aproveitaron e remataron levándose o partido. O Ribadeo esta a ver como se lle escapa o obxectivo, xa que segue sen lograr competir ao nivel da Galega. Os mariñaos caeron contra o Victoria, o líder da clasificación, por 5-0.

Consulta a clasificación aquí 

RÁCING VILALBÉS 1 - 3 GALICIA DE CARANZA

Rácing Club Vilalbés: Yago, Xairo, Sergio, Yago V, Hugo X, Brais, Hugo, Noel, Antonio, Miguel e Alfredo. Tamén xogaron David, Alberto, Carlos, Luis A e Sergio O.
Galicia De Caranza: Adrián, Mehdi, Iago, Mathias, David, Victor, Joel, Bruno, Alexander, Sergio e Hugo. Tamén xogaron Bruno V, David P, Bruno G e Marcos.
Goles: 1-0 (27'): Alfredo. 1-1 (30'): Víctor. 1-2 (47'): Alexander. 1-3 (83'): Bruno V.
Árbitro: Álvaro Valín González.

VIVEIRO 3 - 1 BERGANTIÑOS

Viveiro CF: Álvaro, Bruno, Marco, Carlos, Alejandro, Martí, Hugo, Adrián, Xoel, Adrián D e Rafael. Tamén xogaron Hugo V, Javier B, Lucas e David.
Bergantiños CF: Sergio, Blas, Diego, Adrián, Samuel, Mario, David, Andrés, Nicolás, Íker e Alex. Tamén xogaron Alejandro, Diego B, Christian e Jose.
Goles: 1-0 (14'): Hugo, de penalti. 2-0 (29'): Adrián D. 2-1 (39'): Mario. 3-1 (74'): Hugo V, de penalti.
Árbitro: Gabriel Polo Fraga.

O VAL 3 - 3 MILAGROSA

SD O Val: Leo, Zenobie, Manuel, Dario, Oscar, Lucas, Rafael, Anton, Diego, Fabian e Manuel A. Tamén xogaron Mikel, Freddy, Anton R, Marcos e Lucas F.
SCD Milagrosa: Borja, Bruno, Gonzalo, Brais, Francisco, Christian, Rafael, Miguel, David, Juan e Diego. Tamén xogaron Mario, Leo e Brais N.
Goles: 1-0 (2'): Diego. 2-0 (25'): Anton. 2-1 (34'): Christian. 2-2 (48'): David. 2-3 (75'): Rafael. 3-3 (90'): Freddy.
Árbitro: Iago De Oliveira Herrera.

RESIDENCIA 1 - 2 CIDADE DE RIBEIRA

SD Residencia: David, Jorge, Erik, Gabriel, Andrés, Javier, Manuel, Alejandro, Alonso S, Óscar e Rodrigo. Tamén xogaron Ignacio, Lucas, Hugo e Daniel.
Cidade De Ribeira CF: Daniel, Miguel, Mouhamed, Álvaro, Daniel O, José, Carlos, Iago, Juan A, Alejandro M e Daniel S. Tamén xogaron Adrián, Lucas, Edwin J, Gonzalo e Fernando.
Goles: 1-0 (10'): Gabriel. 1-1 (34'): Miguel. 1-2 (57'): Iago.
Árbitro: Jorge Méndez López.

VICTORIA 5 - 0 RIBADEO

Victoria CF: Álvaro, Julian, Samuel, David, Manuel, Teo, Brais, Javier, Samuel R, Iván e Alberto. Tamén xogaron Roman, Daniel, Pedro, Adrián e Jorge.
SD Ribadeo: Aaron, Adan, Hugo, Ignacio, Lucas, Anxo, Roi, Oscar, Antón, Sergio e Ayoub. Tamén xogaron Brais, Alexandro A, Kevin, Álvaro e Álvaro B.
Goles: 1-0 (2'): Ivan. 2-0 (18'): Samuel R. 3-0 (46'): Brais. 4-0 (56'): Samuel R. 5-0 (86'): Jorge.
Árbitro: Pedro Oreiro Hermida.

 

 
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 20

Boiro 2-1 Bertamiráns
Lalín 3-2 Conxo B
Victoria 5-0 Ribadeo
Estrada 1-1 Olímpico
O Val 3-3 Milagrosa
San Tirso 2-0 Dumbría
Vilalbés 1-3 Galicia de Caranza
Viveiro 3-1 Bergantiños B
Imperátor 4-2 Rácing Ferrol B
Residencia 1-2 Ribeira

Próxima xornada

Ribeira - Boiro
Bertamiráns - Lalín
Conxo B - Victoria
Ribadeo - Estrada
Olímpico - O Val
Milagrosa - San Tirso
Dumbría - Vilalbés
Galicia de Caranza - Viveiro
Bergantiños B - Imperátor
Rácing Ferrol B - Residencia